Informes da Policía Local de Porriño confirman que onte á noite rexistrouse unha avaría nas barreiras do paso a nivel no centro da cidade que durou aproximadamente 90 minutos. Durante ese tempo mantívose a circulación de trens, pero cunha evidente reducción da velocidade de paso, a consecuencia de que o xestor ferroviario ADIF fora alertado da incidencia.Os atestados sinalan que a Policía Local de Poio recibiu varias chamadas que alertaban de que as barreiras do paso a nivel non baixaban. Unha patrulla policial acudiu ó lugar (ás 22,45 horas) e verificou a incidencia, avisando de inmediato a ADIF. Mentres a patrulla permaneceu no lugar, comprobaron que dous convois ferroviarios pasaron a menos velocidade da habitual como precaución ante o fallo das barreiras.Ás 0.15 ADIF notificou á Policía Local de Porriño que solucionara a avería das barreiras.
Ante esta nova circunstancia, o goberno municipal de Porriño reitera que no intre que estea constituída a nova corporación local, retomaranse as xestións cara ás administracións públicas competentes para suprimir este paso a nivel conforme a reivindicación unánime de toda a sociedade porriñesa que a alcaldesa, Eva García trasladou á presidenta de ADIF, Isabel Pardo de Vera na última reunión celebrada.