Maxia, música, animación na
rúa, charangas, o tradicional Xogo da Ola, comparsas, obradoiros, mesmo
chocolatadas, Drags e DJs…todo cabe na Programación do Entroido do Porriño
2019.
Os días clave das festas deste
ano serán o sábado, 2 de marzo, no que terá lugar a ‘Lectura do Pregón’, ás
12:30 h. na Praza do Arquitecto Antonio Palacios, a cargo de dous históricos do
entroido porriñés, Abel e Maxi.
Ás 14:00 h. será o momento do
Xantar do Entroido, animado por charangas e DJs. Ás 16:00 h. empeza o 76º Xogo
da Ola. Ás 17:30 h. está marcado o inicio do ‘Desfile de Comparsas’, co
espectáculo ‘Lume’ a cargo de Troula Animación. Ao remate do desfile empezará
na carpa do Roxy a ‘Festa Rachada’.
Outro dos días centrais será o mércores, 6. Esa xornada será a de despedida do Entroido e abranguerá o ‘Velorio da Sardiña’, no Centro Recreativo e Cultural, ás 17:00h. De seguido o ‘Enterro’, ás 19:00h. con saída do Centro Recreativo cara a Praza de Antonio Palacios. Seguirá a ‘LectUra do Testamento’, a cargo de Drag Star e, finalmente, na Ponte do Valo, a ‘Queimada e últimas vontades’.
A OMIX do Concello do Porriño
organiza o vindeiro 25 e 26 de febreiro do 2019 en horario ininterrompido de 11
da mañá a 8 da tarde, a actividade ‘QUEROeco’ –Cultura Urbana co Medio
Ambiente- enmarcada dentro do programa de actividades de apoio, para a posta
en marcha do Plan de Infancia e Adolescencia do Porriño.
Nesta actividade
participarán ao redor de 80 alumnos dos centros de educación secundaria do noso
concello que cursan ensinanzas de FP, Bacharelato e último curso da ESO.
Dita actividade terá lugar en
diferentes puntos de Galicia (en 7 Concellos) en contornas rurais e
urbanas.Para a realización de dita actividade no Porriño, utilizáranse
como mural un lateral do Pavillón do CEIP Fernández López.
‘QUEROeco’, é unha experiencia
innovadora que pretende achegar á xuventude, diferentes mensaxes positivas
sobre o coidado do medio ambiente, propoñendo alternativas de lecer
respectuosas co medio natural (Cultura Urbana), baixo unha metodoloxía que
promove prácticas inclusivas e responsables para a ocupación do tempo de lecer.
Neste proxecto se levará a cabo a elaboración dun Mural Artístico
Ecolóxico Colectivo (utilizando pintura foto-catalítica antipolución) de 12 m2
con temática ecolóxica. Esta actividade permite que mozas e mozos de 12 ou máis
anos, dos centros de ensino do Porriño,
poidan colaborar na realización dunha parte do mural.
Ademais farase a gravación dun
documental do proxecto con imaxes do proceso de realización do mural, a súa
preparación, entrevista ao artista e aos promotores do proxecto , aos veciños e
participantes.
Por último haberá un portal
web, ao que poderase acceder escaneando un código QR que estará pintado sobre o
mural. Na web vaise pendurar o documental do proxecto, fotografías e información
sobre a iniciativa e sobre como funciona a pintura antipolución.
Obxectivos
O primeiro deles é o de
implantar actividades alternativas (Cultura Urbana) dirixidas á xuventude en
novos espazos para aproveitar os recursos e infraestruturas existentes.
Aplicación da metodoloxía das 3 “R” (re-utilizar, reducir e reciclar).
En segundo lugar, alimentar a
capacidade artístico-experesiva innata da mocidade a través da súa
participación activa nas actividades programadas.
Finalmente, crear ambientes inclusivos
que faciliten a expresión creativa individual e colectiva, dando a coñecer
proxectos de ocio que promovan a responsabilidade no coidado do medio natural.
Logo de que a Alcaldía
recuperase as competencias en Protección Civil e Emerxencias, detectáronse
deficiencias que xa se lle advertirán, hai dous anos, ao anterior concelleiro
responsable destes servizos.
As carencias apareceron logo da
baga de lunes e recomendáronse melloras
en materia de persoal e material de cara a garantir a seguridade en caso de
situacións de emerxencia pero, durante estes anos non se acometeu acción algunha neste eido.
