Dende este xoves, día 10 de maio, está aberto o prazo de inscrición para os Campamentos de Verán do Concello do Porriño, que baixo o nome de ‘Leo e as viaxes polo tempo’, ten coma obxectivo, tal e como sinala a concelleira de Benestar e Igualdade, Soledad Girón, “ofrecer unha alternativa de lecer e tempo libre ás nenas e nenos do Porriño durante o verán e, ao mesmo tempo, facilitar a conciliación da vida familiar e laboral ás porriñesas e porriñeses”.
Os campamentos, que están co-financiados pola Deputación de Pontevedra, abranguen do 2 de xullo ao 10 de agosto e están abertos a nenas e nenos de entre 5 e 12 anos de idade- nados entre 2006 e 2013-.
As quendas para os mesmos serán: 1ª.- do 2 ao 6 de xullo; 2ª.- do 9 ao 13 de xullo; 3ª.- do 16 ao 20 de xullo; 4ª.- do 23 ao 27 de xullo; 5ª.- do 30 de xullo ao 3 de agosto e 6ª.- do 6 ao 10 de agosto.
As inscricións poden facerse desde este mesmo xoves no Centro de Información á Muller (CIM), no 3º andar do Concello, de 9 da mañá a 2 da tarde. Para máis información as persoas interesadas poden chamar ao teléfono 986 337 429.

A concentración do Porriño, un dos 40 concellos de Galicia que se sumara a este chamamento, baixo o lema ‘Se nós paramos todo para’, fora
Eva García de la Torre, quen interviu no acto, o mesmo que a concelleira de Igualdade, subliñou a “xustiza” desta xornada de paro feminino e salientou a importancia da muller en todos os eidos da sociedade, dende a cultura, á economía, dende o ensino, ao benestar, dende a historia á xustiza, dende os trabalos remunerados a aqueles que non o están e esixiu que “se nos valore igual que os homes”.
A alcaldesa, que referiuse á súa propia experiencia coma profesional da avogacía e coma responsable pública, reiterou que “si paramos as mulleres paralizamos este país, por iso temos que demostrar a importancia que temos e facer que se vexa que é así”.

















