Coa ocasión do Día das Letras Galegas, o Concello do Porriño, a través da Concellería de Cultura e Normalización Lingüística, quere animar a todas as nenas e nenos á participar no concurso “DEBUXA CELEBRANDO O DÍA DAS LETRAS GALEGAS”.

Todos aqueles debuxos publicados serán agasallados cun lote de libros.
Cada debuxo debe estar titulado e de temática relacionada co Día das Letras Galegas e co autor homenaxeado este ano, Ricardo Carballo Calero

Dadas as actuais circunstancias excepcionais que estamos a pasar e tendo en conta que neste momento os nenos e nenas están nas casas coas súas familias, “parécenos que esta é unha actividade que ao tempo que entretén, axuda ao coñecemento desta celebración tan significativa en Galicia”, segundo valorou Cami Moreira, concelleira de Cultura e Normalización Lingüística.

As bases de participación pódense consultar no seguinte enlace coa páxina web do departamento de Cultura do Concello.

Debuxa celebrando o Día das Letras Galegas