Na actualidade, O Porriño conta co parque Comarcal de
Bomberos Baixo Miño, no Polígono Industrial das Gándaras e, ainda que a súa
sede está dentro do termo municipal, a súa demarcación aglutina varios
concellos da zona para dar cobertura a inundacións, accidentes, lunes e outras catástrofes e O Porriño, con un importante
artellamento industrial, autovías e
autopista que pasan polo concello, preto de zonas moi poboadas, non se pode
permitir que, en caso dunha emerxencia, no haxa un servizo de primeira intervención,
dependendo de se os bomberos do parque comarcal están noutro servizo, coma
sucedeu hai pouco.
“Falamos de salvar vidas” e
dende a Alcaldía sublíñase que non se pode regatear en emerxencias dado que
unha intervención rápida e esencial en calquera situación de perigo.
O Porriño conta cunha
Agrupación Municipal de Voluntarios de Protección Civil, sufragada polo
Concello por medio dun convenio dotado con
30.000€uros anuais, pero a realidade é que coma norma xeral so hai un voluntario de servizo e sempre é mesmo: o propio presidente da agrupación que,
coma sinala a alcaldesa, pon de manifestó o seu sacrificio ao estar as 24 horas
do día, 365 días ao ano a disposición da cidadanía. “Pero Protección Civil non poder ser unha soa
persoa”.
Á vista dun informe interno,
que recomendaba, de novo, melloras no que se refire a Emerxencias,e co visto bo
da Secretaría do Concello, ven de proporse a creación dun Grupo Municipal de
Emergencias, formado nun principio, por seis bombeiros que cubrirían as 24
horas do día, con posibilidade de aumentar a plantilla no verán para combater
os incendios e actuar contra a vespa velutina.
A parroquia de Torneiros sería
a primeira beneficiada pola creación deste novo grupo que tería o seu centro no Edificio Multiusos
Municipal.
Nos vindeiros días haberá unha
xuntanza coa Deputación de Pontevedra coa finalidade de solicitar unha achega
para a compra de materia, empezando por un camión de Bombeiros.
Así mesmo, está previsto
potenciar o aumento no número de voluntarios de Protección Civil que sexan un
apoio para o novo grupo de Emerxencias.
As obras iniciadas hai unhas
semanas na Fase V de Torneiros están rematadas. A alcaldesa do Porriño, Eva
García de la Torre, visitou o lugar no que puido comprobar que o resultado das
mesmas.
Os traballos solucionaron “varios problemas graves de seguridade e
salobridade” que estaban a sufrir os veciños dun dos edificios desta
parroquia. A día de hoxe está impermeabilizada a terraza,os muros e
rehabilitouse a entrada ao garaxe.
Ao mesmo tempo, acometeuse a
eliminación de barreiras arquitectónicas, quitando escaleiras e desniveis,
creando ramplas e adaptando todos os elementos á normativa vixente de
accesibilidade.
As obras permitiron recuperar
as zonas de xardíns; mellorar o mobiliario urbano, instalar elementos de
protección, coma una varanda de aceiro inoxidábel.
García de la Torre lembra que o
estado da terraza era desastroso, había lousas soltas, co perigo que supuña
para os nenos que xogan aquí, a impermeabilización estaba esnaquizada, os
garaxes anegábanse os días que chove, a varanda que había sobre eles estaba
enferruxada e case solta e “as
filtracións ameazaban con causar problemas na propia estrutura do edificio”.
Nos vindieros días comezará
unha nova fase de actuacións no mesmo lugar coa colocación dun sistema de
alumeado en toda a área do inmoble e en cada un dos portais do mesmo.
A presidenta da Deputación de Pontevedra informou á alcaldesa do Porriño, Eva García de
la Torre, da aprobación pola Xunta de Goberno dun investimento para O Porriño
con cargo á liña 1 do Plan Concellos 2019.
En concreto, son 604.227,42€ cos que O Porriño poderá
financiar a adecuación paisaxística da Avenida de Galicia e o seu entorno. Este
ano a institución provincial pon a disposición de O Porriño ao través do Plan
un total de 1.132.222,96€ un 3,22% máis que no 2018.
Máis polo miúdo, coma Carmela Silva comentou con Eva García
de la Torre, a actuación está orientada a acondicionar o espazo urbano da avenida
e a súa contorna, como acceso principal a O Porriño.
