SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES DEPORTIVAS POLA BORRASCA “FABIEN”

O Servizo de Deportes do Concello do Porriño informa o seguinte:

Co gallo das suspensións de actividades deportivas decretadas por diversas federación autonómicas, mañán sábado, o Polideportivo Municipal permanecerá pechado. Tan só abrirá para as competicións de carácter nacional, en horario de tarde.
Agás nova notificación, as actividades do domingo 22 manteñense programadas para ós horarios establecidos.

Entrega de diplomas do curso “Tecendo lazos”

Cami Moreira, Concelleira de Igualdade, en representación do goberno municipal do Porriño, e Raquel Giráldez, deputada provincial de Emprego, en representación da Deputación de Pontevedra, presidiron esta tarde a entrega de diplomas do programa “Tecendo lazos”. En concreto do curso de “Manualidades de Moldeado e Pintado con obxetos reciclados” realizado no Centro Cívico do Porriño.

Neste obradoiro realizaronse actividades de expresión plástica e traballos manuais a través da reciclaxe e da reutilización de materiais, co que se promoveu o respecto polo ambiente e o desenvolvemento da creatividade e da imaxinación,

Tratouse dun obradoiro interxeneracional no que participaron persoas de entre 6 e 80 anos. Algunhas das mesmas familias e de diversas xeracións (netas e netos, avoas e avós, fillas e fillos, nais e pais etc.) .

Un Bando da Alcaldía informa dos horarios vixentes para o sector de hostalaría nas Festas do Nadal

Un bando da Alcaldía do Porriño comunica os horarios de peche dos establecementos do sector da hostalaria e espectáculos que estarán vixentes no concello durante as vindeiras festas de Nadal.
No bando que adxuntamos indicanse os horarios de peche.
Lembramos que son os seguintes:
Salas de festa: 5:30 horas; Discotecas: 5:30 horas; Salas de baile: 5:30 horas; Pubs: 4:00 horas; Restaurantes: 2:30 horas; Salóns de banquetes: 3:30 horas; Bar e Café-bar: 2:30 horas Cafetería: 3:00 horas.
Estes horarios amplíanse 30 minutos máis, nas noites dos xoves, venres, sábados e domingos.
Asimesmo o bando lembra que a Xefatura Territorial da Consellería competente na materia da Xunta de Galicia, poderá autorizar ampliacións dunha hora sobre os horarios límite de peche establecidos có gallo das Festas de Nadal.

Ainda está aberta a inscrición para a primeira carreira popular “San Silvestre Solidaria Concello do Porriño”

O vindeiro 30 de decembro, como preludio á celebración da xa tradicional Festa nocturna de Pre-Fin de Ano, O Porriño acollerá a primeira edición da “San Silvestre Solidaria Concello do Porriño”. Está prantexada como unha carreira popular, nun circuito urbano, moi asequible que se pode cubrir correndo, andando, como se queira.

Neste intre 305 persoas anotaronse xa para participar. O concelleiro de Deportes, David Alonso agarda que “a inscrición para esta carreira popular pegue un arreón nestes días ata o 25 que remataremos o prazo”.
“Queremos que os porriñeses e porriñesas e os veciños dos concellos próximos veñan a queimar calorías e os excesos do Nadal ó longo dun circuito plano, de só 3 quilómetros de lonxitude e cunha finalidade solidaria pois cada inscrito/a deberá traer 1 kilo de alimentos non perecedoiros para “SOS Porriño”, manifestou David Alonso.

O edil quixo agradecer “de xeito sobranceiro a colaboración do Club Atletismo de Porriño e ós funcionarios municipais pola súa colaboración e a dous patrocinadores “Mahou” e “ABanca” ola súa achega”.

