Panxoliñas e as rondallas de Atios e Pontellas animarán musicalmente a Cabalgata de Reis do Porriño

Panxoliñas e as rondallas de Pontellas e Atios que se situarán ó principio e ó final da comitiva, animarán musicalmente a Cabalgata de Reis do Porriño que se celebrará o vindeiro domingo 5 de xaneiro, a partires das 18 horas.
As tres carrozas principais cos Reis Magos e as tres auxialiares partirán desde o Polideportivo Municipal e realizarán o percorrido habitual ata rematar na ráus peonis. A recepción dos Reis Magos e o seu séquito ós nenos e nenas do Porriño terá lugar na praza do Concello. No caso de choiva pasaríase á carpa Roxy.

Haberá caramelos brandos e sen gluten. A Concellería de Cultura ven de contratar o aprovisionamento de 1.500 kilos para esta Cabalgata e outros eventos ó longo do ano.

Para quen non poida seguir de xeito presencial a Cabalgata, a Concellería de Cultura contratou a retransmisión por “streaming” do mesmo xeito que se fixo ó día 1 co Concurso de Rondallas.

A Concellería de Cultura e a Policía Local revisaron o plan de seguridade para este evento que contempla a realización de diversos cortes de tráfico, sinalización dos mesmos e habilitación de rutas alternativas.
Asimesmo acordouse publicar nesta mesma páxina web do Concello, unha serie de recomendacións de seguridade apelando ó sentidiño de pais, nais e demaís persoas que esteán ó cargo dos nenos.

“Sentidiño” e recomendacións de seguridade para o público que vaia presenciar a Cabalgata de Reis

A Concellería de Cultura do Porriño entende que o mellor consello a aplicar é o “sentidiño”. Ainda así quere informar destas recomendacións de seguridade para o público, particularmente para pais, nais e dmáis persoas que esteán ó cargo de nenos e nenas e que vaian a presenciar a Cabalgata de Reis.
Son as seguintes:
1)Non utilizar o paraugas para recoller os caramelos. O seu mal uso pode ser perigoso.
2)Non baixen das beirarrúas nin salten os valados de seguridade. Manterse a unha distancia prudencial das carrozas é sempre unha boa opción.
3)Lembren que unha carroza parada pode poñerse en marcha en calquera momento. Así que é mellor non deixar que os nenos se acheguen a elas por moito que queiran tocar ós Reis Magos.
4)É importante colocar ás crianzas en lugares seguros e a unha distancia prudente das carrozas.
5)Non distraer aos condcutores que levan os vehículos da Cabalgata
6)Non perder de vista aos máis pequenos. Pode soar obvio pero telos localizados en todo momento evitará algún que outro susto.
7)É recomendable que as crianzas leven anotado nunha pulseira ou tarxeta o seu nome e un teléfono de contacto por sí se perden
e 8)Explicar aos nenos e nenas que deben facer no case de perderse: dirixirse a un axente da Policía Local ou a un voluntario de Protección Civil.

Pontellas ganou o Concurso de Rondallas “Concello do Porriño”.

MÁIS DE 2.000 PERSOAS SEGUIRON O CONCURSO A TRAVÉS DA RETRANSMISIÓN POR INTERNET

A Asociación Cultural Musical de Pontellas cunha valoración de 54,75 puntos gañou o II Concurso de Rondallas Concello do Porriño nuhna reñida disputa coas agrupacións de Mos que acadou 53 puntos e de Atios que recibiu unha valoración de 50 puntos.
Os premios do concurso eran de 1.500 euros, para a primeira rondalla; 1.000 euros, para a segunda e 500 euros, para a terceira. Ademáis a rondalla gañadora terá que actuar un día a convir co Concello durante as festas de Nadal de 2020/2021 nas rúas do Porriño.

A alcaldesa Eva García, a concelleira de Cultura Cami Moreira e outros membros do goberno municipal presenciaron o evento. 

