O Concello de Porriño e Afundación, Obra Social de ABanca, firmarán mañán venres un convenio para traer a nosa vila a exposición fotográfica “Unha mirada de antano” de Ruth Matilda Anderson. As imaxes proceden do arquivo da institución “The Hispanic Society of America”, con sede en Nova Iorque, galardoada en 2017 co Premio Princesa de Asturias.

O acto de firma será ás 13 horas, no despacho da alcaldía coa presenza de Eva García de la Torre, alcaldesa de Porriño e directivos de Afundación e ABanca.

Ruth Matilda Anderson está considerada a pioneira das fotógrafas desa institución norteamericana. A exposición recolle as imaxes que recolleu entre 1924 e 1926 que evidencia as costumes do pobo galego e constitue un excepcional material antropolóxico.

Exhibirase dende o 9 de maio  ata o 2 de xuño. No Centro Cultural e Municipal.