Xornada de portas abertas, o vindeiro martes, día 5 de decembro, no Centro de Maiores do Porriño

O centro de día de maiores do Porriño, pertencente a rede de centros de maiores da Xunta de Galicia, celebra unha xornada de portas abertas, á cal convida a participar a todas as veciñas e veciños.

Esta xornada terá lugar o vindeiro martes, día 5 de decembro, no Centro de Día do Porriño situado no lugar de Torneiros.

As persoas interesadas en participar nos obradoiros e actividades organizadas para ese día, ou que simplemente queiran coñecer o centro, poden poñerse en contacto chamando ao teléfono 986331750, ou enviando un correo ao enderezo electrónico cd.porrino@cogami.gal.

Este martes, día 28, Pleno Infantil no Concello do Porriño coincidindo co Día dos Dereitos da Infancia

Este martes, día 28 de novembro o Concello do Porriño celebra ás 12:00h. o seu Pleno Infantil no que estarán presentes alumnas e alumnos de centros educativos da vila que exporán os seus proxectos, ideas e propostas no mesmo, coincindindo coa celebración do Día dos Dereitos da Infancia, impulsado por UNICEF.

O Pleno, que estará moderado pola alcaldesa, Eva García de la Torre, seguirá o seguinte orde de intervencións, se seguindo un criterio de idades dos participantes, de menos a maior:

Proposta do Centro Santo Tomas – 3º e 4º, voceiros: Rodrigo Martín Pedrares e  Carla Márquez Vaquero.

Centro de Educación Infantil e Primaria Xosé Fernandez López – 4º, voceiros:  Raúl  Servide Sequeiros e  Irene Galloso Rodríguez.

Centro de Educación Infantil e Primaria Atios – 4º, voceiros: David Alonso  Pérez e Noa Vázquez Ojea.

Proposta do Centro de Educación Infantil e Primaria de Budiño – 5º, voceiros: Pablo Férnandez Pérez e Antía Férnandez Ramirez.

Centro de Educación Infantil e Primaria da Ribeira – 5º e 6º, voceiros:  Laura Dios Claro e Ainoha Guisande Fernández.

Centro de Educación Infantil e Primaria Antonio Palacios – 6º, voceiros: Alejandro Gómez Granja e  Marta Estevéz Alonso

Proposta do Centro ACEESCA, voceiro:  Lucas Baz  Bernández

Instituto de Educación Secundaria  Pino manso – 1º ESO, voceiros:  Noa Castaño Rodríguez,   Clara Giraldez  Fernández, Hugo Novás González, Tiago Sebastián  Fernández, Laura Barbosa Baladrón e Martin Bar Vieito.

Centro Hermanos Quiroga – 1º e 2º ESO, voceiros:Antía Martínez Márquez e Manuel Moras Fernández.

Proposta do Instituto de Educación Secundaria Ribeira do Louro – 4º ESO , voceiros: Hugo Rodríguez Iglesias e  Tatiana Rodríguez Domínguez.

As exposicións, en varios dos casos, irán apoiadas por proxeccións de vídeos ou exposicións en Power Point. As persoas interesadas en seguir o Pleno en directo poden facelo entrando no portal web do Concello, www.oporrino.org, e poden debater sobre o mesmo nas redes sociais coa etiqueta  #PlenoInfaltilPorriño.

Aberto o prazo de inscrición para o ‘Campamento de Nadal’, que organiza a Concellería de Igualdade co cofinanciamento da Deputación de Pontevedra

O Concello do Porriño, a través da Concellería de Igualdade continúa a  mesma liña de actuación que en anos pasados, e “para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar das veciñas e veciños”, organiza, de novo, o ‘Campamento de Nadal’, cofinanciado pola Deputación de Pontevedra.

O prazo de inscrición para o mesmo quedou aberto este luns, día 27 de novembro, e non pechará ata o 15 de decembro.

A concelleira de Igualdade, Soledad Girón, lembra que poden participar neste campamento as rapazas e rapaces residentes no Porriño que teñan entre 5 e 12 anos-os dous inclusive– e que as persoas que precisen máis información poden dirixirse ao Centro de Información á Muller, no 3º andar do Concello, ou chamar ao número de teléfono 986 337429.

