Acordo entre o Concello e Club de Atletismo para celebrar la 14ª edición da “Porriño 10K” en marzo de 2020

David Alonso, concelleiro de Deportes anunciou hoxe o acordo co Club Atletismo Porriño para celebrar a vindeira edición da “Porriño 10K” que terá lugar o domingo 15 de marzo de 2020. O acordo acadouse nunha reunión que mantiveron o concelleiro e directivos do Club de Atletismo Porriño que zanxouse co apretón de mans que reflexa a imaxe que adxuntamos.
O Concello colaborará co club organizador e aportará unha achega económica de 15.000 euros para a celebración desta proba xa clásica no calendario do atletismo galego que no vindeiro ano cumplirá su edición número 14.
A “Porriño 10K” desarrollase nun circuito urbano de dez quilómetros de lonxitude en diferentes categorías e modalidades que na última edición contou con preto de 1.400 participantes. Na proba senior o ganador foi o atleta ourensán Alejandro Fernández.

O sábado celebraráse o “Porriño Street Festival” que xa sufrira dous aprazamentos

O “Porriño Street Festival”, unha nova proposta lúdica que formaba parte da programación das Festas do Cristo, celebraráse finalmente mañá sábado 12 de outubro, entre as 10 da mañán e as 18 horas, na praza Arquitecto Antonio Palacios.
Este evento tivo dous aprazamentos anteriores durante o mes de setembro polo mal tempo.

Tratase dunha competición de baile (“all styles battle”) na que se mesturan diversos estilos de danza urbana, entre eles o “breaking” que será olímpico nos Xogos de París 2024.

David Alonso, concelleiro responsable da organización das Festas confirmou que haberá alomenos 50 inscritos para esa competición.

O “Porriño Street Festival” tamén abrangue un obradoiro de “parkour” e unha exhibición de graffiti.

O Concello do Porriño patrocinará ó piloto local Yago Martínez, campeón de España de Motocross sub 18

O piloto local Yago Martínez, orixinario de Atios, acudiu ó Concello do Porriño, acompañado do seu pai para tratar co concelleiro David Alonso e co xefe do servizo de Deportes, Julio Bernárdez a posible colaboración municipal con este xoven deportista.

Yago Martínez ven de proclamarse campeón de España sub18 de Motocross na tempada que rematou en setembro pasado coa undécima proba do calendario disputada en Molina de Segura (Murcia).

Yago corre con moto “Yamaha” pero non é piloto oficial polo que a súa familia costea os seus gastos co apoio de alguns patrocinadores. O concelleiro de Deportes vai estudar unha posible achega municipal a este piloto para que inclua no seu mono, casco ou gorra publicidade de “Porriño, O Concello do deporte”. “Imos valorar unha cantidade para atender as súas necesidades básicas”, manifestou David Alonso.  

Reunión do concelleiro de Deportes co “Balonmán Porriño”

David Alonso, concelleiro de Deportes informou a Abel Estévez, presidente do Balonmán Porriño e outros directivos do club local que as obras de arranxo da pista 1 do Polideportivo Municipal realizaránse entre o 9 e o 19 de novembro. Os traballos consistirán na sustitución, lixado, pulido, barnizado e pintura da superficie como se fixera na pista 2.
Por outra banda, a directiva do club trasladou ó concelleiro de Deportes a solicitude de que se axilice o pago do segundo prazo da subvención municipal. O Balonmán Porriño recibe nesta tempada unha achega de 130.000 euros do Concello que é o seu principal patrocinador.

Obras de impermeabilización no Polideportivo
Asimesmo o concelleiro informou da execución dos traballos de impermeabilización que se están a realizar no Polideportivo Municipal en dous puntos: na entrada do Pabellón 1 e nos voladizos do Pabellón 2. Estes traballos de impermeabilización sufraganse cunha achega do Plan Concellos da Deputación Provincial de preto de 40.000 euros.

