Nesta octava quenda do ciclo #Porriñodeportenacasa, hoxe ofrecemos o vídeo realizado por Adrián Sanmarcial, coordinador físico dos equipos da base do Porriño Industrial, que nos propón coidados para o tren inferior do corpo mediante dez exercicios.

Lembramos que o Concello, a través da Concellería de Deportes desarrolla dende o 17 de abril, este ciclo baixo o hashtag #Porriñodeportenacasa. Coa inestimable participación dos preparadores e técnicos dos diferentes clubs porriñeses, estamos a ofrecer diversas táboas e rutinas de exercicios de mantemento físico para diversos niveis e idades.

Nas sete entregas anteriores foron Ana Alonso, preparadora física do Balonmán Porriño , Xoel Souto, da U.D. Atios, Mary Artós e Ana Cristina Oya, do Club Patín, Pablo Alonso, colaborador do Porriño Baloncesto Base, e Pablo Sanromán, do Porriño Industrial os encargados de darnos diferentes pautas de mantemento físico.