A ALCALDESA DE PORRIÑO NEGA A SUPOSTA DESATENCION QUE DENUNCIAN AFECTADOS POLAS CANTEIRAS DE ATIOS E LEMBRA A MEDIACION EFECTUADA ENTRE AS PARTES

O Concello de Porriño ten intermediado entre os afectados das canteiras de Atios e a firma Pocasa mediante sendas reunions que recentemente mantivo a alcaldesa Eva García con ambalasdúas partes na casa cosnsitorial. De tal xeito que a alcaldesa nega “a suposta desatención que denuncian os veciños de Atios” que os afectados alegan coma un dos motivos para próximas movilizacions.
Eva García de la Torre lembrou que “na reunión habida hai uns días facilitei ós representantes dos afectados toda a información sobre os expedentes que obran neste Concello e recomendeilles que puxeran o asunto da reclamación da débeda de “Pocasa” en mans dun bufete e que o Concello de Porriño axudaríalles a sufrar eses gastos xurídicos”. “E paralelamente esta Alcaldía instou noutra reunión a “Pocasa” a que pague a débeda que tén cos afectados de Atios conforme a pericial que se fixo na etapa do anterior alcalde Nelson Santos”, engadiu Eva García.
Co respecto ó proxecto de restauración da canteira Vilafría, a alcaldesa sinalou que “O Concello de Porriño atópase ante un procedemento regrado que conta cos informes favorables técnicos, entre eles sinaladamente da Xunta de Galicia, e polo tanto esta administración municipal non pode prohibir esas obras”.
Por último, en relación ás protestas e movilizacions que anuncia a Asociación de Afectados, a alcaldesa limitouse a sinalar que “no eido do máximo respeto ó dereito de manifestación de cada quen, faríalle ver ós veciños que o Concello non é o responsable e que por tanto estarían a petar na porta errada”.

A COMITIVA DE ESTUDANTES FRANCESES DE INTERCAMBIO CON PORRIÑO VISITARON HOXE EMPRESAS SENLLEIRAS DO SECTOR DA PEDRA

Esta mañán a comitiva de 16 estudantes franceses máilos profesores acompañantes visitaron as instalacions das empresas “Blokdegal” e “Granilouro” para coñecer de primeira mán a importancia do sector da pedra na economía e na industria porriñesa. Trátase doutra das actividades culturais, de ocio e deportivas organizadas polo Concello de Porriño en colaboración co IES Ribeira do Louro e os colexios Santo Tomás e Hermanos Quiroga para este grupo de estudantes de intercambio procedentes da vila francesa de Fronçac que están entre nós dende o pasado domingo.
O mércores no horario matinal terán una actividade na sála “Ingrávida” cunha presentación de curtas rodados en Francia e de tarde recibirán unha clase de escalada no rocódromo do Polideportivo a cargo do alpinista Jesús Martínez Novas.
O xoves realizarán un treito do Camiño Portugués, entre Tui e Porriño en compañía das familias porriñesas que lles están a dar aloxamento. E o venres 19, a alcaldesa Eva García ofreceralles unha recepción no Concello coma despedida antes de que emprendan o día seguinte a viaxe de volta ó seu país.

Concello de Porriño celebra que Patrimonio desbloquee a reconstrucción da capela de San Campio en Pontellas que se iniciará cunha subvención municipal de 50.000 euros

Eva García, alcaldesa de Porriño vén de recibir notificación da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia que comunica que levanta a cautela que establecera meses antes e que, polo tanto, por fin autoriza a reconstrucción da capela de San Campio, na parroquia de Pontellas.
Deuse a coincidencia de que o Concello de Porriño recibiu a notificación de Patrimonio xusto na mesma tarde que ocurría o gravísimo lume que afectou onte a catedral parisina de Notre Dame. Como no caso do templo francés, en Pontellas a capela de San Campio resultara gravemente afectada por un lume que se declarou na tarde do 16 de xullo do ano pasado, en plenas festas patronais. As lapas destruiron o teito e a estructura interior da capela e tamén bancos e algunhas das tallas religiosas.
Eva García agarda que as obras poidan acometerse o máis cedo posible para o que compre resolver o proxecto de reconstrucción que financiou o Concello de Porriño que ademáis aporta unha subvención de 50.000 euros que xa comprometera a alcaldesa cos vecinos e o párroco de Pontellas.
A ermita de San Campio, datada en 1838, “ten un valor moi importante para o patrimonio cultural e histórico de Porriño polo que a súa recuperación resulta primordial para este goberno municipal”, sinalou Eva García.

