O Concello do Porriño ven de acometer diversas melloras na parroquia de Atios en viais e saneamento que se executan con medios propios e baixo a dirección da concelleira de Vías e Obras, Lourdes Moure.


Actualmente segue a realizarse a ampliación da rede de saneamento no lugar de Covelo para dar servizo a dez vivendas. Os seus propietarios deberán darse de alta ante o Consorcio de Augas do Louro para realizar a conseguinte acometida. As obras avanzan a bó ritmo, a cargo da empresa “Naturgalia”. Mantense as restriccions de tráfico na zona.

Tamén realizaronse traballos de bacheo e asfaltado en outros puntos da parroquia que a concelleira revisou en compañía do enxeñeiro municipal e o encargado de obras.
En Insuas arranxouse un tramo da estrada que estaba en moi mal estado.

Na subida á Guía, a concelleira comprobou a marcha dos traballos de ampliación da estrada e de canalización de augas pluviais que se realiza coa colaboración dun veciño que cedeu parte do terreno.

Finalmente tamén Lourdes Moure entrevistouse co veciño, Eduardo Romero que instou a intervención do Concello para conectar varias vivendas da Pontenova ó abastecemento de auga potable. As casas, a escasos metros da avenida Domingo Bueno, quedaran sen agua hai uns meses porque secaran os pozos dos que se abastecían e carecían de conexión coa rede xeral.