Neste II Concurso tomaron parte sete rondallas procedentes de Vigo, Tui, Mos e Porriño.
Foron as seguintes e actuaron por esta orde:
1- Rondalla do Centro Cultural de Torroso
2- Rondalla Círculo Santa Eulalia de Mos
3- Rondalla Mosteiro de Tui
4- Rondalla do CSCR de Beade
5- Rondalla Helios de Bembrive
6- Rondalla da Asociación Recreativa Santa Eulalia de Atios
7- Rondalla da Asociación Cultural Musical de Pontellas

O Pavillón 1 do Polideportivo Municipal de Deportes estivo ateigado con todas as localidades dispoñibles ocupadas (1.168 prazas). Namentres o Pavillón 2 destinouse ós compoñentes das rondallas para que poideran seguir as actuacións das diferentes agrupacións a través dunha pantalla xigante.
Debido a que este ano decidiuse pola Concellería de Cultura que houbera aforo limitado para presenciar o Concurso de Rondallas para garantir a seguridade, o Concello contratou cunha empresa a retransmisión por “streaming” do certame que seguiron a través dunha canle de “Youtube” e a través da páxina web do departamento de Cultura do Concello. Segundo datos provisionais, 2087 persoas seguiron a retransmisión, das que ó redor de 400 o fixeron a través do visor que se habilitou na web ecultura.net do departamento de Culutra do Concello. 

O Mercado de Nadal volve ó Porriño

O vindeiro sábado 4 de xaneiro volverá o Mercado de Nadal, segundo anunciou a Concellería de Cultura.

O evento que non puido ter lugar nas datas inicialmente establecidas na programación do Concello do Porriño debido á meteoroloxía, tivo que aprazarse. Os pasados días 28 e 29 de decembro recuperaronse dúas datas. E o vindeiro sábado recuperaráse unha máis. 

 

Enlaces para ver o mércores 1 a retransmisión en “streaming” do Concurso de Rondallas Concello do Porriño

A Concellería de Cultura anunciou que este ano haberá aforo limitado para presenciar en vivo o Concurso de Rondallas no Pavillón 1 do Polideportivo Municipal que se celebrará o mércores 1 de xaneiro, a partirres das 18 horas.

Exactamente haberá 1.668 localidades dispoñibles para o público en xeral que se ocuparán por estricto orde de chegada desde a apertura de portas no recinto, a partires das 17 horas. O Concello contratou unha empresa de seguridade privada que se encargará do control de acceso ó Polideportivo.
Ademáis habilitaráse unha pantalla xigante no Pavillón 2 onde estarán os componentes das sete rondallas participantes a fin de aliviar o aforo no Pavillón 1.

E para que o evento poida ser seguido por moita máis xente, realizaráse este ano retransmisión por “streaming” que poderá seguirse tanto a través da páxina web do departamento coma a través dunha canle de Youtube habilida pola empresa que vai realizar a retransmisión.
Os enlaces son:

II Concurso de Rondallas Concello do Porriño

Ou tamén

“EN DIRECTO” – II Concurso de Rondallas Concello do Porriño

No que atinxe ó concurso, haberá sete agrupacións participantes que actuarán na orde seguinte:
1- Rondalla do Centro Cultural de Torroso
2- Rondalla Círculo Santa Eulalia de Mos
3- Rondalla Mosteiro de Tui
4- Rondalla do CSCR de Beade
5- Rondalla Helios de Bembrive
6- Rondalla da Asociación Recreativa Santa Eulalia de Atios
7- Rondalla da Asociación Cultural Musical de Pontellas

ESTA NOITE PORRIÑO CELEBRARÁ A FESTA DE PRE FIN DE ANO CON MÚSICA E UVAS

A carpa da explanada Roxy e a praza do Concello acollerán esta noite a Festa Pre Fin de Ano, unha tradición prorriñesa que cumpre una década.
A previsión meteorolóxica é dunha noite de ceos rasos, fría pero sen choiva o que garante a asistencia de moitísimo público.
O Grupo América e o espectáculo Drag Queen Christian encargaránse da animación desde as 22,30 horas.
A medianoite, na praza do Concello soarán as doce badaladas que despedirán simbólicamente o 2019. Haberá reparto de uvas entre os presentes.
Despois a festa e a música continuarán na carpa Roxy.

