O Concello ofrece unha recepción á U.D. Atios polo seu histórico ascenso á Terceira División

A alcaldesa, Eva Garcia e o concelleiro de Deportes, David Alonso xunto con outros membros da corporación, ofrecerán mañá sábado, ás 20 horas, no consistorio, unha recepción en homenaxe á Unión Deportiva Atios polo seu histórico ascenso á Terceira División de fútbol.

A directiva, presidida por José Cebreiro, o cadro técnico encabezado polo adestrador principal, José Tizón e a plantilla de xogadores, a meirande parte xa renovados para a vindeira tempada 2020/2021 acudirán ao salón de sesión do Concello onde terá lugar o acto coas debidas pautas sanitarias e de distancia actualmente esixidas.

Despois do acto no Concello que será moi sinxelo, a comitiva realizará sendas ofrendas florais na Guía e Santa Baia, e finalmente, compartirán unha cea de confraternidade.

A U.D. Atios que xa conta con 51 anos de historia  acadou  o ascenso de Rexional Preferente á Terceira División como líder do seu grupo, despois de 26 xornadas de campionato que rematou de xeito abrupto pola pandemia e o estado de alarma.

Dáse a circunstancia de que por segundo ano consecutivo un club porriñés ascende á Terceira. Na tempada 2018/2019 foi o C.D. Pontellas que seguirá militando tamén na Terceira División. De feito, agardase coñecer como organizará a Federación esta categoría. Presumiblemente con dous grupos polo que tanto U.D. Atios coma C.D. Pontellas desexan que lles emparellen no mesmo para manter un derbi moi esperado.

A U.D. Atios celebrou en agosto do ano pasado as súas vodas de ouro cuhna serie de actos que incluiron un partido amistoso contra o Pontevedra CF no campo municipal “O Carballo”.

 

Terceiro concerto do ciclo “A praza non se apraza”

A Concellería de Cultura e Festas anuncia o terceiro concerto musical, sen público na rúa, do ciclo “A praza non se apraza”. Será este sábado 27, ás 22 horas e, de novo, a cargo do grupo “KAF”.  

A Concellería que dirixe Cami Moreira precisa que “trátase de amosar o agradecemento do Concello á veciñanza que fixo máis levadío o tempo de confinamento”. 

Os concertos ” A praza non se apraza” comezaron o pasado 13 de xuño cunha primeira actuación do grupo “KAF” e continuaron o pasado sábado coa actuación da pianista Ana Belén Rodríguez. 

Os zamoranos volverán ao mercado ambulante o vindeiro martes 30


O colectivo de vendedores zamoranos volverá montar os seus postos no mercado ambulante do Porriño que polo tanto recuperará a plena normalidade.

Despois dunha reunión solicitada polo colectivo na que expuxeron que o motivo fora un problema interno entre eles por desacordos cos emprazamentos dos postos, chegouse ao acordo de que o vindeiro martes 30 de xuño, volverán a instalarse.

Tres representantes do colectivo acompañados por Luis León Salazar entrevistáronse cos concelleiros Sergio Casal, responsable de Comercio, David Alonso, de Servizos Sociais e Lourdes Moure, de Seguridade.

Os voceiros do colectivo de ambulantes zamoranos amosaron plena disposición a colaborar co Concello nesta nova organización do mercado dos martes. Pola súa banda o concelleiro Sergio Casal agradeceu que o colectivo reconsiderase e volva ao mercado e reiterou que “a disposición do goberno municipal a manter vías de diálogo e entendemento con eles é permanente”.

O Concello detallará o programa de actos do Día do Orgullo LGTBIQ+ nunha comparecencia que terá lugar o vindeiro sábado

A Concellería de Igualdade e a Oficina de Información Municipal Xuvenil (OMIX) anuncian a celebración polo Concello do Porriño do “Día do Orgullo LGTBIQ+” durante esta fin de semana, baixo o lema “Un Porriño Trans-verso”.

Cami Moreira, responsable da Concellería explicou que “estamos moi orgullosas de que o Concello do Porriño se sume á celebración do Día do Orgullo LGTBIQ+ para que a igualdade de dereitos de todas e todos os cidadáns sexa cal fora a súa orientación afectiva e sexual ou identidade de xénero, sexa un compromiso de toda a sociedade”, segundo manifestou a concelleira de Igualdade.