A Concellería de Vías e Obras sustitúe as luminarias dos polígonos industriais o que permitirá un aforro de 51.430€ anuais e reducirá as emisións de CO2 á atmosfera

51.430€. Ese será o aforro anual en subministro de electricidade que acadarán as veciñas e veciños logo da substitución das instalacións de alumeado  nos polígonos industriais do Porriño levada a cabo polo Goberno local a través da Concellería de Vías e Obras, que dirixe Manuel Carrera.

Os traballos de substitución das lámpadas de vapor de sodio de 150 e 250 W, xa obsoletas e enerxéticamente insuficientes, por luminarias de tecnoloxía LED de 40 e 60W, non so suporán un “importantísimo aforro enerxético, senón que cumprirán cunha das premisas que nos fixaramos ao comezo do mandato: a reducións das emisións de CO2 á atmosfera”, sinala Manuel Carrera, que superarán os 70.000 quilos de dióxido de carbono anuais.

En total, e por medio dunha subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria, dentro do Plan de Habilitación e Mellora de Infraestruturas dos Parques Empresariais de Galicia, substituíronse 370 focos no Polígono de As Gándaras, o PPI6 e PPI7 instalando non so luminarias re-programadas sen fío demando, senón incorporando ás mesmas de  programadores dotados de reloxos astronómicos, que permiten un aforro adicional de enerxía.

Os novos focos teñen unha vida útil, media, de 60.000, un custo mínimo en mantemento, ofrecen un alumeado de 110 lumens por watt, “mantendo os niveis de luminosidade nesta zona tan transitada”, e permiten que a inversión feita na súa colocación estea amortizada nun período de 2 anos e medio.

O Concello instala os depósitos de auga nas casas do Contrasto afactadas polo lindano, incluindo unha das 6 vivendas que teñen pozo e que deron positivo nas últimas horas

Tal e como se comprometera a alcaldesa, Eva García de la Torre, o pasado día 17, durante a xuntanza que mantivera no salón de Plenos do Concello con veciñas e veciños do Contrasto, xunto con técnicos da Xunta de Galicia, xa están instalados os depósitos de auga a aquelas familias que non teñen mais subministro de auga que o procedente dos seus pozos.

En total, o Concello colocou 14 depósitos, de 1.000 litros e un motor en 8 casas, para bombear a auga que se utilizará para a hixiene persoal e o lavado da louza e da roupa.

Os depósitos foron debidamente hixienizados, seguindo as instrucións de dous inspectores de Sanidade- que analizaron os mesmos e certificaron a súa adecuación para conter a auga-e xa están a ser empregados polas familias afectadas que, do mesmo xeito, seguen a recibir as garrafas de auga para cociñar e beber, que so teñen que pedir ao supermercado, sen custo algún para elas.

Estes depósitos son, coma salientou a alcaldesa, unha “solución provisoria” para atender as necesidades máis urxentes das persoas que carecen de conexión coa rede municipal de abastecemento e, por tanto, so dispoñen de auga do pozo. Nas vindeiras semanas está previsto contar cun proxecto que permita conectar estas vivendas coa rede municipal de abastecemento, de xeito que todas elas reciban, “no menor prazo de tempo”, a auga da traída.

A alcaldesa sinalara naquela xuntanza que a auga da traída podía usarse con garantía, logo de que as repetidas análise realizadas á mesma por técnicos da Consellería de Sanidade deran resultados negativos a contaminación por lindano.

Así mesmo, García de la Torre comprometérase a ter informados, ao instante, ás veciñas e veciños do Contrasto, algo que se fixo puntualmente logo de que onte, venres, ás 9 da noite, a Consellería de Sanidade comunicase ao Concello que había 6 pozos  máis que deran positivo en contaminación por lindano.

Dende o Concello puxéronse en contacto cos seus donos para comunicarlles este feito e comprobouse que 4 destas familias non consumen a auga do pozo porque teñen conexión coa traída; a outra delas xa se lle dispuxeron os depósitos con auga para que teña garantido o subministro de emerxencia, e non foi posíbel contactar,aínda, cos donos da outra casa posto que non residen habitualmente na mesma. A Policía Local segue a facer as xestións para localizalos e comunicarlles os resultados das analíticas.

