Unha inversión de 144.000 euros, dos cales 129.000 euros serán asumidos pola consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia.
Unha inversión de 144.000 euros, dos cales 129.000 euros serán asumidos pola consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia.
A xa tradicional Noite do Calacú organizada pola Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián chega este ano á súa XVII edición, consolidando unha celebración que se remonta aos anos 50-60. Foi no ano 2004 cando os veciños e veciñas do barrio retomaron este evento que, a día de hoxe, é cita ineludible no Porriño cada novembro.
A festa, que conta coa colaboración do Concello do Porriño, celebrarase este sábado 5 de novembro no paseo de San Benito. Os actos comezarán ás 17 h co obradoiro de calacús para os nenos e nenas que se desenvolverá ata as 19 h.
A partir das 19:30 h chega un dos momentos máis sentidos, o do nomeamento da Dama e Cabaleiro do Calacú, recoñecemento que este ano recae sobre Teresa Palacín e Telmo Pereiro. De seguido, comezará o Desfile do Gran Calacú polo percorrido de costume.
O broche final como cada ano será un gran magosto con animación e charanga.
O Festival de Cans e o Concello do Porriño promoven este ano unha nova edición de Cinemaldea, unha iniciativa que achegará ás zonas rurais do municipio unha selección das curtametraxes premiadas na última edición.
É o segundo ano consecutivo que se pon en marcha esta idea que busca achegar o cine e as novas e novos creadores ás parroquias rurais que habitualmente non teñen acceso ao cinema. O pasado ano celebrouse por vez primeira e, malia estar aínda baixo as restricións da pandemia, máis de 200 persoas asistiron ás proxecións físicas nas diversas aldeas.
Dado o éxito da convocatoria do pasado ano, o Concello do Porriño convidou de novo a todas as asociacións que o desexasen, a formar parte da segunda edición de Cinemaldea. En total sete foron as asociacións culturais e veciñais do Concello do Porriño que se sumaron. As proxeccións arrancarán esta fin de semana e continuarán todas as fins de semana do mes de novembro.
Este sábado 5 de novembro, ás 20 h, terá lugar a primeira das proxeccións no Centro Cultural As Mimosas de Carracido e o domingo ás 18 h no Centro Cultural San Xurxo de Mosende. As seguintes datas serán en Chenlo, o domingo 13 de novembro, na Asociación Casal-Chan de Budiño o venres 18 de novembro e en Cans o domingo 20 de novembro. As dúas últimas que pecharán o mes e o ciclo, serán no Centro Cultural de Atios o sábado 26 de novembro e na Forna de Budiño o 27 de novembro. Todas as proxeccións serán de acceso gratuíto ata completar o aforo.
Curtas preseleccionadas nos Premios Goya
Este ano dase ademais a circunstancia que as dúas curtas que levaron dous dos premios principais na última edición do Festival de Cans, foron preseleccionadas a pasada semana entre as curtametraxes que optarán aos Premios Goia á mellor curta de ficción, previo paso a unha creba final na que quedarán catro. Tanto “Rompente” de Eloy Domínguez SErén, que levou o Premio do Xurado en Cans, como “La Entrega” de Pedro Díaz, que levou o Premio do Público, estarán na carreira polos Goya e poderán verse nesta nova edición de Cinemaldea. Ademais destas dúas curtametraxes, nestas sesións de cinema no rural tamén se poderán ver “Devoradora de nenos” de Fran X. Rodríguez, que levou o Premio Aisge á mellor interpretación masculina para o coñecido actor Santi Prego, e o documental “18 Cans, mayoría de idade” da realizadora Isaura Docampo, que plasma o espítitu da anterior edición do Festival de Cans, coas veciñas e veciños, a organización e actores, actrices e directores que pasaron polo certame-
O Porriño acolleu onte a xornada final da XXVI Liga Galega de Baloncesto Adaptado. Máis de 120 deportistas déronse cita no polideportivo municipal para pechar a clasificación da competición organizada pola Federación Galega de Deporte Adaptado.
En total disputáronse 12 partidos nos tres campos habilitados. Xogadores e xogadoras do San Rafael , Celta Integra, Aspanaex, Saiar, San Rafael, Aspavi, Celta Integra Saladino C.B, Aspanaex, Mendez Núñez, Saladino C.A. e Asdan saltaron á pista para resolver o campionato nas diferentes categorías.
O equipo do Asdan impúxose finalmente na categoría Competición, seguido do Celta Integra e o San Rafael en segundo e terceiro posto, respectivamente.
Na categoría Adaptada o Aspanaex liderou a clasificación e Saiar e Saladino CB completaron o podio.
A concellería de Vías e Obras, que dirixe Ramón Porto, vén de sacar a licitación o proxecto de saneamento para o núcleo de Picouzo, na parroquia de Budiño.
“O proxecto contempla a conexión da zona coa rede xeral de abastecemento e saneamento para o cal se instalarán catro grandes colectores de 542, 404, 370 e 1.010 metros máis colectores de sección de tramos que suman preto de 2 quilómetros máis de tuberías”, explicou o concelleiro Ramón Porto.
“Esta é unha actuación importante, xa que permitirá conectar á rede 29 vivendas e o colexio de Budiño, o que supón que beneficiará máis dun centenar de veciños e veciñas”, explicou o alcalde Alejandro Lorenzo, “Pero non é a única. No Porriño gran parte da veciñanza non dispón aínda de conexión á rede de saneamento pese a ter dereito a este servizo. Por iso elaboramos unha planificación global para poder avanzar dun xeito máis eficaz cara a execución total da rede. Reafirmo o meu compromiso, é unha cuestión prioritaria”.