APRAZADA A FESTA INFANTIL DO MÉRCORES 17 DEBIDO Á MALA PREVISIÓN METEOROLÓXICA. ADIASE Ó SÁBADO.

O Concello de Porriño informa do aprazamento da Festa Infantil que dentro da programación do Abril Cultural ía celebrarse pasado mañán mércores 17. Á vista da mala previsión meteorológica para ese día, decidiuse adiar ó sábado 20 de abril.

A Festa Infantil celebraráse na Praza Arquitecto Antonio Palacios a partir das 17,30 horas co programa previsto de música, globoflexia, pintacaras e Os Minion.Tratase dun espectáculo patrocinado pola Deputación Provincial de Pontevedra.

Perto de 40 traballadores incorporanse á plantilla municipal grazas á subvención concedida a Porriño polo Plan Concellos 2019 da Deputación Provincial

Perto de 40 traballadores contratados por catro meses grazas á subvención outorgada a Porriño pola Deputación Provincial ó abeiro do Plan Concellos 2019, están a reforzar dende estas semanas á plantilla municipal.
Trátase de contratacions da chamada “Liña 3” do antedito Plan Concellos adicada a “Emprego para a conservación e funcionamiento dos bens e servizos municipais”.
A coantía da subvención que recibe o Concello de Porriño é por un importe de 254.058 euros.
Os postos solicitados e que se cubren son moi diversos. Dende unha auxiliar de enfermería para a Unidade de Atención a Drogodependentes; duas prazas de conserxes, varias de oficiais de electricidade, fontanería e outros servizos do departamento de obras municipais, pasando por dous técnicos de arquivo e ata 21 prazas para peons de limpeza, traballos forestais e obras.
A meirande parte dos contratados incorporaronse hoxe luns ó seus postos.

UNHA VIAXE TURISTICA A SANTIAGO ABRIU O PROGRAMA DE ACTIVIDADES PARA OS ALUMNOS FRANCESES DO INTERCAMBIO CON FRONÇAC

A comitiva de 16 estudantes franceses máilos dous profesores acompañantes partiron hoxe en autobús ata Santiago onde realizan unha ampla visita turística. Esta excursión á capital galega é a primeira das actividades culturais, de ocio e deportivas organizadas polo Concello de Porriño en colaboración co IES Ribeira do Louro e os colexios Hermanos Quiroga e Santo Tomé para este grupo de estudantes de intercambio procedentes da vila francesa de Fronçac.

A comitiva chegou onte a Porriño e recibiron un avasallo de benvida nas instalacions do Círculo Recreativo Cultural xunto coas familias porriñesas que aloxan nas súas casas ós estudantes galos, do mesmo xeito que fixeran familias francesas cos alumnos do IES Ribeira do Louro e os colexios Santo Tomás e Hermanos Quiroga que viaxaron o ano pasado ata Francia.

O programa de actividades continuará mañan martes cunha visita ás instslacions de  “Blokdegal” e outras empresas de transformación do sector da pedra en Porriño. Nos vindeiros días realizarán un treito do Camiño Portugués, entre Tui e Porriño ou recibirán unha clase de escalada no rocódromo do Polideportivo a cargo doalpinista Jesús Martínez Novas  O venres 19, a alcaldesa Eva García ofreceralles unha recepción no Concello coma despedida antes de que emprendan o día seguinte a viaxe de volta ó seu país.