Os actos comezarán este sábado 27, ás 12 horas, coa presentación do programa. A roda de prensa terá lugar no salón de plenos do Concello. Eva García, alcaldesa do Porriño presidirá a comparecencia que protagonizarán a concelleira Cami Moreira, o muralista “Doctoy” David Brey Vázquez e o poeta Samuel Merino.

Os actos de celebración do Día do Orgullo continuarán sábado e domingo con diversas actuacións artísticas e musicais que se anunciarán na antedita comparecencia.

Convocadas catro comisións informativas, preparatorias do pleno municipal do vindeiro martes 30

Mañá venres 26 están convocadas catro comisións informativas, preparatorias do pleno municipal que terá lugar o vindeiro martes 30. A sesión é a ordinaria de xuño que se adiou con motivo de que o mércores 24 fose festivo.

As comisións convocadas serán as de Economía, Urbanismo, Parques e Limpeza, e Seguridade que terán lugar entre as 17 e as 18 horas.

Entre os asuntos que se someterán á consideración dos grupos municipais figura a posible incorporación do Porriño ao Centro de Recollida de Animais (CAAN) dependente da Deputación Provincial e a modificación da ordenanza reguladora do estacionamento (Zona Azul).

Tamén levase a comisión para informar previamente cara ao pleno, a aprobación inicial do crédito extraordinario 2/2020 para recoñecemento extraxudicial de facturas de exercicios anteriores por un importe superior aos dous millóns de euros.

A nova distribución do mercado ambulante colleita boas críticas entre a veciñanza


Sergio Casal, concelleiro de Comercio manifestou estar “satisfeito do resultado e ambiente que lle da á vila” a nova organización de espazos do mercado ambulante dos martes que se celebrou hoxe, por primeira vez despois de cen días polo estado de alarma.

Tamén a alcaldesa Eva García resaltou que “a nova configuración do mercado dalle moita máis vida á zona peonil ao tempo que se respectan os protocolos sanitarios”. A alcaldesa, acompañada de Lourdes Moure, concelleira de Seguridade percorreu o mercado a mediodía para comprobar o resultado entre a veciñanza.

O mercado ocupa unha franxa de aproximadamente un quilómetro entre San Sebastián e a praza do Concello coa ocasión da estrea da nova distribución. Os postos colocaronse tan só nunha beirarrúa o que permite ter espazo dabondo para que os peons poidan circular gardando as distancias de seguridade e ao mesmo tempo respectar as terrazas dos bares e os escaparates do comercio establecido.

Cada posto ocupou un máximo de 6 metros lineais e gardaba unha unha distancia de 2 metros co seguinte. Os postos de venda de productos alimentarios e prantas instalaronse na rotonda de San Sebastián.

Finalmente, montaronse a meirande parte dos 128 postos de venda autorizados e sinalizados. Sen embargo, unha parte de vendedores, do colectivo xitano decidiron non montar os seus postos en desacordo coa orde de asignación dos mesmos.
Ao respecto, o concelleiro de Comercio manifestou que agarda que “ese sector de vendedores volva no Porriño”. Sergio Casal declarou que “lles pido que reflexionen e que comproben que a nova organización de espazos é do gusta da xente e que nos gustarían que todos estean no novo mercado ambulante dos martes”.

DCIM\100GOPRO\GOPR0285.JPG

A UNED valora a idoneidade do local proposto polo Concello para acoller a aula delegada

 

María Troncoso, directora e Laura Suárez, secretaría xeral do Centro Rexional da UNED en Pontevedra valoraron moi positivamente e ponderaron a idoneidade do local proposto polo Concello para establecer a aula delegada concedida ao Porriño.

As directivas da UNED reunironse hoxe con Eva García, alcaldesa e Lourdes Moure, concelleira de Educación, para tratar detalles da preparación do inmoble. Primeiro nunha reunión celebrada na Alcaldía e logo “in situ” no local, acompañados polo arquitecto Jesús Vieito, autor do proxecto e director da futura obra. A comitiva comprobou as características do inmoble de 260 metros cadrados adquirido na rúa Fernández López, nº 2 e trataron as especificacións que a UNED demanda para axeitar o inmoble ás exisencias requeribles para acoller os servizos docentes que se prestarán.