A obra conta cun orxamento base de 347.953,20 euros. O prazo para a presentación de ofertas está aberto e o prazo o 21 de novembro e conta cun prazo de execución de tres meses desde a súa adxudicación.
O próximo 1 de novembro celebrarase no Porriño a feira ambulante. A pesar de ser festivo, mantense a celebración do mercadiño na nova ubicación.
Os postos estarán instalados na rúa Leandro Diz, dende o cruce con Manuel Rodríguez ata o cruce con Xogo da Ola, e na rúa Manuel Rodríguez, o tramo do cruce con Manuel Rodríguez a Praza de San Sebastián.
O Concello do Porriño saca a licitación dun vial municipal en Vilafría, que dende hai anos se atopan en mal e estado e precisan dunha rehabilitación integral do pavimento.
O proxecto, que conta cun orzamento base de 165.019 euros con cargo ao Plan Concellos 22, inclúe a mellora do torreiro de festas e pista deportiva do parque que se atopa na zona, algo moi demandado tanto pola veciñanza como pola comisión de festas.
Os traballos inclúen a mellora e reposición do firme de todo o vial, ademais da creación dunha senda peonil e dun paso de peóns elevado á altura do parque. Dentro do recinto do parque, reasfaltarase unha superficie de preto de 900 m2, que inclúe a cancha de baloncesto e o campo de fútbol onde ademais se instalarán novas porterías e canastas.
“Trátase dunha actuación moi demandada dende hai tempo pola veciñanza xa que o estado no que se atopa este camiño municipal supón un verdadeiro risco para a seguridade de vehículos e peóns”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Non só a estrada, tamén a zona do torreiro e do parque que na actualidade non está en condicións de ser usada nin como zona de lecer nin para a práctica deportiva”.
A primeiro deles, o “Programa de reforzo educativo para a obtención do título de ESO para adultos” que se desenvolverá do 25 de outubro de 2022 ao 31 de maio de 2023 de maneira presencial. As clases impartiranse de martes a venres de 18 h a 21 h e os sábados de 10h a 13h e prepararanse as materias incluídas nos tres eidos dos que consta a proba (científico-tecnolóxico, comunicación e social). Está dirixidas a maiores de 18 anos que non dispoñan desta titulación.
A matrícula ordinaria é de 40€ e gratuíta para os alumnos e alumnas empadroados no Porriño.
A segunda, o curso de “Comunicación Empresarial en Inglés” dirixido a todas as persoas interesadas cun nivel de inglés xeral de partida preferiblemente igual ou superior a B1. O alumno adquirirá os coñecementos necesarios para efectuar con éxito comunicacións verbais e non verbais en lingua inglesa que lles permitirán desenvolverse socioprofesionalmente no eido internacional.
O curso desenvolverase do 28 de outubro do 2022 ao 17 de febreiro de 2023 (en horario de tarde) podendo elexir a asistencia presencial ou a online en directo ou en diferido. Componse de 40 horas lectivas, 2 créditos ECTS.
A matrícula é de 80€.
Máis información:
UNED Pontevedra-Aula Universitaria do Porriño. (Multicentro de Torneiros)
986851850 / negociadodealumnos@pontevedra.uned.es
O persoal do Concello do Porriño aprendeu hoxe a salvar vidas da man de profesionais do Hospital Álvaro Cunqueiro.
Con motivo da celebración do “Día Mundial da Reanimación Cardiopulmonar”, que este ano se desenvolve baixo o lema “Aumentar a supervivencia da parada cardíaca é posible”, o servizo de Medicina Intensiva deste centro hospitalario organizou unha actividade informativa dirixida aos traballadores municipais, co obxectivo de sensibilizalos da relevancia e repercusións da morte súbita cardíaca e formalos nas técnicas básicas de RCP (Reanimación Cardiopulmonar).
O persoal de todos os departamentos municipais, incluído o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, participou hoxe nos talleres impartidos nas dependencias da Policía Local. “Saber dar unha resposta rápida e eficaz ante unha parada cardíaca é vital e pode chegar a duplicar a supervivencia”, explicou o rexedor, “Facelo correctamente é doado se sabes recoñecelos signos da parada cardiorespiratoria e proceder da maneira correcta”.
O alcalde quixo agradecer ao persoal sanitario a súa disposición e explicou “conseguir que os espazos públicos sexan espacios cardioprotexidos non pasa só por dotalos de desfibriladores, tamén hai que formar ao persoal que diariamente os frecuenta para que poidan actuar. Por iso esta actividade formativa extenderase, da man do Concello, a todos os centros culturais das parroquias, clubes deportivos e centros educativos”.
Importancia das técnicas de RCP e desfibriladores
A Fundación Española do Corazón recoñece que preto de 130.000 persoas morren anualmente no noso país debido a enfermidades cardiovasculares, o que as confirman como a principal causa de mortalidade. A maioría das mortes evitables causadas por factores cardiovasculares acontecen fora dos centros hospitalarios, por iso a inclusión de desfibriladores nos centros e espacios laborais resultan fundamentais para garantizar unha intervención rápida e eficaz. De aí a importancia de recoñecer os sinais dunha parada cardiorespiratoria e as técnicas de reanimación cardiopulmonar básica, xa que a realización de manobras de soporte vital básico logran duplicar as posiblidades de supervivencia.
Estas manobras constitúen unha parte fundamental da cadea de supervivencia, da que ademais forman parte a activación inmediata do sistema de emerxencias , a través das urxencias sanitarias Galicia-061, a masaxe cardíaca de calidade e a desfibrilación precoz.