O Goberno Municipal de Porriño dispon de informes internos que acreditan que a empresa adxudicataria está a realizar axeitadamente as tarefas de desbroces que o Concello lle adxudicou despis de gañar o concurso público.
Os informes dos técnicos municipais así o indican. Ambos informes foron requeridos pola Alcaldía para ter un contraste da calidade e condicións do servizo.
Un dos motivos era o persoal disposto pola empresa para acometer os traballos, especialmente durante os meses de maio e xuño cando houbo moitas chamadas de veciños indicando incidencias. Os informes certifican que “cumpriuse co número de traballadores” e que “o reparto das zonas de traballo acordabase entre o responsable da empresa e o encargado municipal”. “As variacións de persoal que se produciron debíanse a que no momento do inicio do servizo a situación das estradas era bastante mala xa que estábamos en plena primavera, polo que as chamadas dos administrados indicando incidencias existentes era moi elevadas, e os operarios da empresa dividíanse en parellas ou de forma unipersoal para realizar tarefas que urxían”.
No que atinxe á maquinaria empregada pola empresa, os informes certifican que estivo a utilizar a súa propia, agás cando un dos tractores averiouse nun par de ocasións polo que se lles cedeu un tractor municipal que estaba fora de servizo e que eles arranxaron”.
De xeito que o goberno municipal de Porriño desminte as acusacións sobre supostas “graves irregularidades e incumprimentos” no servizo de limpeza viaria que ven de reiterar o PP.