CHEGAN HOXE A PORRIÑO OS ALUMNOS FRANCESES DO INTERCAMBIO DE ESTUDANTES CON FRONÇAC

Este serán, a partir das 20 horas, o Concello de Porriño ofrecerá un agasallo no Círculo Recreativo Cultural ós 16 estudantes franceses do intercambio coa vila gala de Fronçac que chegarán hoxe, por vía aérea ata Oporto e logo por estrada ata nosa cidade. Tamén asistirán o agasallo as familias porriñesas que aloxarán nas súas casas ós estudantes galos, do mesmo xeito que fixeran familias francesas cos alumnos do IES Ribeira do Louro e dos colexios Hermanos Quiroga e Santo Tomás que viaxaron o ano pasado ata Francia.
Durante a estancia dos estudantes franceses que se alongará hasta o sábado 20, desenrolaránse diversas actividades de cultura, ocio e deporte organizadas polo Concello de Porriño en colaboración co IES Ribeira do Louro e outras entidades. De tal xeito que mañán luns día 15 realizarán unha viaxe ata Santiago de Compostela; o martes coñecerán “Blokdegal” e outras empresas de transformación do sector da pedra en Porriño. O mércores asistirán na Sala “Ingrávida” a unha presentación de curtas e detardiña, recibirán no rocódromo do Polideportivo Municipal unha clase a cargo do alpinista porriñés Jesús Martínez Novas. O xoves realizarán un treito do Camiño Portugués, entre Tui e Porriño. E finalmente o venres 19, a alcaldesa Eva García ofreceralles unha recepción no Concello coma despedida antes de que emprendan o día seguinte a viaxe de volta ó seu país.

Concello de Porriño, ABanca e Afundación asinaron o convenio que traerá a exposición de fotografías de Ruth Matilda Anderson ó Centro Cultural Municipal

A Alcaldesa de Porriño, Eva García e Paloma Vela, coordinadora adxunta da Area de Cultura de “Afundación”, Obra Social de ABanca suscribiron hoxe o convenio mediante o cal as tres entidades levarán a cabo a exposición «Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia». Á sinatura asistiron tamén Lourdes Moure, concelleira de Educación de Porriño e mailo director de oficina de ABanca en Porriño, Jorge Luís García.
A exposición, de entrada libre e gratuíta, inaugurarase o vindeiro 9 de maio no Centro Cultural Municipal onde se poderá visitar ata o 2 de xuño, de luns a venres en horario de 8.30 a 20.30 h.


Na mostra de fotografías seleccionadas para exhibirse en Porriño ocuparán un lugar sobranceiro catro imaxes que Anderson tomou na nosa vila e unha delas servirá como fondo para o programa de mán da exposición.
Esta colaboración é parte do proxecto «Corrente Cultural», que considera a arte como un instrumento imprescindible para fomentar o coñecemento e o desenvolvemento colectivo. Grazas a este proxecto, Afundación, a Obra Social de ABANCA, impulsa a capilaridade da cultura en Galicia


No que atinxe á exposición «Unha mirada de antano: Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia» presenta un completo relato documental e antropolóxico da Galicia dosa nos vinte. Ruth Matilda Anderson recolleu en imaxes e en anotacións minuciosas o que atopou nas súas expedicións entre 1924 e 1926 pola Galicia interior e costeira. Acompañada polo seu pai, percorreu Galicia, aprendeu as linguas, castelá e galega, e os costumes, dirixiuse ás aldeas e falou coa xente. O seu trato tan próximo coas mulleres e homes de Galicia favoreceu que o seu traballo reflectise con tanto coidado e empatía a realidade galega dos anos vinte.

Firma de convenio co “Afundación” para exposición de fotografías de Ruth Matilda Anderson

O Concello de Porriño e Afundación, Obra Social de ABanca, firmarán mañán venres un convenio para traer a nosa vila a exposición fotográfica “Unha mirada de antano” de Ruth Matilda Anderson. As imaxes proceden do arquivo da institución “The Hispanic Society of America”, con sede en Nova Iorque, galardoada en 2017 co Premio Princesa de Asturias.

O acto de firma será ás 13 horas, no despacho da alcaldía coa presenza de Eva García de la Torre, alcaldesa de Porriño e directivos de Afundación e ABanca.

Ruth Matilda Anderson está considerada a pioneira das fotógrafas desa institución norteamericana. A exposición recolle as imaxes que recolleu entre 1924 e 1926 que evidencia as costumes do pobo galego e constitue un excepcional material antropolóxico.

Exhibirase dende o 9 de maio  ata o 2 de xuño. No Centro Cultural e Municipal.