As directivas da Universidade a Distancia valoraron a ubicación do inmoble, as súas posibilidades e o feito de que estea ó carón do Centro Cultural Municipal e da Biblioteca que tamén visitaron.

A aula delegada para Porriño acollerá o curso de acceso á Universidade para maiores de 25 anos e tamén, como novidade, o curso de acceso senior, para maiores de 55 anos, segundo acordaron hoxe Concello e UNED.

As obras de axeitado do local para acoller as actividades educativas deberán acadar unha dotación económica no Orzamento Municipal, cunha previsión de gasto de 200.000 € aproximadamente.

Eva García de la Torre explicou que “a previsión é que as obras poidan acometerse no primeiro trimestre de 2021 para que a estrea da aula sexa no curso 2021/2022”.

A visita de hoxe está en consoancia coa vontade da UNED e do Concello do Porriño de materializar este proxecto. Lembramos que a finais de maio, o Centro Rexional da Universidade a Distancia de Pontevedra confirmou á alcaldesa Eva Garcia, a concesión ao Porriño desa aula delegada. A comunicación ratificou a concesión que xa databa de 2017 e eliminou as dúbidas que xurdiron debido a un cambio de persoas ao fronte dese Centro Rexional da UNED.

 

As fogueiras e cacharelas de San Xoán estarán prohíbidas no Porriño

O Concello do Porriño informa que as fogueiras e cacharelas de San Xoán estarán prohíbidas tanto en espazos públicos coma en fincas privadas na vindeira noite do 23 ao 24 de xuño. O motivo son as restriccións derivadas dos protocolos sanitarios pola pandemia do Covid-19.

O equipo de goberno municipal adoptou esta decisión en aplicación da normativa da Xunta de Galicia. En base á interpretación do decreto publicado no DOG o sábado 13 de xuño que estableceu que as festas, romerías e demais eventos populares non se reanudarán antes do 1 de xullo.

Protocolo, normas de uso e enlaces para reservar pistas de tenis e pádel

 

Por terceira semana consecutiva lembramos que hai respectar as normas e protocolo para o uso das pistas de tenis e pádel.

 Limítase a 1 hora como máximo a reserva de cada pista . Para evitar aglomeracións o deportista deberá chegar 5 minutos antes da súa hora de entrada. O tempo máximo de reserva é de 1 hora por parellas, non
por cada un dos xogadores.

 A reserva e abono do aluguer das pistas será de forma telemática, a través de enlace creado polo SERVIZO MUNICIPAL DE DEPORTES, aplicándose as taxas expostas na Ordenanza Municipal de Prezos no caso das pistas de padel.
 Respecta en todo momento os horarios e pista asignada.
 Recolle a chave de acceso no polideportivo municipal.
 Os vestiarios e as duchas permanecerán pechadas. Tan só permanecerá aberto un aseo (WC) por sexo no polideportivo municipal, no mesmo só estará permitido o acceso a unha soa persoa á vez.
 Recoméndase o uso de bólas novas e palas propias. Aconséllase utilizar o menor número de pelotas
posibles.
 Non está permitido cambiar de lado nos xogos impares.

Reserva de pistas.
Cada pista terá unha horaria/quenda de reserva, os cales poderanse visualizar a
través do seguinte enlace do SERVIZO MUNICIPAL DE DEPORTES.

Teléfonos de confirmación:
661 53 61 59 / 670 66 52 29 / 638 07 13 18.
Faga as súas consultas preferentemente por
WhatsApp.
Cando faga a solicitude CONFIRME TELEFONICAMENTE OU POR WHATSAPP

ENLACES PARA RESERVAS 

Luns 22 Xuño

Martes 23 Xuño

Mércores  24  Xuño

Xoves 25 Xuño

Venres 26 Xuño

 
 

https://forms.gle/fp9vSs8CFh5kRsig9

https://forms.gle/5Vtgyhj9xmFqVRN87

 

https://forms.gle/rc2P5Z7ZQmGN9CGh7

https://forms.gle/hydRsS6BaxjsYJN7A