Máis de 80 nen@s inscribironse nesta tempada de 2019 nas escolas de ciclismo da Asociación Deportiva “Avanza-Concello de Porriño” que fixo a súa presentación oficial neste serán. A mocidade que vai aprender ciclismo, BTT e ciclocross da mán de antigas figuras do deporte do pedal, abranguen un amplio espectro que vai dende os máis pequenos, os pre-benxamíns, ata os maiores que militarán na categoría junior.
A súa formación estará nas máns de adestradores coma Abel Maceiras, Xacobe Agra e Luis Fernández Oliveira, de contrastada calidade e historial no ciclismo, que agora adican os seus esforzos a formación desta canteira..
Miguel Angel García, presidente da A.D. Avanza, agradeceu ó Concello de Porriño “ter sido o concello que máis apoia ó ciclismo e o deporte en xeral”, manifestou.

Pola súa banda Eva García, alcaldesa de Porriño sinalou que “os cartos que se gastan no deporte son unha inversión en acadar cidadans mellores”, “Temos que sentirnos moi orgullosos de que en Porriño teñamos un clube coma a A.D. Avanza”. engadiu a alcaldesa.





A partir de mañán venres 22, Porriño torna a se converter na capital do mel coa celebración da XXXI edición da Feira Apícola Rias Baixas queterá lugar o sábado 23 na praza Arquitecto Palacios. A Feira estará complementada polas Xornadas Técnicas de Apicultura que albergará o Centro Cultural Municipal, tamén ó longo do sábado. E como limiar terá lugar o venres unha actividade didáctica cara ós máis pequenos. Este ano os protagonistas serán os alumnos e alumnas do CEIP Fernández López que terán oportunidade de facer unha degustación de diversos tipos de mel.
O Concello de Porriño tomou en consideración a proposta do personal da Biblioteca da vila e coa colaboración da Policía Local, vén de habilitar un espazo de aparcadoiro para xestións rápidas dos usuarios. O estacionamento escollido foi o máis próximo ó edificio, na rúa José Fernández López. A praza de aparcadoiro xa dispón dun sinal vertical que informa da prohibición de aparcar excepto para facer uso dos servizos da biblioteca e por un máximo de quince minutos. A praza tamén está sinalizada no chan pintado co logotipo da biblioteca pública e a palabra “Biblioteca”.





