A Concellería de Emprego realiza unha sondaxe entre empresas e autónomos para que definan as súas necesidades

O Concello está a realizar unha sondaxe entre empresas e autónomos porriñeses para coñecer as súas demandas de axuda para reiniciar a a súa actividade económica “e polo tanto para que poidamos definir que tipo de axudas pode prestar a administración municipal dentro das súas competencias”, manifestou David Alonso, concelleiro  responsable de Emprego.

Funcionarios de “Porremprego”, organismo que depende do Concello, realizan a partir de hoxe luns, as enquisas mediante chamadas telefónicas co fin de reunir información sobre o estado, as perspectivas e as necesidades das empresas e autónomos do Porriño ante a actual crise.

“Con isto o que pretendemos é que as medidas que poida adoptar o Concello para reactivar a economía local sexan dirixidas a resolver as necesidades que nos manifestan empresas e autónomos do Porriño”, engadiu David Alonso.

Toda a poboación do concello beneficiarase da plena mobilidade sen franxas horarias coa nova orde do Goberno

 

Toda a poboación do Porriño beneficiarase da plena mobilidade sen franxas horarias coa nova orde do Goberno que retira as limitacións para os núcleos de menos de 10.000 habitantes, segundo anunciou onte o presidente do Goberno Central.

Cando entre en vigor esta nova instrución, a mobilidade sen franxas horarias chegará tamén ao centro da vila, á parroquia do Porriño que ten unha poboación de 9.057 habitantes.

O centro da vila quedara ao marxe cando o pasado 8 de maio, elimináronse as franxas horarias para os habitantes de núcleos de menos de 5.000 persoas, medida que beneficiou a Torneiros, Atios, Pontellas, Budiño, Mosende, Chenlo e Cans, ademais do núcleo de Carracido.

A eliminación de franxas horarias para núcleos de menos de 10.000 habitantes entrará en vigor cando se publique no BOE unha orde ministerial do ministro de Sanidade que agárdase ao longo do día de hoxe, segundo a información que obra no Concello do Porriño e na Policía Local.

A Concellería de Cultura programou actividades diversas para celebrar O Día das Letras Galegas 2020 adicado a Carvalho Calero

A Concellería de Cultura e Normalización Lingüística do Concello do Porriño deseñou unha programación de celebración do Día das Letras Galegas, con propostas varias para públicos diversos, axeitada ás limitacións que impón o estado de alarma.


Un deles foi un concurso de debuxo infantil baixo o lema “Debuxa celebrando o Día das Letras Galegas”. Os traballos remitidos ata o pasado 10 de maio polos rapaces e rapazas participantes, xa están publicados na web do departamento de Cultura.

Debuxa celebrando o Día das Letras Galegas

Por outra banda, a Biblioteca Municipal sumouse á celebración do Día das Letras coa publicación nas súas redes sociais de sete post, un por día, que rematará o mesmo domingo 17, destacando os sete aspectos máis salientables de Carvalho Calero.


Outra das iniciativas da programación da Concellería de Cultura foi “Voces para Ricardo Carvalho Calero”, unha actividade de declamación. A través das voces de veciñas e veciños do Porriño e contorna, dáse a coñecer a obra deste autor. O resultado desta lectura plural pódese comprobar nun vídeo que tamén está colgado na web de Cultura.

Por último, a Concellería de Cultura e Normalización Lingüística proponnos un xogo de nivel de coñecemento sobre o autor homenaxeado este ano coa ocasión do Día das Letras Galegas que se celebrará o vindeiro domingo 17 de maio.
Trátase de comprobar canto se coñece de Ricardo Carvalho Calero e pódese facer en familia e cos amigos. A Concellería advirte que este xogo está optimizado para a súa execución en computadores ou tablets, mentres que en teléfonos móbiles ou smartphone poden aparecer algúns erros de visualización debido ao pequeno formato destes dispositivos.

O Concello traslada a través de UNICEF, as actuacións que están a realizarse para unha mellor atención á infancia neste estado de alarma

O Concello do Porriño, a través da Concellería de Educación e da Oficina Municipal de Información á Xuventude, participa dende o pasado martes e ata o vindeiro 2 de xuño, nun ciclo de seminarios “on line”, promovidos a nivel nacional por UNICEF. O obxectivo é mellorar a atención á infancia e á mocidade no contexto actual de crise pola pandemia do “Covid-19”.
Os gobernos locais expoñan as súas respectivas experiencias explicando como están a actuar para mitigar os efectos da crise económica nos sectores máis desfavorecidos.

“Porriño amosara aos restantes concellos participantes as súas actuacións para rachar coa fenda dixital entre alumnos perante a compra e reparto de 250 routers e tarxetas de conexión wifi entre os estudantes cúas familias carecían de conexión á Rede, así como o traballo que estamos a realizar no eido dos Servizos Sociais procurando alimentos para máis de 800 porriñeses, entre eles 311 menores”, subliñou Lourdes Moure, concelleira de Educación.


Perante este ciclo de seminarios preténdese reforzar a aprendizaxe colectiva e compartida entre Porriño e os demais gobernos locais de cidades vencelladas á rede de UNICEF. Os seminarios propoñen prácticas innovadoras para enfocar problemas de xénero, participación infantil e igualdade neste estado de alarma no que continuamos.

A Concellería de Cultura propón un xogo de nivel de coñecemento sobre Ricardo Carvalho Calero coa ocasion do Día das Letras Galegas

A Concellería de Cultura e Normalizaci´pon Lingüística do Concello do Porriño ven de anunciar un xogo de nivel de coñecemento sobre Ricardo Carvalho Calero, o autor homenaxeado este ano coa ocasión do Día das Letras Galegas que se celebrará o vindeiro domingo 17 de maio.

