“Mulleres de Cine”, un ciclo que terá coma ‘platea’ o Círculo Recreativo e Cultural, e que inclúe a proxección de tres películas e un posterior coloquio dirixido por mulleres do mundo do audiovisual e especialistas en xénero, e un concurso de tweets contra a Violencia de Xénero , son dúas das actividades que abrangue a programación da Concellería de Igualdade, que dirixe Soledad Girón, para conmemorar o ‘Día Internacional contra a Violencia de Xénero’.

O ciclo de cine comezará este mércores, día 22 (ás 20:00h.), coa proxección do filme “Jericó, el infinito vuelo de los días”, da directora Catalina Mesa, e coa presenza de Berta Ojea no coloquio posterior.

O segundo pase será o mesmo 25 de novembro-no mesmo lugar e á mesma hora-. A película elixida é “Verano 1993”, da directora Carla Simón. A profesora María Lameiras será a encargada de conducir o debate.

A última película proxectarse o xoves 29-tamén no Círculo ás 8 da tarde-. Trátase de “Brava”, da directora Roser Aguilar, que será a que conduza o coloquio.

Así mesmo, o Concello de Porriño convoca por primeira vez un ‘Concurso de Tweets contra a Violencia de Xénero’, “coa finalidade de sensibilizar y previr á cidadanía con presenza nas redes sociais contra a lacra machista”, sinala a concelleira Soledad Girón.

Neste concurso poderán participar todas as persoas que publiquen na rede social Twitter unha mensaxe contra a violencia de xénero, debendo acompañar a publicación coa etiqueta #PorriñoDiNONVX. As bases publicaranse na conta @Porrinodiquenon.

As mensaxes e os contidos poderán estar escritos tanto en galego como en castelán e entrarán en concurso todos os tuits publicados entre as 00:00 horas do xoves día 23 de novembro e as 23:59 do luns, día 27 do mesmo mes.

Soledad Girón subliña que este 25 de novembro, ao contrario que o do ano pasado, “no que buscamos a implicación de diferentes eidos da sociedade do Porriño, dende o deporte, pasando pola educación ou o asociacionismo, queríamos que houbese unha participación anónima salientando que todos temos que comprometernos na loita contra a violencia de xénero, e si en 2016 o noso lema era ‘O Non é un dereito’, este 2017 continuamos con ‘Si o Non é un dereito, respéctao”.