Antón Sío Lago, do CEIP “Antonio Palacios” foi o gañador do “III Torneo Escolar de Xadrez Concello de Porriño” que recibiu de máns de Eva García de la Torre. A Alcaldesa de Porriño asistiu á clausura do Torneo xunto coa concelleira de Educación , Lourdes Moure.
Finalmente foron 122 os rapaces e rapazas de dez centros de ensino da cidade con idades comprendidas entre 6 e 16 anos, os que participaron na competición celebrada hoxe.
Este ano correspondeulle ó CEIP “Antonio Palacios” ser o anfitrión da competición que anteriormente acolleron os CEIP de Atios (2016) e “Fernández López” (2017).
Alicia Rodríguez (“Santo Tomás”) foi a segunda clasificada e o seu compañeiro de “cole” Diego Vázquez quedou terceiro. Noa Teixeira Alvarez e Javier R. Rocha, ambos do CEIP Antonio Palacios, completaron as cinco primeiras prazas.
O Concello de Porriño organiza unha exhibición de escolas de danza para celebrar o Día Internacional da Danza que se conmemora cada 29 de abril. O espectáculo desenrolaráse o luns, a partir das 18,30 horas, na Praza Arquitecto Antonio Palacios. As escolas “Studio 57” e “MaiSon” achegarán as suas aulas á Praza do Concello. Poderemos gozar entre outras das seguintes disciplinas: break, predanza, baile mamis e papis, moderno, oriental, hip hop, dancehall, e latino
Cento vinte escolares de dez centros de ensino da cidade con idades comprendidas entre 6 e 16 anos, participarán na terceira edición do Torneo de Xadrez Concello de Porriño que se celebrará o luns 29 de abril.
Este ano correspondelle ó CEIP “Antonio Palacios” ser o anfitrión da competición que anteriormente acolleron os CEIP de Atios (2016) e “Fernández López” (2017).
As partidas comezarán ás 9,30 horas e ó remate do torneo, estimado árredor das 13,15 horas, a alcaldesa de Porriño, Eva García e a concelleira de Educación, Lourdes Moure presidirán a entrega de premios.
Eva García de la Torre, alcaldesa de Porriño ofreceu unha recepción ós xogadores, adestradores e directivos do equipo “infantil A” da Unión Deportiva Atios, acto ó que se sumaron tamén pais e nais dos rapaces.
O equipo formadopor nenos de ata 14 anos vén de acadar o seu ascenso a Liga Galega. Gañaron o pasado 6 de abril no seu campo, O Carballo, á U.D. Comesaña no pasado decisivio polo ascenso. Foi una victoria pola mínima (1-0) pero dabondo para acadar un fito histórico no medio século de historia que a Unión Deportiva Atios está a cumprir neste ano.
Eva García recibiulles no salón de plenos da casa consistorial. Eloxiou o espírito de loita do equipo e manifestou a súa honra como alcaldesa do Concello de Porriño, principal patrocinador da U.D. Atios.
A Asociación Deportiva Avanza, organizadora do evento, agarda acadar mañán sábado 450 participantes nas dúas probas de bicicleta de montaña que se celebrarán nos Montes da Risca, patrocinadas polo Concello de Porriño. Dese total, 250 serán nenos e nenas de ata 13 anos de idade inscritos para o “Trofeo Mini BTT Concello de Porriño” que se celebrará a partir das 10 da mañán. E por outra banda, estímase que haberá 200 participantes na proba “I Trofeo XCO Concello de Porriño” que agrupará a 200 participantes das categorías cadete, senior e master 50. Esta proba de bicicleta de montaña campo a través comezará ás 16,30 e rematará árredor das 19,30 coa entrega de premios segundo as previsions dos organizadores. Eva García, alcaldesa de Porriño, Julio Bernárdez, do Servizo de Deportes do Concello e Ricardo Maquieira, representante da AD Avanza realizaron a presentación acompañados por Adrián Maquieira, que será un dos participantes na proba infantil.
A organización destes eventos deportivos “reflicten o traballo de canteira que estamos a facer dende a Asociacion Deportiva Avanza que conta con aproximadamente 90 rapaces e rapazas, a meirande parte de Porriño, na súa escola de ciclismo, unha laboura que non seríamos quén de realizar senon fora polo importantísimo apoio económico do Concello de Porriño”, sinalou Ricardo Maquieira. “Estamos moi orgullosos dese traballo de formación que por iso apoiamos dende O Concello e que está en consoancia co apoio xeral ó deporte e en particular ó ciclismo que está tan vencellado a nosa cidade”, respostou Eva García de la Torre que desexou “moita sorte e bo tempo para o mellor desenrolo das competicions”.
Mañán venres 26 será a quenda do Rap e do Beatbox en “Vive a Cultura Urbana”, programa de ocio
activo dirixido á mocedade que patrocina o Concello de Porriño e organiza a
través da OMIX. A cita, coma sempre, a partir das 18 horas no Parque Infantil ó
carón do Cemiterio.