Este sábado, día 25, O Porriño berrará en contra da Violencia Sobre a Muller

Este sábado, día 25 de novembro, terá lugar, as 6 e media da tarde na Praza de Antonio Palacios, o Acto en Memoria das Vítimas da Violencia de Xénero co que o pobo de Porriño quere render homenaxe a todas as mulleres, nenos e nenas asasinadas polo machismo criminal.
 
Tamén hoxe, no mesmo lugar, ao redor das 7 da tarde, terá lugar a presentación de “Rap contra a Violencia de Xénero”, proxecto dirixido ao alumnado de Porriño e que cursa 2º e 3º da ESO.
 
Ás 8, no Centro Cultural Municipal, proxectarase a película “Verano 1993”, da directora Carla Simón, dentro do ciclo ‘Mulleres de Cine’. A profesora María Lameiras será a encargada de conducir o debate.
Así mesmo, segue aberto o ‘Concurso de Tweets contra a Violencia de Xénero’, que o Concello de Porriño convoca por primeira vez. Neste concurso poderán participar todas as persoas que publiquen na rede social Twitter unha mensaxe contra a violencia de xénero, debendo acompañar a publicación coa etiqueta #PorriñoDiNONVX.
 
As bases poden consultarse nas redes sociais do Concello (Facebook e Twitter), na web municipal, www.oporrino.org e na conta @Porrinodiquenon.
 
As mensaxes e os contidos poderán estar escritos tanto en galego como en castelán e entrarán en concurso todos os tuits publicados entre as 00:00 horas do xoves día 23 de novembro e as 23:59 do vindeiro luns, día 27.

‘Se o NON é un dereito, Respéctao!’

Este sábado, día 25 terá lugar, as 6 e media da tarde na Praza de Antonio Palacios, o Acto en Memoria das Vítimas da Violencia de Xénero co que o pobo de Porriño quere render homenaxe a todas as mulleres, nenos e nenas asasinadas polo machismo criminal.

A concelleira de Benestar e Igualdade, Soledad Girón subliña que neste 25 de novembro, ao contrario que o do ano pasado, “no que buscamos a implicación de diferentes eidos da sociedade do Porriño, dende o deporte, pasando pola educación ou o asociacionismo, queríamos que houbese unha participación anónima salientando que todos temos que comprometernos na loita contra a violencia de xénero, e si en 2016 o noso lema era ‘O Non é un dereito’, este 2017 continuamos con ‘Si o Non é un dereito, respéctao”.

Hai que lembrar que este ano, o ‘Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra a Muller’, abrangue un completo programa de actividades que empezaron co ciclo “Mulleres de Cine”, un ciclo que ten coma ‘platea’ o Centro Cultural Municipal e o Círculo Recreativo e Cultural, inclúe a proxección de tres películas e un posterior coloquio dirixido por mulleres do mundo do audiovisual e  especialistas en xénero, e un concurso de tweets contra a Violencia de Xénero , son dúas das actividades que abrangue a programación da Concellería de Igualdade, que dirixe Soledad Girón, para conmemorar o ‘Día Internacional contra a Violencia de Xénero’.

O ciclo de cine comezou este mércores, día 22 (ás 20:00h.), coa proxección do filme “Jericó, el infinito vuelo de los días”, da directora Catalina Mesa, e coa presenza de Berta Ojea no coloquio posterior.

O segundo pase será o mesmo sábado, 25 de novembro-, co Centro Cultural Municipal, á mesma hora-. A película elixida é “Verano 1993”, da directora Carla Simón. A profesora María Lameiras será a encargada de conducir o debate.

A última película proxectarse o xoves 29-no Círculo ás 8 da tarde-. Trátase de “Brava”, da directora Roser Aguilar, que será a que conduza o coloquio.

Así mesmo, o Concello de Porriño convoca por primeira vez un ‘Concurso de Tweets contra a Violencia de Xénero’, “coa finalidade de sensibilizar y previr á cidadanía con presenza nas redes sociais contra a lacra machista”, sinala a concelleira Soledad Girón.

