A Axenda Urbana e Rural do Porriño articúlase ao redor de cinco eixos estratéxicos, que á súa vez integran 19 liñas de actuación, 47 medidas e 132 proxectos ou accións piloto, a implementar no curto, medio e longo prazo
A Axenda Urbana e Rural do Porriño articúlase ao redor de cinco eixos estratéxicos, que á súa vez integran 19 liñas de actuación, 47 medidas e 132 proxectos ou accións piloto, a implementar no curto, medio e longo prazo
A obra contará cun orzamento total de 157.086,58 euros, dos que a Diputación de Pontevedra financiará o 77%
Dous grandes ventanais deixarán entrar a luz natural no interior da praza ao tempo que proporcionan un maior illamento térmico e acústico.
A campaña desenvolverase ata o 16 de xullo e poderán participar as persoas que teñan tickets de compra ou consumo nos establecementos asociados a ACIPOR.
Cun orzamento base de 1.140.709,52 nesta primeira fase, crearase un gran espazo público para dar prioridade á mobilidade peonil e ás zonas verdes.
ACIPOR, en colaboración co Concello do Porriño e a Xunta de Galicia, organizan esta campaña do 1 ao 20 de xuño con 265 premios ocultos en rascas.
A participación foi a través de mesas de traballo de técnicos municipais, grupos políticos, axentes sociais e económicos, e unha enquisa entre a cidadanía
A inscrición para participar no evento, que se celebrará o 6 de outubro, pode formalizarse na plataforma EMESPOSRTS.ES ata o 2 de outubro
Os comeciantes do Porriño adiantan as celebracións do Día da Nai cunha divertida acción para que a veciñanza participe e entre no sorteo de varias tarxetas regalo.
Dende hoxe, 25 de abril, ata o vindeiro 5 de maio haberá instalados tres photocalls en horario comercial na praza do arquitecto Antonio Palacios, e nas rúas Antonio Palacios e San Benito. As persoas que queiran participar no sorteo de tres tarxetas regalo de 50 euros para gastar nos comercios locais asociados, terán que sacarse unha foto no photocall e subila os seus perfís de Facebook ou Instagram e etiquetar a CCA Morea. O sorteo realizarase o 8 de maio.
Noelia Conde, xerente de ACIPOR, salienta que “dada a gran acollida da campaña similar para o Día do Pai, queríamos repetir e darlle agora o protagonismo as nais no seu día. Unha campaña na que poda participar todo o mundo e sexa divertido para os cativos e cativas, que son unha parte moi importante da clientela dos comercios do Porriño”. Noelia anima á participación recordando que “non hai límite de fotos por persoa, cantas máis fotos subidas, máis opcións hai de gañar!”.
Un convite ao que se sumaron o alcalde, Alejandro Lorenzo, e a concelleira de Comercio, Rosa Isabel Alonso, agradecendo ademais a Acipor as súas iniciativas de dinaminación do comercio local.