As obras contemplan a mellora estética e dotacional de máis
de 2.000 metros cadrados, vaise incrementar o espazo para usos pasivos e
recreativos, dotarase de atractivo e unidade o conxunto e limparanse os
elementos confusos e negativos. Amais, vaise executar a implantación de
mobiliario, creación de zonas recreativas e de descanso, integración a través
da vexetación, e instalación de beirarrúas con zonas verdes. A actuación tamén
implica a execución dunha zona de estancia cuberta e axardiñada, unha mediana
de viario con xardín descontinuo de céspede e macizos, novos xardíns, supresión
de barreiras arquitectónicas e rotonda con novo xardín.
Ademais das achegas correspondentes á Liña 1, que son este ano
de 786.933,47€, o concello de O Porriño tamén ten á súa disposición polo Plan
Concellos 2019 un total de 100.133,94€ na Liña 2 de amortizacións e débedas.
Así mesmo, outros 245.155,51€ da Liña 3 de emprego cos que a Deputación
financia a contratación de 40 traballadores e traballadoras para o concello.
A alcaldesa do Porriño, Eva
García de la Torre, xunto coa concelleira de Educación, Lourdes Moure, vén de
visitar a Escola Unitaria de Mosende onde o Concello colocou un quentador de
auga e un sistema de calefacción.
A escola, subliña a alcaldesa
“carecía de calquera instalación para que as nenas e nenos estivesen quentes”.
En menos dunha semana o Concello dispuxo os mesmos, investindo uns 6.000€, e
“agora os pequenos xa no pasan frío xa que mesmo tiñan que estar na clase cos
abrigos e as cazadoras postas e non podían nin lavarse as mans porque a auga
saía conxelada da billa”.
Escola
Infantil de Torneiros e CEIP de Atios
A actuación na Escola Unitaria
de Mosende é outra máis das accións de mellora e arranxo que acomete o Goberno
local nos centros de ensino do Porriño. A finais de agosto, a alcaldesa
supervisara persoalmente o remate dos traballos de reforma e mellora da Escola
Infantil A Galiña Azul de Torneiros, nas que o Concello investiu 37.577,53€
As obras abrangueron a retirada
do perpiaño superior do inmoble, a colocación de novas baixantes, a reparación
da caneta posterior e do comedor; a demolición de varios tabiques; a
eliminación das filtracións de auga; arranxo oe muro de contención do xardín de
xogos; substitución do pavimento; colocación dun novo pechamento metálico na
entrada; amaño do xardín e o céspede; substitución dos zócolos; reparación
de xogos, elementos e bambáns; pintado
das varandas, selado de fiestras ou a limpeza das fachadas cun tratamento de
auga a presión.
Do mesmo xeito, impulsou as obras de mellora da cuberta e dos
baños do centro CEIP Plurilingüe de Atios, cun orzamento de 15.000€.
Cero
euros da Xunta de Galicia
“Todos
estes traballos foron asumidos polo Concello na súa totalidade maila que as
competencias, exclusivas, en materia de Educación son da Xunta de Galicia”. Eva García de la Torre insiste
na necesidade, como fixo durante todo este mandato, de que o Goberno galego se faga cargo do
arranxo das fendas dos centros de ensino públicos do Porriño, “cumprindo coa súa obriga”.
Neste eido, a rexedora reitera
que, logo de pedir reiteradamente a construción dunha nova gardería e un novo
colexio,
“á vista do estado do CEIP Fernández López”, a Xunta destina nos
‘cero euros’ a estas demandas nos seus
orzamentos para 2019, aínda máis, conclúe a alcaldesa, “tampouco contempla partida algunha dos 50.000€ demandados polo Goberno
do Porriño para os comedores escolares”.
A alcaldesa, que dende hai menos dunha semana é tamén a máxima responsable da área de Deportes do Concello- visitou este mércores as obras da novas instalacións de atletismo da Granxa.
As mesmas, que contarán cun
orzamento de 1 millóns de euros, serán unha realidade grazas a unha achega de
800.000€ por parte da Deputación de Pontevedra que, coma todas as inversións do
organismo provincial no Porriño, foron asinadas pola propia alcaldesa.
A nova instalación deportiva de
A Granxa, que segundo o proxecto estará rematada o vindeiro mes de maio, é “unha aposta de futuro”, sinalou García
de la Torre, quen asegurou que porá a dispor dos máis de 650 integrantes do
Club Atletismo do Porriño dunhas “dotacións óptimas e punteiras”.
