Eva Garcia anuncia que a adxudicataria do contrato de recollida de lixo comezará a traballar en xaneiro

Eva García recibiu na Alcaldía a Francisco Alonso, representante da empresa “SCG Servizos dos Concellos Galegos”, empresa adxudicataria da recente licitación do contrato de recollida de lixo. Así mesmo, “SCG” encargarase da recollida selectiva e da xestión do Punto Limpo. 

Despois da entrevista, a alcaldesa indicou que o contrato se formalizará nos próximos días, aínda que a concesionaria comezará a funcionar o 1 de xaneiro de 2022.

“Fai se pensando en cuestións de xestión. Entre outras razóns para non gravar aos traballadores que actualmente prestan ese servizo noutra empresa e que loxicamente serán subrogados, para evitar o prexuízo que suporía ter dous pagadores en 2021 a efectos fiscais. E por outra banda, as empresas que actualmente prestan estes servizos terán marxe ata fin de ano para liquidar todas as obrigas cos seus traballadores en materia de vacacións e outras”, aclarou Eva García de la Torre.

A alcaldesa lembrou que “é a primeira vez na historia do Concello de Porriño que se licita a xestión destes servizos, a través dunha mesa de contratación”. 

Declaracións de Eva García

Novos contedores para o aceite usado nas parroquias e no centro

 
A Concellería de Medio Ambiente informa que comezou a instalación dos novos contedores de aceite usado que se distribuen en todas ás parroquias e no centro da vila.
 
O Concello procedeu a instalación destes contedores para a recollida de aceites vexetais usados domésticos, distribuídos polas parroquias de Atios (2 unidades), Budiño (3 unidades), Cans (1), Chenlo (1), Mosende (1), Pontellas (1), Torneiros (3) e Santa María de Porriño (11), ademais de un contedor no Punto Limpo municipal.
 
A xestión integral do residuo correrá a cargo dunha empresa externa especializada no sector. No convenio establecido coa empresa, inclúese a opción de adhesión por parte dos locais de hostalaría, colectividades e restauración para a xestión dos seus aceites vexetais usados domésticos.
 
Con esta acción o Concello de Porriño da cumprimento ao estipulado no novo marco legal autonómico sobre este fluxo residual e afonda na circularidade da súa xestión, xa que evita o seu vertido a rede de saneamento ou a súa mestura con outros residuos e facilita a súa recuperación para ser reutilizado.
 

Convocadas catro comisións informativas, preparatorias do próximo pleno municipal ordinario

Este mércores 22 convocáronse catro comisións informativas. Trátase das comisións municipais de Urbanismo; Limpeza; Economía, e de Contas, a celebrarse entre as 18:00 e as 19:00 horas.

Prepararán os asuntos do próximo pleno ordinario de setembro que terá lugar o día 29, ás 18:00 horas.
Adxuntamos en “pdf” as convocatorias e as axendas das catro comisións.

Comisión de Contas setembro 2021

Comisión de Economia setembro 2021

Comisión de Limpeza setembro 2021

Comisión de Urbanismo septiembre 2021

Pleno municipal ordinario de xuño: a corporación coñecerá a oferta de “Servicios dos Concellos Galegos S.L” para facerse co contrato de recollida de lixo ao que renunciou “Valoriza”


Esta tarde, a corporación local do Porriño coñecerá a proposta da mesa de contratación para outorgar o contrato de recollida, transporte e tratamento de lixo e residuos e xestión do Punto Limpo do Concello á firma “Servicios dos Concellos Galegos S.L.”. Un contrato dun custe de 1.300.000 euros por ano e cunha duración de nove anualidades (8+1), ao que renunciou a empresa “Valoriza Servicios Medioambientales S.A.” que fora a mellor valorada na licitación convocada polo Concello.


Sen embargo, “Valoriza” ven de presentar o seu desistimento polo que a mesa de contratación propón á segunda empresa con mellor puntuación que resultou ser “Servicios do Concellos Galegos S.L.”.
O asunto ten que ter o preceptivo ditame da Comisión Municipal Informativa de Medio Ambiente e Limpeza que está convocada de urxencia ás 17,45 horas desta tarde, é dicir, quince minutos antes da hora na que está convocado o pleno da Corporación.