O concelleiro de Deportes compareceu na presentación da I San Silvestre acompañado de Ana Belén Gómez, atleta porriñesa que é ademáis funcionaria municipal, que ven de facer unha marca de 3 horas, 10 minutos, 13 segundos para completar os 42 kilómetros na pasada “2019 Chicago Marathon Bank of América”.
Ana manifestouse “agradecida” polos recoñecementos recibidos, pola organización desta primera San Silvestre “porque é unha forma divertida, saudable e solidaria de rematar o ano”, e “pola contribución dos voluntarios que son fundamentais para a celebración deste tipo de eventos”, dixo Ana Belén.
Tamén participou na presentación Alberto Insúa ó que presentou David Alonso como “o emblema dunha carreira popular porque participar e chegar dos últimos merece o maior respeto e admiración”. Alberto chamou a todos a participar nesta Carreira “ainda que sexa andando, paseando coa mascota ou disfrazados porque se trata de disfrutar”, declarou.

O peche das inscricións rematará o 25 de decembro.
Para realizar a inscrición hai que entrar no seguinte enlace

https://carreirasgalegas.com/…/37916098-26ce-d3d2-3711-39f1…

Pleno municipal meteórico en apenas 5 minutos

Apenas cinco minutos durou a sesión plenaria extraordinaria celebrada onte á noite pola corporación municipal de O Porriño. Nese intre a alcaldesa Eva Garcia tivo tempo para disculparse públicamente co voceiro municipal do PP polo acontecido no anterior pleno da corporación. E ademáis, debatiuse e votouse o único asunto da orde do día.

De tal xeito que a corporación municipal acordou desestimar as alegacións presentadas contra o expediente de crédito extraordinario 4/2019. As alegacións procedían de Urbano Gónzalez, cuñado do anterior alcalde do PP, Nelson Santos. Pero desestimaronse por unanimidade dos presentes (16 concelleiros por que faltou Manuel Carrera).

A continuación votouse a aprobación definitiva do crédito citado que respaldaron PSOE, EU SON y BNG con 8 votos namentres o PP abstivose o que permite aboar a empresa “Eulen” unha débeda de 470.000 € polo servizo da piscina municipal, reclamada a través de sentenza xudicial.

O Porriño acollerá o Campeonato de Galicia de Ciclo Cross en todas as categorías que reunirá 400 participantes

Un circuito de 2,5 kilómetros, habilitado no Velódromo do Porriño e na súa contorna, acollerá a celebración do Campeonato de Galicia de Ciclo Cross 2019 que terá lugar o domingo 29 de decembro. Disputaránse ó títulos autonómicos masculinos e femininos, en todas as categorías, desde cadetes ata master 60, cunha previsión de 400 participantes.
Este ano, as probas teñén valor engadido pois en xaneiro celebraráse en Pontevedra o Campeonato de España de Ciclo Cross de tal xeito que o test de Porriño servirá para que a Federación Galega de Ciclismo decida os seleccionables pola nosa comunidade autónoma.


No Porriño estarán o vindeiro 29 de decembro loitando polo título principal na categoría élite masculina e polo maillot coa bandeira de Galicia, os porriñeses Jorge Punzón, Luis Fernández Oliveira e Jacobo Ucha que terán ó monfortino Saúl Lopez coma o maior rival. Na categoría élite feminina, o título debería ser unha cuestión entre Diana Blanco, do club “Banbanzabike” e Chus Barros, do “Spol”
No acto de presentación, Begoña Carpinteiro, secretaria da Federación Galega de Ciclismo lembrou a “enorme tradición ciclista do Porriño que seuguen a manter viva os clubs locais cun enorme traballo de canteira e categorías bases. A representante da Federación ponderou a colaboración co club local “A.D.Avanza” na organización deportiva do Campeonato de Galicia que ten ó Concello do Porriño como patrocinador.
Precisamente en representación do Concello, David Alonso, concelleiro de Deportes manifestou a súa “satisfacción por contribuir desde o Concello ó apoio ó ciclismo que é emblema do noso concello”. O edil indicou que “o ciclismo ten unha longa tradición na nosa vila co traballo de clubs como o ‘Spol’ e Horacio Barros; de tantos ciclistas moi recoñecibles no pelotón nacional ata chegar ó A.D. Avanza que está a realizan un fenomenal traballo de base”.