As mesmas contarán cun módulo cuberto cunha recta de 6 rúas de
60 metros de lonxitude; disporá dun
teito dotado de lucernarios que permitan o paso da luz natural. A maiores, contará
co alumeado axeitado para o desenrolo de competicións e adestramentos e prevese
a instalación dun sistema de ‘fotofinish’.
Na parte central da pista
executarase un módulo de lanzamento de peso cun aro de formigón provisto dun
anel de seguridade. O entorno terá un espazo verde de céspede que integra a
instalación coa súa contorna.
As instalacións estarán
preparadas para a práctica de distintas modalidades e disciplinas de atletismo,
ademais de salto de altura, de lonxitude, triplo salto ou salto con pértega.
A alcaldesa engadiu que á par
que se leva adiante a construción deste novo emprazamento deportivo, vaise
avanzar no proxecto que permita que as instalacións que están preto do
mesmo dispoñan doutros servizos coma
oficinas e vestiarios.
A alcaldesa, Eva García de la Torre, e representantes de clubs e asociacións deportivas do Porriño, realizaron este martes a sinatura ‘simbólica’ dos convenios de colaboración deportiva que o Concello ten con cada un deles.
Estes convenios, como subliñou a alcaldesa –que dende este martes é ademais a responsable de Deportes- “supoñen, como levamos defendendo dende que chegamos ao Goberno local hai case catro anos, unha aposta forte, decidida, continuada e constante con todas as modalidades deportivas que se practican na nosa vila e, esencialmente, coa formación de novos deportistas, nas categorías inferiores dos nosos clubs”.
Eva García de la Torre sinalou
que a sinatura este 2019 é ‘simbólica’ porque a mesma xa se pode realizar on
line, por medio do programa ‘Xestiona’, tal e coma coñecen os responsábeis
deportivos.
En total, o Concello do Porriño destina a estes convenios 600.000€ que, sinalou Eva García de la Torre, grazas ao traballo dos técnicos e funcionarios municipais e ao impulso da xestión telemática, que permitirá que os nosos clubs poidan cobrar xa o 80% do importes dos mesmos.
A alcaldesa lembrou que“O Porriño é, sen lugar a dúbidas, o Concello do Deporte posto que destina á actividade deportiva, máis dun millón de euros”. Esta cantidade representa preto do 6% dos 17 millóns que ten o Concello do Porriño de orzamento total anual,“unha porcentaxe que deixa ben claro noso compromiso cos deportistas, adestradores, técnicos, xuíces, aficionados e directivos dos nosos clubs”.
A alcaldesa, que dende este martes exerce tamén a Concellería de Deportes, estivo na piscina municipal para comprobar o avance das obras de mantemento e arranxo que están realizándose na mesma.
As devanditas obras consisten, dunha banda, na reparación de paneis de policarbonato do teito, a substitución de 7 placas e a unión do ‘Pavillón 1’ e a piscina. Ademais, vaise substituír os traveseiros de metal que forman parte da separación entre a zona do ‘Pavillón número 2’ e a piscina.
Estes traballos, “que levan proxectados xa tres meses e que era completamente necesario realizar”, sinala Eva García de la Torre, contan cun orzamento de 24.000€, procedentes dun remanente da Concellería de Servizos Socias, que foran parte do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra e que o organismo provincial autorizou a empregar no arranxo da piscina.
Substitución
do climatizador
O vindeiro luns, día 11, empezará a tarefa de substitución do climatizador da piscina. “Hai dous anos unha inspección de Sanidade determinara que o seu funcionamento non era o axeitado”. Daquela, por mor dos orzamentos municipais prorrogados non fora posible levar a cabo o recambio.
Posteriormente, e aprobado o ‘procedemento de urxencia’ dende Intervención do Concello, licitouse o cambio do mesmo, “unha licitación que foi adxudicada hai un ano por 90.000€”, e que agora vai facer posible a substitución.
Este traballo, subliña a alcaldesa, vaise realizar seguindo unha planificación que “permitirá que as instalación sigan funcionando con total normalidade e sen que os usuarios sufran incomodidades ou vexan alterada súa actividade”.
A Concellería de Festas do Concello do Porriño convoca o
tradicional desfile de comparsas, dentro do programa de actividades do Entroido
2019.
As presentes bases rexerán a concesión de premios ás
comparsas por participación nos desfiles programados polo Concello.
REQUISITOS XERAIS:
a) Participantes.-
Poderán optar aos premios establecidos nas presentes bases,
todas aquelas comparsas integradas por un mínimo de 10 compoñentes, e poderán
inscribirse en dúas modalidades:
Infantil: ata 12 anos.
