O número de parados volve a baixar no Porriño e en xaneiro deste 2017

O número de parados volve a baixar no Porriño e en xaneiro deste 2017 había traballando na vila 272 persoas máis que hai un ano

O número de parados descendeu o mes pasado no Porriño en 11 persoas, segundo os datos difundidos este xoves polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social. Dacordo cos mesmos, na vila hai 1.833 desempregados menos anotados na oficina do Servizo Galego de Emprego.

Isto supón que dende o mes de xaneiro de 2016 o paro baixou no Porriño en 272 persoas, pasando do 24,28 ao 21% nun ano, un descenso de preto dun 3,5% nos pasados doce meses, cando había 2.105 veciños que estaban na procura de traballo.

O Porriño é un dos tres concellos da Área Metropolitana de Vigo nos que baixou o paro que, medrou na mesma en 861 persoas, pasando de 37.497 a 38.358. Ademais os datos do concello contrastan cos da provincia de Pontevedra, onde o desemprego sube en 2.242 persoas, cos de Galicia, no que xaneiro rematou con 6.164 desempregados máis, un incremento de preto do 3% en relación co mes de decembro, e cos do conxunto de España, onde 57.257 persoas perderon o seu emprego o mes pasado.

Dacordo cos datos oficiais sobre a evolución do paro, dende que actual Goberno local tomara posesión, o paro en O Porriño reduciuse en 306 persoas, pasando de 2.139 desempregados en xuño de 2015 a 1.833 este mes de xaneiro.
A alcaldesa aínda que amosa a súa satisfacción pola baixada do desemprego na vila, prefire optar pola precaución e insistir que a creación de emprego é “a principal preocupación e o primeiro obxectivo do Goberno local”.

Eva García de la Torre reitera que hai que seguir incrementando o esforzo para impulsar a formación, a cooperación coas empresas radicadas na vila e “axudar, apoiar e favorecer a actividade económica no Porriño, tanto no eido industrial, nos servizos e no comercio local que son o cerne e a base da creación de emprego no concello”.

O Porriño recibirá en 2017 do “Plan Concellos”, da Deputación de Pontevedra, 1.052.165 €

A Deputación de Pontevedra achegará este ano 2017 un 3,76% máis de recursos ao Concello do Porriño no marco do “Plan Concellos”. Deste xeito, este municipio da comarca viguesa recibirá un total de 1.052.165,16 €, 38.161,80 euros máis que en 2016, ano no que xa tivo un 33,8% de incremento respecto do 2015 (o que se traduciu en 256.078,46 € máis). Á marxe do Plan Concellos, O Porriño recibirá este ano outras axudas e subvencións, enmarcadas nas diferentes áreas de actividade da Deputación de Pontevedra, ás que o Concello poderá concorrer.

Investimentos totais durante 2016

Durante o ano 2016 a Deputación de Pontevedra destinou ao Porriño un total de 1.579.977,73 euros, dos cales 1.014.003,36 € correspondéronse co “Plan Concellos 2016”. Ademais, a institución provincial investiu121.269,52 € en mobilidade, 99.819,19 € en cohesión social e xuventude, 34.270,50 € en cultura e lingua, 153.166,08€ para o fomento do emprego, 63.947 €para o impulso do deporte e outros 4.889,35 € para a igualdade entre mulleres e homes.

En materia de cooperación, O Porriño tamén recibiu 30.221,93 € no marco do PICEI 2016 para a mellora das instalacións do campo de fútbol do Carballo U.D. Atios-O Porriño.

No que se refire ao “Plan Concellos”, a través da liña 1, investíronse 746.814,09€ para a rede de saneamento en Alvarín, acondicionamento de local para arquivo municipal, saneamento na Pereira e O Contrasto (Torneiros), renovación de instalacións de iluminación exterior, mellora das instalacións deportivas do C.F. Atios e colector de saneamento no lugar da Igrexa (Pontellas). Ademais, 38.000 € en liña 3 destinados á Escola Municipal de Música e a apoio e reforzo escolar a menores en desvantaxe e,grazas á liña 4,creáronse30postos de traballo nos servizos municipais, cun investimento de 228.150,60€.

Á marxe do “Plan Concellos 2016”,O Porriño recibiu34.270,50 € para o fomento da cultura e a lingua, con 23actuacións do Pontegal e do Ano Castelao, así como coas axudas á rehabilitación e sinalización do patrimonio histórico-culturale as axudas á dinamización lingüística. Tamén se destinaron 99.819,19€ para cohesión social e xuventude, ben a través dos servizos sociaiscomunitarios e especializados, as axudas básicas de emerxencia e o servizo de teleasistencia domiciliaria (con 31 usuarios e usuarias)ou ben mediante os programas“En Ruta coa Depo”, “DepoTermal”, “Tecendo lazos”, “Depo en Marcha”, “DepoRúarte” e“Depo Aventura A Lanzada”, no que participaron37 nenas e nenos do concello.

Do mesmo xeito, O Porriño recibiu63.947 € para o deporte federado de base, a Copa de fútbol Deputación de Pontevedrae diversas actividades deportivas, así como 40.091,52 € destinados ao fomento do emprego a través dos Plans de Práctica Laboral, que están a permitir que catropersoas poidan desenvolver a súa primeira experiencia laboral no Concello do Porriño. Tamén se achegaron 4.889,35€ para o fomento da igualdade a través do programa “Conectadas 2016” e as axudas aos concellos de menos de 20.000 habitantes para o fomento da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes e a prevención da violencia machista eoutros121.269,52€ en materia de mobilidade, en concreto para o “Plan Móvese” e as obras de sinalización horizontal nos viarios provinciais.