Trátase de que demostres os teus coñecementos, de achegar información sobre esta figura das letras galegas e que poidas comentalo coa túa familia e amigos.

A Concellería advirte que este xogo está optimizado para a súa execución en computadores ou tablets,
En teléfonos móbiles ou smartphone poden aparecer algúns erros de visualización debido ao pequeno formato destes dispositivos.

Deixamos o enlace para que vois animedes a xogar.

Máis de 800 porriñeses recibiron axuda alimentaria do Concello debido ao estado de alarma

O departamento de Servizos Sociais do Concello do Porriño realizou un resumo das axudas alimentarias se están a prestar, tanto para a adquisición de productos frescos e de primeira necesidade coma da entrega de lotes de conservas e outros productos non perecedoiros a través de “SOS Porriño”.

As cifras resultantes amosan a gravidade do impacto do estado de alarma e a inactividade económica na poboación do Porriño.

336 familias que agrupan a 847 porriñeses (536 adultos e 311 menores) recibiron axuda directa do Concello entre o 14 de marzo e ata o 30 de abril, para a adquisición de productos alimentarios frescos e de primeira necesidade.  Trátase do abastecemento realizado perante contratos do Concello coa firma distribuidora “Froiz”. Os receptores son familias cuias necesidades son previamente avaliadas plos técnicos do departamento de Servizos Sociais do Concello.

Esta acción extra do Concello de O Porriño que está a manterse neste mes de maio , complementa á axuda periódica que distribúe o Banco de Alimentos “SOS Porriño” que tamén medrou.

Actualmente 758 persoas do Porriño reciben productos do Banco de Alimentos, das que 555 persoas xa eran usuarias y 203 son novos solicitantes de axuda.

As doazóns de empresas e industrias da contorna ao Banco de Alimentos continúan nestas semanas de estado de alarma. Hoxe recibiuse unha achega de productos conxelados doados por “Nueva Pescanova”, como reflicten as imaxes adxuntas.

O goberno municipal acorda foemntar o consumo no comercio de proximidade e consensuará co resto dos grupos as posibles axudas


O goberno municipal do Porriño e os grupos políticos da Corporación continuarán “mantendo todas as reunións que sexan precisas ata establecer un acordo consensuado para determinar de que xeito o Concello do Porriño pode axudar ao reinicio da actividade económica local”, subliñou a alcaldesa Eva Garcia. A rexedora considerou “moi proveitosas” as reunións que onte á tarde mantivo o goberno municipal. Primeiramente cunha representación de diversos sectores da economía local. E logo cos voceiros dos grupos políticos da Corporación.

No primeiro encontro participaron representantes da Asociación de Comerciantes e Industriais de Porriño (ACIPOR); da Asociación de Hostalaría; praceiras do Mercado de Abastos, taxistas e autónomos. Expuxeron as dificultades que atopan e as necesidades que teñen para recuperar a actividade comercial, da hostalaría e doutros sectores. Eva García relatou que o goberno municipal explicoulles que o Concello pode darlles apoio mediante campañas de promoción do consumo local fomentando que se compre aquí”, dixo a alcaldesa.
Os representantes dos sectores económicos tamén solicitaron axudas directas que para reiniciar as súas actividades despois de dous meses de paralización. A alcaldesa explicoulles que dentro das competencias limitadas da administración municipal, “queremos consensuar con todos os grupos políticos da Corporación que modificacións orzamentarias poderíamos realizar para inxectar catos na economía local”.

Precisamente o goberno municipal mantivo onte unha reunión cos voceiros dos grupos municipais na que trasladaron as peticións dos sectores económicos e valoraron que tipo de medidas de apoio poderían acometerse polo Concello.
“Imos traballar para determinar as posibles modificacións necesarias do Orzamento Municipal e habilitar partidas para canalizar axudas”, manifestou Eva García.

Carracido tamén pódese beneficiar da norma que suprimiu as franxas horarias nos núcleos de menos de 5.000 habitantes


O Concello do Porriño quere aclarar que a norma que dende o pasado venres 8, por orde da Xunta de Galicia, eliminou as restricións de mobilidade por franxas horarias en núcleos separados de menos de 5.000 habitantes, TAMÉN É DE APLICACIÓN EN CARRACIDO.

A Concellería de Ordenación do Territorio que dirixe Pedro Pereira, fai esta aclaración ante as consultas xurdidas entre veciños de Carracido. Aínda que Carracido forme parte da parroquia de Santa María do Porriño, constitúe un núcleo diferenciado o que permite a aplicación da mesma norma que rexe para Torneiros, Atios, Budiño, Mosende, Chenlo, Pontellas e Cans.

En cambio no centro da vila, en Santa María do Porriño (centro urbano) SEGUEN AS RESTRICIÓNS POR FRANXAS HORARIAS E IDADES que están vixentes nesta fase 1 do Plan de Desescalada. que surpimiu

A Biblioteca Municipal aínda non abre

A Biblioteca Municipal do Porriño aínda non abre a pesar de que hoxe xa podería en aplicación da fase 1 do Plan de Desescalada.

“Desde a Concellería de Cultura informase que estamos acondicionando as instalacións segundo o publicado no BOE Núm.130 do sábado 9 de maio do 2020, polo que non se realizará a re-apertura da biblioteca, ata que sexa un espazo seguro de contaxio de Covid-19”, segundo explicou Cami Moreira, concelleira de Cultura.