Adultos: a partir de 13 anos en adiante.
O maior número de compoñentes por idades definirá a
clasificación da comparsa na categoría infantil ou adultos.
Cada asociación ou colectivo únicamente poderá presentar
unha comparsa en cada unha das modalidades.
b) Inscricións:
As inscricións deberán presentarse no Rexistro Xeral do
Concello en impreso normalizado para esta finalidade, e achegarán a seguinte documentación
de carácter obrigator
c) Prazo de inscrición:
As asociacións e colectivos participantes poderán inscribir
as súas comparsas no Rexistro Xeral do Concello, no impreso normalizado que se
achega ás bases, dende o luns día 11 de febreiro ata o mércores 20 de febreiro
do 2019, ambos inclusive.
d) Importe dos premios a repartir:
A cantidade máxima destinada a premios de participación,
para ambas modalidades no entroido establécese en 13.950 euros con cargo ao
vixente orzamento municipal, aplicación orzamentaria 334.4800010 (RC Nº 249).
O importe dos premios determinaráse según o número de compoñentes
da comparsa seguindo este desglose:
ADULTOS:
de 10 a 19 compoñentes………………….. 300 €
de 20 a 39 compoñentes………………….. 550 €
de 40 a 59 compoñentes …………………. 850 €
de 60 compoñentes en adiante……….. 1.000 €
INFANTIL:
Repetiráse a mesma estrutura.
O importe máximo establecido de 13.950 euros, repartiráse
ata acadar esta cifra e seguindo rigurosamente a orde de inscrición.
Aquelas comparsas que desexen participar no Entroido fóra
deste orzamento, poderán inscribirse pero sen opción a premio por participación.
e) Orde de participación:
Nos desfiles participarán en primeiro lugar as comparsas
inscritas na categoría Infantil seguidas das comparsas de adultos e según a
orde de inscrición no concurso.
Cada comparsa deberá levar un cartel que indicará o seu
nome, o lugar que ocupa no desfile e o número de compoñentes.
f) Obrigas das comparsas:
As comparsas que aspiren ao premio de participación teñen a
obriga de estar inscritas e participar nos desfiles do sábado e martes de entroido,
e no acompañamento do enterro da sardiña o mércores de cinza.
g) Percorrido nos desfiles:
Os desfiles celebraránse nas datas e horarios sinalados no
programa de festas do entroido.
Sábado: Partirá da rúa Antonio Palacios, desprazándose por Domingo
Bueno, Praza San Sebastián e rematará na Praza Arquitecto Antonio Palacios.
Martes: Partirá da praza San Sebastián e rematará na Praza Arquitecto
Antonio Palacios.
Enterro da sardiña: As comparsas participarán no
acompañamento da sardiña co seguinte percorrido: Saída do Círculo Recreativo
Cultural, continuando pola rúa Domingo Bueno, baixada pola fonte de San Sebastián
seguindo por Manuel Rodríguez ata o Concello onde se procederá á lectura do
testamento. De seguido rúa Peña e rematará perto do albergue de peregrinos
(Paseo do Louro) onde se procederá á incineración.
O velorio terá lugar nas instalacións do Círculo Recreativo
Cultural en horario de 17.00 horas ata ás 19.00 horas.
O testamento da sardiña será redactado polas comparsas pero
sen carácter obrigatorio. Aquelas que desexen participar no testamento deberán presentalo
no Centro cultural municipal en sobre pechado e dirixido á Concellería de
Festexos, dende o luns día 11 de febreiro ata o mércores 20 de febreiro do
2019, ambos inclusive, en horario de 9.00 h. ata ás 14.00 h.
Estes percorridos e horarios poden ser obxecto de variación
por causas meteorolóxicas.
h) Comité de observación e valoración de premios:
Este comité será nomeado mediante resolución da Alcaldía e
terá competencias para a valoración das inscricións realizadas polas asociacións
ou colectivos, cumprimento da documentación esixida según as presentes bases,
desenvolvemento dos desfiles, descalificacións e asignacións dos premios según
n.º de compoñentes, emitindo proposta de concesión de premios que será resolta
por resolución da Alcaldía.
Estará formado por n.º impar de membros no que se incluirá, cando
menos, un representante da Policía Local, un representante do departamento de Cultura
e un representante da Concellería de Festas.
A participación supón a plena aceptación do disposto nas presentes bases e o incumprimento de calquera das cláusulas dará lugar á perda do dereito de optar aos premios de participación.