San Silvestre: Haberá servizo de duchas gratuito no Pavillón.

A Concellería de Deportes do Concello do Porriño informa que sí haberá servizo de duchas gratuito para todos aqueles partciipantes na San Silvestre que queiran aseaarse despois da carreira.
Habilitanse as duchas do Pavillón 1 do Polideportivo Municipal, a partires de que remate a proba e a entrega de premios prevista ó redor das 20,30/20,45 horas.

A recollida de dorsais para a San Silvestre poderá realizarse na carpa Roxy ata as 19,30 horas

Esta tarde terá lugar a I San Silvestre Solidaria Concello do Porriño que vai contar con máis de mil participantes ainda que serán da orde de 700 os que disporán de dorsal despois de inscribirse no prazo establecido.
A recollida de dorsais continuou esta mañán no Pavillón ata as 15 horas.
E pola tarde, a entrega de dorsais continuará na carpa da explanada Roxy ata as 19,30 horas.
Cando se recolle o dorsal, todos os participantes deben entregar 1 kilo de alimentos non perecedoiros que se destinará ó “SOS Porriño”, o Banco de Alimentos Municipal. Por iso a proba chamase “San Silvestre Solidaria Concello do Porriño”.
Todos os inscritos deberán estar dez minutos antes do inicio da proba (prevista para as 20 horas) e colocarse na zona de saída, na praza Arquitecto Antonio Palacios.

A proba está prantexada como unha carreira popular, nun circuito urbano, moi asequible que se pode cubrir correndo, andando, como se queira.

Derradeira quenda do curso de conducción segura promovido polo Concello

Vinte porriñeses e porriñesas tomarán parte mañán sábado 28 na derradeira quenda do curso “Conduce con xeito” promovido pola Concellería de Seguridade e organizado pola Policía Local para adestrar ós participantes en técnicas de conducción segura en situacións de risco.

As clases teóricas serán no Multiusos de Torneiros e as prácticas, nun circuito pechado habilitado no Polígono Industrial de A Granxa. Impartiránse en horario matinal entre as 9 horas e as 13,30 horas.

Nesta última quenda participará como monitor José Pintor, campeón de España de Rallys en 2017, como copiloto de Ivan Ares que tamén ten participado en datas anteriores deste curso.

O curso “Conduce con xeito” celebrouse desde outubro e contou coa participación de 200 veciños e veciñas do concello.

A corporación aprobou por unanimidade a adxudicación do SAF á empresa “Sociser”

O derradeiro pleno municipal da corporación local de O Porriño en 2019 aprobou por unanimidade boa parte dos asuntos que configuraron a orde do día. Entre eles, o máis sobranceiro foi a adxudicación definitiva á empresa “Sociser Galicia” do Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Tratase dun contrato por dous anos -prorrogable- que conta un orzamento de 1,9 millons de euros, segundo explicou o concelleiro de Servizos Sociais, David Alonso.

Na sesión, de caracter ordinario, tamén aprobaronse por unanimidade varias altas no inventario municipal de camiños en Budiño ou en Pontellas así como a prórroga de concesión de supermercado na Praza de Abastos que ven ocupandose desde 2011.

Tamén aprobaronse por maioría, agás as abstencións dos 2 concelleiros de EU Son, para arrendamento de parcelas municipais para explotacións mineiras en Atios así como nos montes Carrascal, Laxedo, Cerola e Faro, entre outros. 

No debate destes asuntos, o voceiro de EU Son cuestionou ó goberno municipal sobre o estado de cobro dos canons por parte das empresas mineiras. Pedro Pereira, concelleiro de Urbanismo respostou que en breve o Concello artellará procedementos xurídicos para a reclamación de débedas ós adxudicatarios que non estean ó día nos seus pagos. 

A unanimidade rachouse en algúns outros asuntos como a moción presentada por EU Son para demandar da corporación municipal un acordo en contra do proxecto de universidade privada que promove ABanca. A moción foi derrotada polos 8 votos en contra do PP e 5 abstencións (PSOE e Manuel Carrera).