A proposta de orzamentos do Goberno de Galicia para o ano 2019 non recolle “nin un so céntimo de euro de investimento no Porriño”, segundo pódese ver no borrador do mesmo que xa chegou ao Parlamento.
Cero euros para o Centro de Saúde
Un exercicio máis, o executivo do Partido Popular rexeita a mellora e ampliación do Centro de Saúde do Porriño, unha obra na que sería precisa unha dotación de 400.000€, tal e como reiterou o Goberno local nos anos, 2016, 2017, 2018 e, de novo, de cara ao 2019.
A alcaldesa, Eva García de la Torre, lembra que o proxecto do novo centro de saúde xa fora anunciado polo anterior alcalde, que tiña no seu goberno ao actual presidente do Partido Popular do Porriño, Manuel Alejandro Lorenzo. A alcaldesa sinala que “aquel alcalde do PP mesmo fíxose unha fotografía coa conselleira de Sanidade da Xunta, daquela tamén presidida por Núñez Feijóo, asegurando que as melloras do centro de saúde estaban xa en marcha”.
O resultado, catro anos máis tarde é que o Concello do Porriño está a pagar a limpeza dos terreos que o cedeu á Xunta e, o que é moito máis grave, que “as porriñesas e porriñeses seguen amoreándose nun centro de saúde totalmente desfasado, no que pasan calor no verán e frío no inverno e que non ten os servizos necesarios para atender as súas necesidades, tal e como denuncian, sistematicamente na rúa”.
Cero euros para centros escolares
A alcaldesa tamén denuncia o feito de que sendo O Porriño o concello que máis medra de Galicia, e logo de pedir reiteradamente a construción dunha nova gardería e novo colexio, á vista do estado do CEIP Fernández López, a Xunta gobernada polo Partido Popular destina ‘cero euros “a estas demandas e, aínda máis, tampouco contempla partida algunha dos 50.000€ demandados polo Goberno do Porriño para os comedores escolares.
A situación é aínda máis “insultante para as porriñesas e porriñeses considerando que a Xunta sí abriu unha gardería en Mos, gobernada por unha alcaldesa do Partido Popular e que ten un 80% de cativas e cativos que van dende O Porriño porque aquí non temos prazas”.
Cero euros para afrontar o problema do lindano
Na mesma liña, o Goberno de Núñez Feijóo non contempla o investimento de un so céntimo para a des-contaminación das zonas do Porriño nas que se atoparon refugallos de lindano, “o cal, ademais de un abandono das súas obriga, dado que é competencia exclusiva do seu goberno, é un exercicio de desprezo pola saúde dos veciños considerando, en primeiro lugar que había un compromiso neste senso, anunciado pola Xunta e polo voceiro do PP no Concello do Porriño, Manuel Alejandro Lorenzo, que mesmo presumiu no Pleno de manter xuntanzas con responsábeis da Xunta, como publicaron os medios de comunicación, para axilizar esta promesa”.
O que se ve nestes orzamentos é que ao Partido Popular so lle interesan os cidadáns do Porriño para que lle dean o seu voto cada catro anos, pero que teñan unha asistencia médica digna, a educación e benestar das súas fillas e fillos e o coidado e protección da súa saúde ao Partido Popular tráenlle sen coidado.
A alcaldesa agarda que a estadía do presidente da Xunta e do Partido Popular de Galicia no Porriño estes días sirva, ademais de para defender os seus intereses e os do PP, para comprometerse a facer algo polas porriñesas e porriñeses, empezando por “pedirlles perdón pola marxinación e o esquecemento aos que os ten condenados nestes anos”.
Pola súa banda, Eva García de la Torre agarda que o presidente do PP do Porriño, Manuel Alejandro Lorenzo sexa quen de amosar a súa desconformidade co proceder da Xunta e demande, en persoa, ao seu presidente que cumpra coa súa obriga que é a de atender á sanidade, á educación e a saúde das veciñas e veciños do Porriño, que son tamén as súas veciñas e veciños.

O lixo diario que xeran os fogares contén contén máis dun 50% de refugallos orgánicos que poden reciclarse e retornar a terra en forma de ‘humus’ para plantas e cultivos, “por cada 100 quilos de lixo orgánico poden lograrse ata 15 quilos de compost”.
Carrera indica que esta obra,que contou cun orzamento superior aos 10.000€ procedentes de fondos municipais, realizouse con persoal contratado con cargo á axuda da
García de la Torre salientou que a obra supón “unha mellora ostensible” na ordenación da zona e asegurou que “coa construción da rotonda evítase a altísima sinistralidade que había tal e como estaba configurado o espazo. Agora os viandantes e as persoas usuarias adaptáronse perfectamente á existencia da glorieta, o que dá idea da necesidade que había de facela”.
Os traballos de mellora consistiron principalmente na ampliación do radio de curvatura da estrada principal, preto da conexión da EP-2405 da Deputación co parque empresarial das Gándaras, á altura do Centro Tecnolóxico do Automóbil de Galicia.
Exposición de restos achados
O obradoiro, como sinalou a súa directora na presentación do mesmo, abrangue formación teórica e práctica sobre Atención Socio-sanitaria a Domicilio e a Institucións, durante un período de medio ano no cal os participantes cobrarán o salario mínimo interprofesional-que para este 2018 está establecido en 735,90€- e ao remate recibirán una Certificación Profesional.
No acto de presentación, a concelleira de Emprego, Soledad Girón, subliñou que esta formación abre as portas de futuros traballos e animou ás e os participantes a que aproveiten esta oportunidade que pode ser un paso importante de cara á integración no mercado laboral.
O tenente de alcalde, Manuel Carrera subliña que “as veciñas e veciños desta zona poderán ter servizo de auga potable, logo dunha modificación orzamentaria impulsada dende o Goberno local, á que opúxose o Partido Popular”, dado que se fixera pouco tempo despois de que o Pleno aprobase os orzamentos municipais, os primeiros que ten O Porriño en seis anos.
O Porriño será este sábado, día 29, ás 10 e media da noite, o ‘primeiro paso’ da xira do espectáculo ‘Noites de flamenco e blues’, da man de Raimundo Amador e Javier Vargas e a a súa ‘Vargas Blues Band’.
O considerado ‘concerto estrela’ das Festas do Cristo 2018, arrancará no escenario instalado na rúa Domingo Bueno, primeiro con actuacións de cada un dos protagonistas por separado para tocar xuntos, de seguido, no que se agarda que sexa o momento máxico co blues e o flamenco complementándose grazas a dous dos músicos máis singulares do país.