Na presentación tamén participou o ex ciclista porriñés, Abel Maceira, entrenador do “A.D. Avanza” onde imparte a súa experiencia. O que fora campeón de España de ciclo cross no ano 1997 e antes obtivera o mesmo título en categorías inferiores, mostrouse esperanzado do papel que “varios e varias ciclistas porriñeses de categorías base do noso club van realizar neste Campeonato de Galicia”

O Banco de Alimentos “SOS PORRIÑO” iniciou o reparto entre familias en risco de exclusión social

Unha vez rematado o traballo de clasificación, selección e embalaxe, iniciouse esta tarde o reparto en lotes dos alimentos recollidos tanto na campaña #GivingTuesday como a través das doazóns efectúadas por diversas empresas radicadas en O Porriño.

O traballo centralizouse na sede do Banco de Alimentos “SOS Porriño” e contou coa aportación dunha duzia de voluntarios que anotaronse ó programa municipal de voluntariado que promovera a OMIX do Concello de O Porriño.

Noelia de la Fuente, responsable da OMIX e os concelleiros do goberno municipal, Lourdes Moure e David Alonso, consideran un “exitazo” a cantidade de productos non perecedoiros recollidos a través dos centros de ensino da vila que participaron no #GivingTuesday.
Por outra banda agradeceron a colaboración de diversas empresas radicadas no termo municipal como “CEAMSA”. Esta industria vencellada coas algas entregou cen lotes de productos navideños como se aprecia na imaxe na que aparece Jorge Trillo, director de recursos humans da empresa cos concelleiros David Alonso e Sergio Casal.

En vindeiros días chegaran o Banco de Alimentos “SOS Porriño” as aportacións doutras empresas radicadas na vila así como as achegas que se recollan a través da “San Silvestre Solidaria”, que terá lugar o 30 de decembro.

Pleno extra da Corporación e tres comisións informativas municipais convocadas para o mércores tarde

O pleno da Corporación local do Porriño desestimará presumiblemente mañá mércores as alegacións presentadas contra o expediente de crédito extraordinario 4/2019, a fin de garantir o pagamento a empresa “Eulen” de 470.000 €. Tratáse de aboar os servizos prestados pola devandita empresa polo servizo da piscina municipal, por recoñecemento de débeda por sentenza xudicial.

Este será o punto único da orde do día deste pleno extraordinario da corporación porriñesa, que se celebrará a partir das 19 horas.

Previamente convocaronse tres comisións informativas municipais que se celebrarán entre as 17 e as 18 horas. Son as comisións de Urbanismo; Economía e Fazenda e Servizos Sociais e Igualdade. Nesta última comisión informaráse a adxudicaxción definitiva do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) á epresa “Sociser Galicia”.     

 

Entregados os premios do sorteo de boletíns do “Pinchorriño 2019”

Na sede de “ACIPOR” tivo lugar a entrega dos premios ós gañadores do sorteo realizado entre  os 17.000 boletíns das persoas que participaron na recente edición do “Pinchorriño 2019”.

Os catro cheques compra por valor de 100 € cada un, corresponderon a María Luz Piedrahita, Jesús Martínez Vázquez e Mari Paz Acuña Lorenzo (os tres vecinos de Porriño) e Pelayo Alonso Rodríguez, de Mos. Os catro cheques son valederos ata o 17 de xaneiro e poden empregarse en compras no comercio local asociado a “ACIPOR” ou en calquera dos 36 establecementos de hostalaría que participaron no “Pinchorriño 2019”.

O premio de maior valor, unha cesta con productos gourmet doada polo establecemento “El Ultramarino” valorada en 150 € foi gañada por Andrea Pazos Gándara, veciña de Salvaterra do Miño.  

O “Pinchorriño” que ven de cumprir a decimocuarta edición pechouse cun “balanzo moi positivo con ó redor de 70.000 tapas vendidas durante os cinco fins de semana de novembro” segundo valoraron Sergio Casal, concelleiro de Comercio e a asociación patronal “ACIPOR”, organizadora do evento.