David Alonso, concelleiro de Deportes e directivos do Club de Atletismo Porriño presentaron a segunda edición da “Porriño 10k”, carreira pedestre que pretende establecer un novo record de inscricións. En 2019 rexistrou 1385 participantes e a pretensión do Concello e do Club de Atletismo é acadar os 1500.
A proba terá lugar o 15 de marzo pero o prazo de inscrición xa está aberto a través da páxina web www.championchipnorte.com.

“Porriño 10K” naceu en 2019 como consecuencia da desaparición da sua predecesora, a “Interrunning”. “Aprendimos dos erros que cometimos o ano pasado e melloraremos en diversos eidos como a entrega de dorsais e a zona de saída e meta”, dixou Pablo Soto, tesoreiro do club. “Este ano ademais cada participante inscrito recibirá como agasallo unha camiseta técnica de asas e a cambio deberán entregar un kilo de alimentos non perecedoiros para ‘SOS Porriño’”, revelou Soto.

A zona de saída e meta que estará sitúada na praza do Concello tamén acollerá un espazo de avituallamento onde todos os participantes recibirán alimentos diversos elaborados coa colaboración das panaderías porriñesas. Tamén haberá un arco de meta con leds, un camión pódium e unha pantalla xigante para seguir a retransmisión en “streaming” que se realizará da proba con duas cámaras movis e outra fixa na praza.
Patricia Estévez, presidenta do club agradeceu a “gran colaboración do Concello e particularmente do concelleiro de Deportes pola súa implicación e que se nota que ama o atletismo”.

Pola súa banda, o concelleiro de Deportes agradeceu “de xeito moi especial o traballo que van facer os 100 voluntarios entre persoal de Protección Civil, Policía Local e colaboradores do Club de Atletismo que son vitais para garantir a seguridade de todos os participantes”. Asimesmo David Alonso invitou “ós veciños dos concellos da contorna e do norte de Portugal para que se animen a participar nesta carreira que se vai desarrollar nun circuito moi plano que percorrerá o centro da vila” dixou o concelleiro de Deportes.