Deixamos “pdf” coa orde do día da sesión

DECRETO 2021-1455 [Decreto da convocatoria] (2)

Hoxe celebrase pleno municipal ordinario de maio

A aprobación definitiva do contrato coa empresa “Soom Management”, nova concesionaria da Piscina Municipal do Porriño é un dos asuntos que se tratarán no pleno municipal ordinario que celebrará esta tarde a corporación local, a partir das 18 horas.

A aprobación provisoria desa adxudicación decidiuse en marzo e hoxe vai para a súa ratificación. No seu día aceptouse a proposta realizada pola mesa de contratación para adxudicar á firma “Soom Management” que foi a plica mellor valorada, cunha oferta anual de 508.000 € e o compromiso de subrogar ao persoal actual de 24 traballadores desa instalación deportiva.

Tamén os corporativos coñeceran a proposta da mesa de adxudicación da licitación do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos e xestión do “Punto Limpo” do Concello, en favor da empresa “Valoriza Servizos Medio Ambientais”. 

Ademais o temario da sesión inclúe media ducia de mocións que se especifican na orde do día que se adxunta no seguinte “pdf”. 

Pleno Mayo 2021

 

 

 

Convocadas comisións informativas municipais que prepararán o vindeiro pleno corporativo

A aprobación definitiva do contrato coa nova concesionaria da Piscina Municipal do Porriño é un dos asuntos que se tratarán nas comisións informativas que se celebrarán este venres 21, preparando o vindeiro pleno ordinario da Corporación que terá lugar o mércores 26. 

A aprobación provisoria desa adxudicación decidíuse en marzo e agora levase a pleno para a súa ratificación. O goberno municipal acadou a aprobación plenaria e, polo tanto, aceptouse a proposta realizada pola mesa de contratación para adxudicar á firma “Soom Management”, a explotación da Piscina Municipal.  Esta empresa, que actualmente leva as piscinas municipais de Marín, Boiro e Cangas, foi a plica máis valorada, cunha oferta anual de 508.000 € e adquire o compromiso de subrogar ao persoal actual, de 24 traballadores, desa instalación deportiva.

Adxuntamos documento “pdf” coas convocatorias e temarios das catro comisións municipais informativas que se celebrarán. 

1118_001

Sergio Casal recolleu o galardón ao Concello do Porriño pola súa achega á campaña “Recicla e únte ao reto” de “Ecoembes”

– O premio de 2.000€ será doado á asociación de apoio a persoas con diversidade intelectual “Aceesca”

 

Sergio Casal, concelleiro de Medio Ambiente e Limpeza recolleu en representación do Concello do Porriño, o galardón outorgado pola achega á campaña de recollida de plásticos, latas e briks, consistente nun premio de 2.000 € que se doarán á asociación de apoio a persoas con diversidade intelectual “Aceesca”.

O acto de entrega tivo lugar este mediodía en Sanxenxo, coa asistencia de Angeles Vázquez, conselleira de Medio Ambiente da Xunta de Galicia e directivos da entidade “Ecoembes”. Sergio Casal agaredeceu, no nome da veciñanza porriñesa “que foi quen de colaborar na campaña de recollida destes residuos para a súa reciclaxe. Este premio é mérito de todos eles e será unha honra destinalo á asociación Aceesca, como xa acordaramos”, manifestou o concelleiro.

Na súa breve intervención, Casal Quintas puxo a nota de humor ante os presentes. A diferencia doutros representantes de concellos tamén galardoados que reivindicaron as súas prais e as bandeiras azuis recibidas, o concelleiro de Medio Ambiente lembrou que “nós en Porrriño, a falta de praias temos un pan excepcional e uns callos maravillosos para vir a comer despois dun día na praia”.

O Porriño é un dos concellos galardoados pola Xunta e “Ecoembes” pola súa achega á campaña de recollida de plásticos, latas e briks, “Recicla e únete ao reto!”. A campaña, desenvolvida simultaneamente en quince concellos galegos, consistiu en que todos eles asumiron o reto de superar, cando menos, nun 10% as achegas ao contedor amarelo durante os meses de febreiro, marzo e abril deste ano.

