Unha comitiva municipal encabezada por Lourdes Moure, alcaldesa accidental e David Alonso, concelleiro de Deportes visitaron hoxe o campo de futbol do Folón para comprobar in situ as melloras demandadas polo presidente e directivos de ese club. A principal reivindicación é retirar os postes metálicos que sosteñen as redes para evitar a saída dos balóns tras as respectivas porterías. A proximidade deses postes ó terreo de xogo constitue un risco. “O seu retranqueo é unha prioridade por razons de seguridade que vai ser atendida de inmediato polo Concello”, segundo manifestaron Lourdes Moure e David Alonso.
As obras do campo da SD Mosende veñen arrastrando problemas de planeamento dende que no ano 2014, co últimos gobernos do PP tanto en Porriño como en Deputación, planificouse unha mellora que incluía a colocación do céspede sintético cun orzamento aproximado de 122.000 €.

Sen embargo houbo que agardar dous anos para o remate das obras cando o proxecto foi retomado e axilizado polo primeiro goberno municipal de Eva García e con Manuel Carrera na concellería de Deportes. Pero ainda quedan flecos por resolver como o retranqueo deses postes metálicos e tamén do muro de peche por un lateral do campo, donde hoxe estaban realizándose tareas de desbroce e limpeza por personal do Concello de Porriño.