Neste concurso poderán participar todas as persoas que publiquen na rede social Twitter unha mensaxe contra a violencia de xénero, debendo acompañar a publicación coa etiqueta #PorriñoDiNONVX. As bases publicaranse na conta  @Porrinodiquenon.

As mensaxes e os contidos poderán estar escritos tanto en galego como en castelán e entrarán en concurso todos os tuits publicados entre as 00:00 horas do xoves día 23 de novembro e as 23:59 do luns, día 27 do mesmo mes.

A estas iniciativas súmase “Rap contra a Violencia de Xénero”, proxecto dirixido ao alumnado de Porriño e que cursa 2º e 3º da ESO.

A concelleira de Igualdade salienta a  orixinalidade da programación dirixida a todos os públicos pero cunha mensaxe clara que ten como destinatarios os mozos e as mozas. Así, sinala que “as e os adolescentes deben identificar as situacións de violencia e os poderes públicos temos a obriga de establecer as pautas de prevención, información e sensibilización”.

O Porriño súmase ao Día Internacional de Eliminación da Violencia contra a Muller

A “Mulleres de Cine”, un ciclo que terá coma ‘platea’ o Centro Cultural Municipal e o Círculo Recreativo e Cultural, inclúe a proxección de tres películas e un posterior coloquio dirixido por mulleres do mundo do audiovisual e  especialistas en xénero, e un concurso de tweets contra a Violencia de Xénero , son dúas das actividades que abrangue a programación da Concellería de Igualdade, que dirixe Soledad Girón, para conmemorar o ‘Día Internacional contra a Violencia de Xénero’.

O ciclo de cine comezará este mércores, día 22 (ás 20:00h.), coa proxección do filme “Jericó, el infinito vuelo de los días”, da directora Catalina Mesa, e coa presenza de Berta Ojea no coloquio posterior.

O segundo pase será o mesmo 25 de novembro-, co Centro Cultural Municiapl, á mesma hora-. A película elixida é “Verano 1993”, da directora Carla Simón. A profesora María Lameiras será a encargada de conducir o debate.

A última película proxectarse o xoves 29-no Círculo ás 8 da tarde-. Trátase de “Brava”, da directora Roser Aguilar, que será a que conduza o coloquio.

Así mesmo, o Concello de Porriño convoca por primeira vez un ‘Concurso de Tweets contra a Violencia de Xénero’, “coa finalidade de sensibilizar y previr á cidadanía con presenza nas redes sociais contra a lacra machista”, sinala a concelleira Soledad Girón.

Neste concurso poderán participar todas as persoas que publiquen na rede social Twitter unha mensaxe contra a violencia de xénero, debendo acompañar a publicación coa etiqueta #PorriñoDiNONVX. As bases publicaranse na conta  @Porrinodiquenon.

As mensaxes e os contidos poderán estar escritos tanto en galego como en castelán e entrarán en concurso todos os tuits publicados entre as 00:00 horas do xoves día 23 de novembro e as 23:59 do luns, día 27 do mesmo mes.

A estas iniciativas súmase “Rap contra a Violencia de Xénero”, proxecto dirixido ao alumnado de Porriño e que cursa 2º e 3º da ESO.

A Concelleira de Igualdade salienta a  orixinalidade da programación dirixida a todos os públicos pero cunha mensaxe clara que ten como destinatarios os mozos e as mozas. Así, sinala que “as e os adolescentes deben identificar as situacións de violencia e os poderes públicos temos a obriga de establecer as pautas de prevención, información e sensibilización”.

Finalmente, o sábado, día 25 terá lugar, as 6 e media da tarde na Praza de Antonio Palacios, o Acto en Memoria das Vítimas da Violencia de Xénero co que o pobo de Porriño quere render homenaxe a todas as mulleres, nenos e nenas asasinadas polo machismo criminal. 

Soledad Girón subliña que neste 25 de novembro, ao contrario que o do ano pasado, “no que buscamos a implicación de diferentes eidos da sociedade do Porriño, dende o deporte, pasando pola educación ou o asociacionismo, queríamos que houbese unha participación anónima salientando que todos temos que comprometernos na loita contra a violencia de xénero, e si en 2016 o noso lema era ‘O Non é un dereito’, este 2017 continuamos con ‘Si o Non é un dereito, respéctao”.