O Concello de Porriño está en trámites a través da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para a súa adhesión ó protocolo “Concellos Doing Businnes” que ten que levarse a pleno para a súa aprobación definitiva.
David Alonso, alcalde accidental de Porriño ata o vindeiro luns e concelleiro delegado de Emprego desmintiu ó Partido Popular que a través dun comunicado trasladaba que o goberno municipal “negaríase a implantar ésta entre outras medidas de apoio empresarial”.
“O voceiro da oposición descoñece ou ignora que hai un decreto da Alcaldía que solicitou á FEGAMP a adhesión o devandito protocolo e que ainda resta a súa aprobación polo pleno asunto que levaremos á sesión de setembro”, manifestou o alcalde en funcións.
O Goberno Municipal volve a lamentar a “espiral de fotos con conselleiros da Xunta de Galicia –algunha imaxe claramente sacada do arquivo como denuncia a vestimenta invernal- na que o voceiro local do PP tense instalado para facer unha oposición de pataleta permanente”.