A OMIX do Concello do Porriño organiza o vindeiro 25 e 26 de febreiro do 2019 en horario ininterrompido de 11 da mañá a 8 da tarde, a actividade ‘QUEROeco’ –Cultura Urbana co Medio Ambiente- enmarcada dentro do programa de actividades de apoio, para a posta en marcha do Plan de Infancia e Adolescencia do Porriño.
Nesta actividade participarán ao redor de 80 alumnos dos centros de educación secundaria do noso concello que cursan ensinanzas de FP, Bacharelato e último curso da ESO.
Dita actividade terá lugar en diferentes puntos de Galicia (en 7 Concellos) en contornas rurais e urbanas.Para a realización de dita actividade no Porriño, utilizáranse como mural un lateral do Pavillón do CEIP Fernández López.
‘QUEROeco’, é unha experiencia innovadora que pretende achegar á xuventude, diferentes mensaxes positivas sobre o coidado do medio ambiente, propoñendo alternativas de lecer respectuosas co medio natural (Cultura Urbana), baixo unha metodoloxía que promove prácticas inclusivas e responsables para a ocupación do tempo de lecer.
Neste proxecto se levará a cabo a elaboración dun Mural Artístico Ecolóxico Colectivo (utilizando pintura foto-catalítica antipolución) de 12 m2 con temática ecolóxica. Esta actividade permite que mozas e mozos de 12 ou máis anos, dos centros de ensino do Porriño, poidan colaborar na realización dunha parte do mural.
Ademais farase a gravación dun documental do proxecto con imaxes do proceso de realización do mural, a súa preparación, entrevista ao artista e aos promotores do proxecto , aos veciños e participantes.
Por último haberá un portal web, ao que poderase acceder escaneando un código QR que estará pintado sobre o mural. Na web vaise pendurar o documental do proxecto, fotografías e información sobre a iniciativa e sobre como funciona a pintura antipolución.
Obxectivos
O primeiro deles é o de implantar actividades alternativas (Cultura Urbana) dirixidas á xuventude en novos espazos para aproveitar os recursos e infraestruturas existentes. Aplicación da metodoloxía das 3 “R” (re-utilizar, reducir e reciclar).
En segundo lugar, alimentar a capacidade artístico-experesiva innata da mocidade a través da súa participación activa nas actividades programadas.
Finalmente, crear ambientes inclusivos que faciliten a expresión creativa individual e colectiva, dando a coñecer proxectos de ocio que promovan a responsabilidade no coidado do medio natural.

Tratouse dunha boa oportunidade para que os representantes no consello municipal de infancia do noso municipio, recoñecido recentemente como Cidade Amiga da Infancia por UNICEF, se achegasen ao espazo no que se toman as decisións sobre as políticas autonómicas, a para que a súa voz fose escoitada mais alá do eido local.
Para esta ocasión a representación do Porriño recaeu en Noa Vázquez Ojea e David Alonso Pérez que como voceiros do CEIP de Atios foron escollidos por sorteo entre os participantes no Pleno Infantil do pasado mes de abril, que estiveron acompañados pola concelleira de Educación e Xuventude Lourdes Moure Varela, ademais de por Noelia de la Fuente Pérez, da OMIX do Concello do Porriño, e do director do seu centro educativo, Roberto Devesa Fernández.
A participación neste foro, xunto co Pleno Infantil, previsto para o próximo día 20 de novembro, no Concello, supoñen unha nova oportunidade para dar relevancia á infancia na axenda pública, reafirmar a vixencia da Convención sobre os Dereitos da infancia e poñer a mirada nos cambios necesarios para que o seu contido sexa realidade para todos os nenos e nenas do Porriño.


O Consello Municipal de Infancia do Porriño, órgano que representa a tódolos nenos, nenas e adolescentes da vila, acordara no seu último Pleno, entre outras iniciativas, a realización do “Pinchonen@” con produtos saudables e “non tan saudables” durante as datas 14 e 15 do mes de setembro, coincidindo coa antesala das Festas do Cristo.
Miri, de Masterchef5, a cociñeira Inés Carcacía e Noemí finalista de La Voz Kids
Mañá, sábado, día 15, as actividades empezarán ao mediodía cun ‘Obradoiro de chocolates e galletas’, coa famosa cociñeira e blogueira Inés Caracía; ás 6 da tarde un Show Cooking, impartido por Miri e as 9 da noite Photocall, todo coa participación de Noemí Fernández.
As persoas interesadas en seguir case en directo as actividades e o minuto a minuto deste ‘Pinchonen@’ poden facelo entrando no seu perfil de Facebook, creado para esta ocasión,
Eva García de la Torre, que estivo acompañada pola concelleira de Educación, Lourdes Moure, comprobou que as obras abrangueron a retirada do perpiaño superior do inmoble, a colocación de novas baixantes, a reparación da caneta posterior e do comedor; a demolición de varios tabiques; a eliminación das filtracións de auga; arranxo oe muro de contención do xardín de xogos; substitución do pavimento; colocación dun novo pechamento metálico na entrada; amaño do xardín e o céspede; substitución dos zócolos; reparación de xogos, elementos e bambáns; pintado das varandas, selado de fiestras ou a limpeza das fachadas cun tratamento de auga a presión.
A alcaldesa subliñou que a reforma, recuperación e reparación desta gardería era unha demanda “xusta”, longamente solicitada polas veciñas e veciños, país e nais e os responsábeis do centro, “e un compromiso meu, persoal, con eles”, indicou, afirmando que seguirá a demandar ao Goberno de Galicia a creación dunha nova gardería no Porriño, 
Os traballos, que comezaron a semana pasada, estarán rematados a finais deste mes de agosto e abranguen a retirada do perpiaño superior do inmoble, a colocación de novas baixantes, a reparación da caneta posterior e do comedor, coa demolición de varios tabiques; a eliminación das filtracións de auga; arranxo de muro de contención do xardín de xogos, substitución do pavimento; reconstrución do cadro eléctrico; colocación dun novo pechamento metálico na entrada ou arranxo xeral do mobiliario, xogos, elementos e bambáns.
A reforma, recuperación e reparación da Galiña Azul en Torneiros, non só era unha demanda longamente solicitada polas veciñas e veciños e responsábeis do centro, senón un dos compromisos da alcaldesa, Eva García de la Torre que, de novo, pide á Xunta a creación dunha nova gardería no Porriño, considerando que
No mesmo centro, e como a alcaldesa asegurara ás Nais e Pais e ao director do CEIP de Atios, o Goberno local fixo unha avaliación do estado no que se atopan os baños e, así mesmo, realizará os traballos de substitución dos mesmos.
En total, subliña Eva García de la Torre, o Concello do Porriño investirá máis de 15.000€ nestas obras que, insiste, son competencia da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, o mesmo que os danos estruturais nas fachadas que causan filtracións de auga provocando curtocircuítos no sistema eléctrico.
A alcaldesa repite que “o Goberno local fará todo canto sexa preciso para que as nenas e nenos que estudan nos centros educativos do Porriño acudan a clase coa máxima seguridade e que estuden en colexios en perfectas condicións, algo que, polo que se ve, non preocupa moito á Xunta”.