Estrea da reforma da pista 2 do Polideportivo Municipal con victoria do PBB

O equipo do Porriño Baloncesto Base acadou unha meritoria victoria contra o Bulevar Ávila, por un claro 73/61 a favor do equipo local. Foi o arranque da tempada para os porriñeses que comezan a súa nova andaina na Liga EBA. E co alciente da estrea do novo aspecto da pista 2 do Polideportivo Municipal despois das obras de reforma realizadas.

Realizaronse tarefas de arranxo, lixado, pulido e barnizado da pista. E por último pintouse coa nova iconografia do Concello do Porriño en cor vermello e branco como se pode apreciar nas imaxes.

O concelleiro David Alonso entrevistouse co Secretario Xeral para O Deporte e co Presidente da Federación Galega de Futbol

José Ramón Lete Lasa, Secretario Xeral para o Deporte comprometuse con David Alonso, concelleiro de Deportes, a visitar en breve Porriño para analizar sobre o terreno posibilidades de cooperación entre a Xunta de Galicia e o Concello do Porriño.

David Alonso, acompañado de Julio Bernárdez, xefe do Servizo de Deportes do Concello, foron recibidos en Santiago por Lete.

O concelleiro trasladoulle varias propostas de colaboración en equipamentos deportivos facendo especial fincapé no Velódromo e nas Pistas de Atletismo. Neste último caso David Alonso prantexou que a Xunta de Galicia se implique fomentando convenios de utilización das instalacións cando estean rematadas.

Por outra banda, o concelleiro de Deportes, xa de volta en Porriño reuniuse con Rafael Louzán, presidente da Federación Galega de Futbol. Louzán, acompañado de técnicos da FGF, visitou os campos de futbol de San Campio para tratar coa presidenta do C.D. Pontellas, Marta Costas e con David Alonso dos preparativos para acoller unha eliminatoria da Copa do Rei.  O C.D. Pontellas deberá xogar esa previa contra outro equipo campeón de Rexional Preferente doutra comunidade autónoma que tamén ascendera a Terceira División.

O concelleiro David Alonso valora como “moi satisfactorio” o resultado das Festas do Cristo 2019

David Alonso, concelleiro do goberno municipal que asumiu a organización das Festas do Cristo 2019, realizou hoxe unha avaliación dos festexos que calificou como “moi satisfactorios”. Dende o Concello do Porriño “valoramos que a xente quedou encantada coas actuacións elixidas e coas novidades que incorporamos na programación como a Banda no Bus que levou a animación de xeirto itinerante ós barrios e parroquias do concello que o valoraron moi ben”, suliñou David Alonso.

O edil indicou que os concertos dos grupos ‘Banda Crebinsky’,‘Dakidarría’ e ‘Efecto Pasillo’ na rúa Domingo Bueno, reuniron a milleiros de persoas e “cumpriron coas expectativas que tiñamos”. David Alonso destacou que “os sectores de hostalaría, comercio, hoteis e servizos indicaronnos que notaron unha suba de afluencia e tiveron unha boa facturación con estas festas, incluso a pesares dalgúns días de choiva”.

“Coido que marcaramos unha nova liña de actuación da que estamos moi orgullosos coma por exemplo coa instauración dos premios ‘Cabezudos e Honra’ que estreamos con Doña Pucha, Cuquín e Teté Delgado, coa organización do primeiro Rally Mix e coa consolidación de eventos como a ‘Nocturna’ con máis de 300 ciclistas participantes ou o ‘Dirk Track’ que reuniu moita xente no Velódromo Municipal”, engadiu o concelleiro.

David Alonso agradeceu “a resposta positiva que recibimos de moita xente que manifestou o seu acordó coa política de contratación de artistas, contido do programa e control do gasto que non se disparou xa que dispuxemos dun arzamento de 160.000 euros, menos do investido en 2018”, rematou o seu balanzo o concelleiro.

