O Festival de Combos trasladase ó Centro Cultural Municipal polo risco de choiva

O departamento de Cultura do Concello do Porriño vén de informar do cambio de ubicación do Festival de Combos que terá lugar o sábado 22 a partir das 19 horas. Pasase ó Centro Cultural Municipal. A decisión está motivada polo risco de choiva que desluciría o espectáculo caso de manterse na praza do Concello. O evento está organizado por Maison Escola de Música e Danza

Festival fin de curso da Escola Municipal de Música do Porriño

A praza Arquitecto Antonio Palacios acollerá o festival fin de curso da Escola Municipal de Música do Porriño. A actuación a cargo das agrupacións da Escola comezará ás 20 horas. Cando remate o festival entregaránse as notas chamando ós alumnos por cursos.

Por outra banda, a dirección da Escola Municipal informa cara ó vindeiro curso que a preinscipción de alumnos xa matriculados comezou o pasado día 14 e seguirá ata o 28 deste mes de xuño (en horario de 16,30 a 20,30 horas) na propia Escola.Para novos alumnos, as preinscripcións abriránse o 1 de xullo ata o 31 de xullo, tramitándose no Centro Cultural Municipal.A matrícula formalizarase por rigurosa orde de entrega de preinscripcións.

VII Festival de Bandas de Música adicado ó cine

A sétima edición do Festival de Bandas de Música que organiza a Escola Municipal de Música de Porriño estará adicada ó sétimo arte. Baixo o título “Música & Cine”, o concerto ofrecerá pezas de bandas sonoras de películas moi recoñecibles.
Tocarán a banda da Escola Municipal de Música de Porriño e a Agrupación Musical de Belesar (Baiona).
O concerto programado para o sábado 8, desenrolará se no Parque do Cristo, a partir das 21 horas.

III Festa da Cervexa Artesanal do Val da Louriña

A Asociación de Veciños San Salvador de Torneiros organiza a terceira edición da Festa da Cervexa Artesanal do Val da Louriña. Comezará hoxe venres ás 20 horas coa actuación da escola de gaitas “Agarimo”. Logo pasarán polo escenario “The Turre’s Band” e “Aragonat Band”.
O sábado continuará a Festa da Cervexa Artesanal, a partir do mediodía amenizada pola actuación da charanga “Ronco&Fol” e con outras actuacións ó longo do día.
Para comer e lecer haberá cervexa artesá, obradoiros de elaboración, pulpeira, hamburguesas, empanada e tortilla así como postos de venda de artesanía.

A OMIX DO CONCELLO DE PORRIÑO PRESENTA O DOCUMENTAL “QUEROECO”

A OMIX do Concello do Porriño , en colaboración coa asociación Vella Escola presenta na plataforma youtube.com a gravación do documental do proxecto QUEROeco (Cultura Urbana co Medio Ambiente). O traballo elaborouse con imaxes do proceso de realización do mural, a súa preparación, entrevista ao artista e aos promotores do proxecto así como aos veciños e participantes.

Para a realización do mural colectivo participativo “Senda do Louro”, empregaronse pinturas antipolución. Foi dirixido polo muralista galego Doc Toy e gravado e editado por Lucas Terceiro.

Dito proxecto realizouse no mes de febreiro enmarcado dentro do programa de actividades do Plan de Infancia e Adolescencia do Porriño. Participaron ó redor de 80 alumnos dos centros de educación secundaria da cidade.

Para a realización da actividade no Porriño, utilizouse como mural un lateral do Pavillón do CEIP Fernández López e alrededores.

A OMIX informa tamén da creación dun portal web ao que pódese acceder escaneando un código QR que se pintou sobre o mural.

A alcaldesa Eva García inaugura a exposición “Ilustrando” dos humoristas gráficos Davila e Gogue

A exposición “Ilustrando” que se exhibe na praza Arquitecto Antonio Palacios dende onte á tarde, recolle unha selección de viñetas publicadas en “Faro de Vigo” por dous dos mellores humoristas gráficos de Galicia: Luis Davila e Gogue.

Trece cubos con paneis de vinilo reúnen unha ampla mostra de estes dous mestres que “nos axudan cada mañana a dixerir coas súas viñetas en “Faro de Vigo”, a crua realidade”.
“Coa súa particular visión en clave de humor, a través de personaxes totalmente recoñecibles para os lectores como “Dora a desbrozadora”, de Davila o “Floreano” de Gogue que encarnan a retranca galega en estado puro”, manifestou a alcaldesa de Porriño durante a inauguración formal celebrada este mediodía.

Trátase dunha mostra itinerante que chega a Porriño dende Vilagarcía e que previamente tamén estivo en Vigo e máis en Pontevedra e despois seguirá o seu percorrido por outras vilas da provincia co apoio da Deputación”, manifestou a deputada Digna Rivas en representación do organismo provincial que colabora co xornal “Faro de Vigo” nesta iniciativa.
Ademáis da alcaldesa de Porriño e da deputada provincial asistiron ó acto de inauguración da mostra, Lourdes Moure, concelleira de Educación de Porriño; Pedro Dias, xerente de “Faro de Vigo”, Luis Gónzalez Míguez, director comercial do rotativo e Gabino Porto, delegado do xornal na bisbarra, así como representantes de Banco Sabadell e Coren, firmas que tamén copatrocinan.

A exposición manteráse en Porriño dúas semanas.

Mañá martes inaugurase en Porriño a exposición “Ilustrando” dos humoristas gráficos Luis Dávila e Gogue

Trece cubos recollerán unha amplia mostra de dous mestres do humor gráfico de Galicia, Luis Dávila e Gogue que os porriñeses teremos a oportunidades de ver e disfrutar a partir de mañá martes 4 de xuño.
A exposición organizada polo rotativo “Faro de Vigo” co patrocinio do Concello de Porriño, recolle unha selección das mellores viñetas publicadas por ambos humoristas gráficos nas páxinas do xornal decano.
Trátase dunha mostra itinerante que checa a Porriño dende Vilagarcía e que previamente tamén estivo en Vigo e máis en Pontevedra.
A montaxe estaba a realizarse este serán na praza Arquitecto Antonio Palacios. Mañá a mediodía terá lugar a inauguración oficial que presidirá Eva Garcia, alcaldesa de Porriño. En representación do xornal asistirán Pedro Días, xerente de “Faro de Vigo”; Luis Gónzalez Míguez, director comercial e Gabino Porto, delegado de “Faro” na bisbarra. Tamén acudirá en representación da Deputación Provincial, Santos Héctor, deputado delegado de Turismo.