Esta edición de “Vive a Cultura Urbana” está chegando ó seu
fin. A programación dividiuse en dous bloques: Deportes Urbanos e Música e Arte
Urbana. No mes de abril están a desenrolarse as actividades nese segundo eido a
través de diversos obradoiros. Un deles, adicado ó “breakdance” tivo que
aprazarse por causa meteorolóxica e adiouse para o 3 de maio. Nesa mesma data
celebraráse tamén, en horario de noite, o festival musical co que concluirá a
programación deste ano.
O propósito de “Vive a Cultura Urbana” “é fomentar un xeito
de ocio saúdable entre a mocedade prestando especial atención á franxa de idade
de nenos de más de 11 anos que entran na adolescencia”, segundo manifestou Eva
García, alcaldesa de Porriño, concello que ten o receoñecemento de “Cidade
Amiga da Infancia” outorgado pola UNICEF.
A Mesa de Coordinación contra a Violencia de Xénero reuníuse hoxe na casa consistorial de Porriño coa asistencia de responsables da Subdelegación do Goberno, da Garda Civil, da Policía Local e do Centro de Información á Muller e Servizos Sociais do Concello de Porriño. A alcaldesa, Eva García de la Torre e Lourdes Moure, concelleira de Seguridade presidiron a reunión de traballo que tratou diversas medidas de coordinación entre estas institucions e as forzas e corpos de seguridade. Asimesmo revisaronse as últimas cifras sobre denuncias, ordes de protección de víctimas e de afastamento de agresores.
Porriño é un dos once concellos da provincia de Pontevedra que está integrado no Sistema de Seguemento Integral da Violencia de Xénero (VIOGEN) para a prevención de situacions de risco e protección das víctimas.
Precisamente os representantes do Concello informaron ós restantes asistentes das actividades formativas que se desenrolarán ó longo do mes de maio nos diversos eidos da seguridade feminina e protección xurídica e tamén do tratamento das víctimas e os protocolos de actuación ó cargo dos profesionais que teñen que atenderlas
A Axencia Galega de Sangue, Organos e Tecidos (ADOS) solicitou ó Concello de Porriño que, de novo, preste a súa colaboración para sitúar unha unidade móvil para que a veciñanza faga doazóns de sangue entre mañán mércores 24 e ata ó venres 26. A unidade móvil estará aparcada na rúa Domingo Bueno fronte á Cafetería “Scala” en horario de tarde, entre as 16 e as 21 horas cada día.
A ADOS que depende do Servizo Galego de Saúde (SERGAS) reitera a importancia de esta colaboración cidadá para acadar 500 doazóns de sangue diarias en Galicia que contribuen a a axudar a centos de enfermos.
Axentes das Forzas e Corpos de Seguridade e profesionais que traballen coas víctimas de violencia de xénero son os destinatarios dun curso promovido polo Concello de Porriño, a través da Policía Local, e co apoio da Secretaría de Estado de Igualdade.
O curso incidirá en moi variados aspectos: dende como tén que ser a primeira actuación policial ante un suposto de violencia de xénero, o posterior seguimento dun caso a través das ordes de protección ás víctimas e afastamento dos agresores, ata os novos tipos de violencia de xénero en formato dixital e a través dos dispositivos móbiles.
As clases desenvolveránse no Centro Cultural Municipal de Porriño, entre o luns 6 ata o venres 10 de maio. A inscripción pódese realizar a través do email, no enderezo electrónico administracion.policialocal@oporrino.org
No curso participarán como instructores dende responsables policiais ata profesionais do mundo de Dereito. Entre os relatores están anunciados Santiago Martínez, Oficial da Policía Local de Vigo; José Manuel Alonso Regueiro, xefe da Unidad de Atención á Familia e á Muller da Comisaría de Vigo, a maxistrada Belén Rubido, xuiza decana de Pontevedra e titular do Xulgado Penal nº 4 e Juan Sagredo, fiscal coordinador da área de Vigo.
O Concello de Porriño xa está a recoller inscripcións para o curso de defensa persoal feminina e de protección xurídica, prantexado para mulleres de calquera idade, que se impartirá durante catro sábados do mes de maio, a partir do día 4. Neste intre xa hai 25 mulleres inscritas, segundo informou a Policia Local. As interesadas poden realizar a súa inscripción directamente no Concello, tamén no Pavillón Municipal de Deportes, no Ximnasio Jovhen Sport ou ben por e-mail no enderezo electrónico: administracion.policialocal@oporrino.org As prazas son ilimitadas. De tal xeito que inicialmente estáse a prever que as clases de defensa persoal impartiránse no ximnasio “Jovhen Sport” pero se a afluencia de mulleres é maior, pasarían ó Pavillón Municipal. A instrucción sobre técnicas e chaves para defensa persoal ás mulleres serán desenroladas por axentes da Policía Local e profesores especializados. E a información sobre protección xurídica será impartida polo maxistrado Juan José Trashorras, titular do Xulgado Penal número 1 de Pontevedra. No seu caso o maxistrado explicará ás mulleres participantes as diferencias entre lexítima defensa, o medo insuperable e o uso proporcional da forza. A idea deste curso parte da Policía Local de Porriño. Financiase cos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, tramitados a través da Secretaría de Estado de Igualdade.