A Policía Local do Porriño informa de cortes e restriccións de tráfico para o venres 27

A Policía Local informa dunha serie de cortes e restriccións de tráfico que se realizarán mañá venres co gallo de diversos eventos deportivos, no abeiro da programación das Festas do Cristo. 

Tratase dos seguintes eventos: Marcha Popular e Exhibición de Patín en Liña; a Milla Urbana de Atletismo e finalmente o Criterium Trofeo Festas do Cristo de Ciclismo, que cumpre a súa 42ª edición e que é popularmente coñecida como “A Nocturna”.

A continuación detallamos os cortes e restriccións

 

O primeiro Rally Mix Concello do Porriño discurrirá pola Graña e A Risca

As dúas mangas no que estará dividido o primeiro Rally Mix “Concello do Porriño” discurrirán entre o centro da vila, A Graña e A Risca, ó longo da tarde do sábado 28 e a mañán do domingo 29. 

Os detalles da proba deronse a coñecer hoxe nunha roda de prensa presidida pola concelleira de Seguridade, Lourdes Moure na que participaron representantes da escudería “Surco” organizadora do evento; Federación Galega de Automobilismo; Xunta de Galicia e Concello de Porriño. Tamén estiveron representados os patrocinadores privados, os concesionarios “Gumerjo”, “Rivada” e A Banca.

“Promovemos o Rally Mix Concello de Porriño coa intención de que se consolide na programación das Festas durante o derradeiro fin de semana, é dicir durante o chamado “Recristo” e tamén coincidindo coa Festa dos Callos e cos milleiros de visitantes na nosa vila”, dixo Lourdes Moure, concelleira de Seguridade.

Iván Corral, presidente da FGA suliñou que “o chamado rally mix é unha fórmula low cost que ven de Irlanda e que permite incoporarse ó mundo do automovilismo a moitos afecionados dun xeito económicamente moito máis doado”.

Trátase dunha modalidade de competición que se desenrola sobre terreno mixto na que poden participar dende KartCross ata carrozados de todo tipo sen matricular o que simplifica as inscripcións.

Na mesma liña Daniel Benavides, xefe do Servizo Provincial de Deportes enagadiu que “a Secretaria Xeral do Deporte conveniu coa Federación patrocinar este tipo de probas das que hai dúas na provincia (Cuntis e Porriño) como achegamento a este deporte”.

Pola súa banda o concelleiro de Deportes, David Alonso agradeceu “a colaboración dos veciños do barrio de A Graña que nos permiten realizar esta proba e son moi comprensivos a pesares das molestias”.

Festas do Cristo 2019: O risco de choiva obriga a cambios na programación do sábado 21

O concelleiro David Alonso, responsable da organización das Festas do Cristo 2019, ven de comunicar unha serie de decisións relativas a diferentes eventos ante as previsións de choiva e mal tempo para mañá.

De tal xeito que finalmente SE APRAZA o “PORRIÑO STREET FESTIVAL”. que se pasa para o vindeiro sábado 28.
Tratase dun novo evento consistente nun “campeonato” de diversos estilos de danza urbana, parkour e graffiti que está na praza do Concello.

APRAZASE tamén O XIV “DIRK TRACK” que ía celebrarse mañá no Velódromo Municipal e que se pasa asimesmo para o vindeiro sábado día 28.

TRASLADASE Á CARPA ROXY a representación de TEATRO INFANTIL “CRUNCH” (18,30 horas).
Tamén TRASLADASE Ó CIRCULO RECREATIVO CULTURAL o CONCERTO MUSICAL DA BANDA DE MÚSICA POPULAR DE TUI (20,30 horas)

O espectáculo “DIVINA RAVE: CRISTO EDITION” de dj’s que está previsto ás 00,30 horas no Parque Infantil, pasaría á Carpa Roxy no caso de que continue a choiva.

Por último, lembramos que fora SUPENDIDO o ENCONTRO INTERNACIONAL DE AEROMODELISMO que ía celebrarse mañá sábado na pista de Pontellas do club Furaventos.