Coa ocasión deste reto, na praza Arquitecto Antonio Palacios colocouse en marzo un contedor amarelo xigante como reclamo da campaña aprendéndolle á cidadanía como separar correctamente os residuos. Tratase de incrementar a conciencia de reciclaxe e afianzar o hábito continuado entre a poboación.

O Concello galardoado pola Xunta e “Ecoembes” pola súa achega á campaña “Recicla e únete ao reto”

O premio de 2.000€ será doado á asociación de apoio a persoas con diversidade intelectual “Aceesca”

O Porriño é un dos concellos galardoados pola Xunta de Galicia e “Ecoembes” pola súa achega á campaña de recollida de plásticos, latas e briks, “Recicla e únete ao reto!”. A campaña, desenvolvida simultaneamente en quince concellos galegos, consistiu en que todos eles asumiron o reto de superar, cando menos, nun 10% as achegas ao contedor amarelo durante os meses de febreiro, marzo e abril deste ano.

Coa ocasión deste reto, na praza do Concello colocouse en marzo un contedor amarelo xigante como reclamo da campaña aprendéndolle á cidadanía como separar correctamente os residuos. Tratase de incrementar a conciencia de reciclaxe e afianzar o hábito continuado entre a poboación.

O Porriño recibirá un premio económico dotado con 2.000 € para doar a una causa social. Por acordo do goberno municipal eses cartos dóanse á asociación de apoio a persoas con diversidade intelectual “Aceesca”.

Sergio Casal, concelleiro de Medio Ambiente e Limpeza será o encargado de recoller o premio, en representación do Concello do Porriño, no acto de entrega que terá lugar este venres 14, ás 12:00 h. na Praza dos Barcos de Sanxenxo, presidido por Angeles Vázquez, titular da Conselleira de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

Despregue da Policía Local e dos servizos de limpeza nos cemiterios coa ocasión do Día de Todos os Santos

Axentes da Policía Local encargáronse de vixiar o cumprimento da normativa autonómica nas visitas aos cemiterios da vila coa ocasión do Día de Todos os Santos


A mediodía, Lourdes Moure, concelleira de Seguridade comprobou o desenvolvemento do operativo acudindo a varios cemiterios, tanto no municipal como en diferentes parroquias. Segundo indicou a concelleira “o comportamento da veciñanza está sendo moi axeitado, evitando aglomeracións e colaborando cos protocolos”.


Deste xeito deuse cumprimento ao protocolo anti-Covid promulgado o pasado día 22 pola Dirección Xeral de Saúde Pública da Xunta de Galicia que limitaba a catro persoas do mesmo grupo familiar e a 30 minutos de duración, as visitas aos cemiterios. O mesmo protocolo instaba aos Concellos a tomar as medidas necesarias para garantir o cumprimento destas normas.

Paralelamente, outro departamento do goberno municipal, a Concellería de Limpeza que dirixe Sergio Casal despregou hoxe unha brigada de seis persoas que se encargaron de realizar desinfeccións periódicas nos accesos e zonas comúns dos distintos cemiterios ao longo do día.

O Concello comeza a realizar as desinfeccións diarias nos colexios e garderías públicas que corresponderían á Xunta de Galicia


O Concello do Porriño comeza a partir de hoxe xoves, 1 de outubro, a realizar as desinfeccións diarias dos colexios públicos e das dúas escolas infantís segundo os protocolos anti-covid. Trátase dunha competencia impropia que o Concello realiza pero que non lle corresponde. De xeito que, como outros concellos limítrofes (Gondomar ou Nigrán), realizase polo axuntamento que despois facturará os gastos á Xunta de Galicia que é a administración que ten esa competencia.

A Concellería de Educación que dirixe Lourdes Moure decidiu asumir esas tarefas de desinfección “xa que ante todo, os nenos e nenas son porriñeses e o Concello non vai permitir que estean en situacións de risco”, manifestou.

A tal fin, realizouse un contrato menor para que unha empresa, “Limpezas Cíes”, faga a diario esas desinfeccións nas zonas comúns dos colexios públicos e da escola unitaria de Mosende así como nas “Galiñas Azuis” de Torneiros e rúa Doantes de Sangue.

A vixencia do contrato é ata mediados de decembro, ata que comecen as vacacións de Nadal nos centros de ensino.