O Concello festexa coa cativada a terceira edición da pre festa que quenta motores para Porrigalia os días 12, 13 e 14 de xullo
O Concello festexa coa cativada a terceira edición da pre festa que quenta motores para Porrigalia os días 12, 13 e 14 de xullo
Escolares e profesorado dos centros educativos do Porriño viviron evacuacións realistas nos seus centros, guiados pola Policía Local. Soamente os directores/as dos centros estaban ao corrente destes simulacros, para que a experiencia fose o máis real posible.
Deste xeito, a Policía Local xunto con Protección Civil, simulou incendios con máquinas de fume estratéxicamente colocadas no interior dos centros para que se activaran tódolos protocolos de seguridade e evacuación. Incluso se contaba coa colaboración dos directores dos centros para `agochar´ algún neno/a nalgunha estancia e traballar a resposta nos profesores encargados, coa finalidade de comprobar si se cumpren os protocolos de evacuación e de afianzalos, tanto nos alumnos/as, coma nos mestres e resto de traballadores dos centros.
Nesta ocasión os centros nos que se fixeron os simulacros de evacuación foron o CEIPP Antonio Palacios, CEIPP da Ribeira, CPR Santo Tomás, CEIP Cruz Budiño, CPR Hermanos Quiroga e CEIPP Atios. O CEIPP Fernández López xa levara a cabo o simulacro no primeiro trimestre.
Estes teñen o obxectivo, polo tanto, de valorar a metodoloxía cun caso práctico realista: se a evacuación se desempeña no tempo e na forma adecuada, se reúnen no punto de encontro acordado e se os responsables comproban que están a salvo tódalas persoas baixo a súa responsabilidade.
Daniel Rodríguez, Inspector Principal Xefe da Policía Local do Porriño aclara que “esta é a metodoloxía de traballo idónea para fomentar os planes de autoprotección e, tanto o alumnado e o profesorado, teñan interiorizado unha evacuación nunha situación real”.
Pola súa banda, a Concelleira de Educación, Carolina González apunta que “dende o Concello, en colaboración cos centros educativos do Porriño, realizamos estos simulacros tratando de ser o máis reais posibles e nunha situación de risco, tal e como aparecen recollidos nos plans de evacuación dos propios centros. Trataremos de levalos a cabo todos os anos para que estean preparados en caso de que se presente unha situación na que teñan que evacuar o edificio”.
Abel Estévez, Concelleiro de Seguridade engade que “é moi importante que este tipo de normas de seguridade e protocolos de evacuación se aprendan e interioricen, especialmente na rapazada, para que as poidan aplicar sen dubidar en caso de situación de risco”. O alcalde, Alejandro Lorenzo, concluíu destacando a importancia de “enfrentarse a determinadas situacións de emerxencia para poder detectar posibles fallos na resposta e poder actuar con dilixencia e efectividade no caso de incendio real” e agradeceu “o traballo da Policía Local e Protección Civil que se implica especialmente nestas actividades e tamén da comunidade educativa”.
Aberto xa o prazo de inscrición, haberá cursos de mañá e cursos de tarde para facilitar o acceso de todas a persoas interesadas
Máis pistas deportivas, un auditorio e unha piscina para o verán son as tres propostas dos estudantes para o alcalde.
Pregoeira, madriña e presidenta do I Xurado Científico de Acienciacerta, que completan a farmacéutica Celia Diz e o enxeñeiro industrial, Julio Sánchez
Na celebración homenaxeouse aos fundadores e manifestouse o desexo de seguir medrando xuntos.
A feira openscience desenvolverase os días 6, 7 e 8 de xuño e nesta primeira edición mergullarase no mundo da Intelixencia Artificial.
A actividade, organizada polas bibliotecas dos centros escolares en colaboración co Concello do Porriño, desenvolveuse no parque Alba
178 alumnos/as dos centros educativos do municipio viven estes días o seu Bautismo de Surf organizado polo Concello do Porriño
A concellería de Educación e Normalización Lingüística e a OMIX do Concello do Porriño continúa apostando por proxectos innovadores para difundir a lingua e cultura galegas entre a nosa comunidade educativa.
Tras o éxito das pasadas edicións, a celebración da III Xuntanza Literaria dará lugar a unha xornada de convivencia e fomento e animación á lectura, favorecendo a inclusión coa participación dos centros educativos do Porriño, ACEESCA, o Centro de Día de Torneiros e a Asociación AFAGA. Intentaremos facelo dun xeito lúdico e utilizando a contorna natural que nos ofrece a parroquia de Torneiros.
O programa para este día está organizado polos/as coordinadores/as das bibliotecas dos centros escolares, coas que o Concello do Porriño colabora.
Os centros participantes nesta III Xuntanza Literaria son o CPR Santo Tomás, IES Pino Manso, Aceesca, CEIPP Fernández López, CPR Hermanos Quiroga, CEIPP Antonio Palacios, IES Ribeira do Louro, CEIP da Cruz-Budiño, CEIPP de Atios, o Centro de Día de Torneiros, a Asociación Afaga e o CEIPP da Ribeira.
O alumnado distribuirase por grupos nos que, ademais da lectura individual, compartirán lecturas grupais de fragmentos de obras galegas. Estas expresións literarias reforzaranse tamén, coa música (outra forma de expresión literaria) que serve para expresar determinados sentimentos e emocións dunha forma máis lúdica e divertida.
Será da man, outro ano máis, de Xoán Curiel, con dous artistas máis en escena, que ofrecerán un concerto interactivo de 50 minutos ao estilo dunha representación teatral; no que pequenos, mozos e maiores, non serán simples espectadores/as senón que participarán desta actividade lúdica e cultural mediante coros e xogos e sempre empregando a lingua galega como ferramenta de traballo.