A alcaldesa do Porriño, Eva García de la Torre xunto coa concelleira de Seguirdade, Lourdes Moure, a de Igualdade e Benestar, Soledad Girón, e o concelleiro de Limpeza, Orlando Mázquez, rendeu homenaxe, “no nome da Corporación e de todas veciñas e veciños”, aos 23 voluntarios de Protección Civil e 9 axentes da Policía Local do Porriño-co seu xefe, Daniel Rodríguez, a fronte- pola súa “excepcional actuación” durante a vaga de incendios dos pasado días 14 e 15 deste mes.
García de la Torre subliñou a “entrega, máis aló do seu deber” de cada un dos voluntarios e voluntarias de Protección Civil e integrantes da Policía Local que acudiron eses días a axudar e auxiliar a veciños de Gondomar, Salceda, Nigrán, Vigo e, por suposto O Porriño, que estaban nunha situación moi comprometida por mor das chamas.
13 dos integrantes dos dous corpos correron perigo físico, mesmo dous deles foron trasladados ao hospital-un axente da Policía Local por queimaduras e un voluntario de Protección Civil por inhalación de fume– cando socorrían a varias persoas en lugares tan castigados polo lume coma Chandebrito-en Nigrán- ou Fragoselo- en Vigo-.
Todos eles acudiron ás chamadas de apoio do alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, para que que se achegasen a Vincios, onde finalmente salvaron varias casas do lume; outra chamada de auxilio da Policía Nacional, para que se unisen ás dotacións que actuaban en Chandebrito e Porto do Molle, en Nigrán; a Fragoselo, en Vigo, lugar no que había varias dotacións do Corpo Nacional de Policía e veciños cercados polas lapas, ademais de á parroquia de Chenlo, no límete entre O Porriño e Gondomar, e a zona de Mosteiro, en Budiño.
Eva García de la Torre fixo entrega aos 32 voluntarios e axentes dun galano como mostra do recoñecemento do Concello e comprometeuse a destinar unha partida orzamentaria para dotar a Protección Civil, “aínda que sexa competencia da Xunta de Galicia”, do material axeitado para a realización do seu labor que, subliñou “facedes de xeito totalmente altruísta”.
A alcaldesa agradeceu tamén o traballo de prevención, coa realización de rozado en incontábeis lugares do territorio municipal, acometido pola Concellería de Limpeza que, indicou, “fixo posible que no Porriño os danos causados polo lume fosen moito menores”.
Neste senso, o concelleiro Orlando Márquez reiterou que o Concello multará aos propietarios de montes e de fincas que non manteñan rozadas e limpas a súas propiedades, sancións que, advertiu, superan os 1.000€ e que, insistiu, son necesarias posto que o non retirar a maleza, tendo en conta as altas temperaturas e a falla de choiva, fai que aumenten os perigos en caso de incendio e pon en risco ao resto dos veciños.

O mesmo , como sinalou a concelleira de Educación, Lourdes Moure, tiña coma finalidade avaliar a capacidade de reacción ante un lume e “tomar nota do cumprimento das normas básicas de seguridade que deben de seguirse no caso dun sinistro semellante”.
Utilizando un xerador de fume, o xefe da Policía Local e os membros de Protección Civil comprobaron se soou a alarma de incendios,se o centro estaba desaloxado en 4 minutos, se as alumnas e alumnos saíron ordenadamente e en ringleiras, se o fixeron co material escolar na man, se empregaron os ascensores, se foi preciso, e se fixo así, axudar a algún alumno que o precisase, se alumnos e profesores, no caso de detectar fume saíron agochados, se algún profesor vixiou que non quedasen persoas en cada planta-incluindo os baños-, se a directora levaba unha prenda que a identificase ou se houbo unha comprobación, no punto final de encontro, de que non faltase ningunha alumna ou alumnos.
Daniel González deu prioridade ao feito de saír axiña, pero con orde, do edificio, deixar sempre atrás as mochilas e o material escolar, axudar a quen estea en dificultades ou non poida chegar so ao exterior, comprobar que non queda ninguén nas aulas e nos baños, e seguir en todo momento as indicacións dos membros dos servizos de Emerxencia.
Pola súa banda, a alcaldesa subliñou que a iniciativa, impulsada dende o Goberno local, de chegar a acordos coas empresas radicadas nos polígonos da vila por medio do programa ‘Porriño Accede’, permitiu que no último ano “ducias de veciñas e veciños volvesen ao mercado laboral ou empezasen a traballar”.
Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e conservación. Establécese con cada hospital unhas reservas de seguridade de cada grupo sanguíneo e, diariamente, envíanse os compoñentes sanguíneos que precisan para a súa actividade asistencial programada e facer fronte ás urxencias.

