A segunda sesión de “Cinema na rúa con flocos de millo” será mañá mércores, a partires das dez da noite, na praza Arquitecto Antonio Palacios. Será ó aire libre agás que mudase a previsión meteorolóxica. Nese caso – como xa ocorrera hai unha semana- pasaríase ó Centro Cultural Municipal.

A película que se proxectará nesta segunda sesión de “Cinema na rúa” será “Los Increíbles II”. Esta cinta é producto da colaboración entre “Píxar Studios” e “Walt Disney Pictures”. Trátase da segunda entrega das aventuras da familia de superheroes á que se engade o bebé “Jack-Jack” tamén dotado de super poderes que descubrirán os espectadores que acudan á praza do Concello.

Lembramos que a entrada é gratuita e que tamén serán de balde os flocos de millo (palomitas) que se repartirán entre o público asistente. 
“Cinema na rúa con flocos de millo” é unha das actividades financiadas polo Concello do Porriño co gallo da programación cultural de agosto 2019.