O Goberno Municipal nega calquera tipo de trato de favor con membros do Poder Xudicial

O Goberno Municipal do Porriño nega categóricamente a existencia de calquera tipo de trato de favor con maxistrados, fiscais ou outros membros do Poder Xudicial que están a ser contratados para colaborar en actividades formativas deste Concello.
O Goberno Municipal considera especialmente grave a insinuación que se desliza na información publicada onte polo xornal “La Voz de Galicia” baixo o titular “El Concello de O Porriño contrata a dedo al juez que absolvió de falsedad a la alcaldesa en el 2018”.

Tanto a participación do maxistrado Juan José Trashorras como as de outros profesionais da xudicatura que colaboran en actividades formativas deste Concello se realizan mediante convenios de colaboración coa Academia Galega de Seguridade e mediante contrato menor tal como establece a normativa vixente.
Para establecer dita colaboración é o Inspector Xefe da Policía Local de O Porriño, quen se encarga de xeito exclusivo de seleccionar o persoal docente de acreditada experiencia sobre a materia a impartir, xa sexan funcionarios policiais, funcionarios da carreira xudicial (tanto fiscais como xuices ou maxistrados), e sempre co visto bó do departamento de formación da Academia Galega de Seguridade. Ningún político ten contacto con estes profesionais contratados de xeito directo para a formación; é o técnico o que propón a contratación e conforme estipula a lei, a Alcaldía firma os contratos menores.

No devandito caso do maxitsrado Juan José Trashorras, impartiu un curso teórico sobre a lexítima defensa a máis dun cento de mulleres. O curso “Defensa Persoal e Protección Xurídica” que realizóu o Concello do Porriño tivo unha elevadísima repercusión mediática así como nas redes sociais. Non se agochou senón que se suliñou a participación do devandito maxistrado que apareceu en numerosas imaxes impartindo clases sobre o uso proporcional da forza, medo insuperable e outros eidos xurídicos da lexítima defensa. Foron as mulleres participantes naquel curso as que avaliaron na enquisa de satisfacción o bó facer e a capacidade de comunicación do maxistrado. Debido a esa boa valoración, tanto das asistentes ó curso, como dos propios policías locais que estiveron alí presentes, propuxose ó maxistrado para impartir un novo cursiño ós membros da Policía Local do Porriño.

Tanto o Goberno Municipal como desde a Xefatura da Policía Local expresamos o noso malestar polo feito de que se pretenda suxerir e dubidar da imparcialidade dun funcionario público como é un Maxistrado por que exerza una actividade docente para a que non existe ningún impedimento legal nin tampouco ético. Atacase á independencia do Poder Xudicial e de paso socavase o dereito á presunción de inocencia, neste caso de Eva García, alcaldesa de O Porriño por un asunto ainda pendente de xuizo.

Primeira quenda do curso “Conduce con xeito”

A alcaldesa Eva García asistiu á primeira quenda do curso de conducción segura, de carácter gratuito, que imparte o Concello do Porriño.
Un primeiro grupo de mulleres e homes menores de 40 anos participaron nesta primeira quenda do curso “Conduce con xeito”.
Catro pilotos recoñecidos interviron como monitores. Entre eles Iván Ares e José Pintor, campións de España de Rallys en 2017.


Ó remate desta primeira quenda, a alcaldesa do Porriño acompañada dos concelleiros do goberno municipal, Lourdes Moure; Sergio Casal e David Alonso entregaron os diplomas acreditativos do curso a cada un dos participantes no mesmo.
O curso “Conduce con éxito” reanudarase o vindeiro sábado 19 de outubro.

Exitosa primeira edición da “Porriño Fashion Night”

O Concello do Porriño, a través da Concellería de Comercio, colaborou na primeira Pasarela de Moda “Porriño Fashion Night” celebrada o pasado sábado pola noite con notable presenza de público na praza Arquitecto Antonio Palacios.

“Estamos moi ledos de apoiar este tipo de iniciativas que serven para dinamizar e poñer en valor o comercio de proximidade do Porriño”, manifestou Sergio Casal, concelleiro responsable de Comercio.
Unha duzia de establecementos comerciais participaron neste evento que organizou a firma “M&H Fashion Shows and Models” en colaboración coa Escola de Modelos “Proxecto Ego”.

Os modelos desfilaron por unha pasarela de 30 metros de lonxitude con coleccións de outono-inverno; moda nupcial; primeiras comunións e arras.

Estrea da reforma da pista 2 do Polideportivo Municipal con victoria do PBB

O equipo do Porriño Baloncesto Base acadou unha meritoria victoria contra o Bulevar Ávila, por un claro 73/61 a favor do equipo local. Foi o arranque da tempada para os porriñeses que comezan a súa nova andaina na Liga EBA. E co alciente da estrea do novo aspecto da pista 2 do Polideportivo Municipal despois das obras de reforma realizadas.

Realizaronse tarefas de arranxo, lixado, pulido e barnizado da pista. E por último pintouse coa nova iconografia do Concello do Porriño en cor vermello e branco como se pode apreciar nas imaxes.

A alcaldesa e a concelleira de Seguridade acudirán á primeira quenda do curso “Conduce con xeito”

Eva García de la Torre, alcaldesa do Porriño, e Lourdes Moure, concelleira de Seguridade asistirán maña sábado á primeira quenda de veciñas e veciños do concello que recibirán un curso de conducción segura, de xeito gratuito, e impartido por pilotos de rallys. Alcaldesa e concelleira entregarán diplomas acreditativos ós participantes cando rematen as clases prácticas, ó redor das 13 horas.

Cada sábado un grupo paritario de homes e mulleres, composto por 30 persoas máximo, recibirán clases teóricas no Multiusos de Torneiros e logo prácticas nun circuito habilitado no PPI-6 do Polígono Industrial de A Granxa. En cada quenda seleccionanse por idades. Nesta primera de mañá, acudirán persoas de 18 a 40 anos. Na seguinte, prevista para o 19 de outubro, serán persoas maiores de 40 anos.

Catro pilotos de rallys galegos, entre eles Ivan Ares e José Pintor campións de España no 2017, son os encargados de impartir a parte práctica a cada participante a bordo dun vehículo cedido á Policía Local do Porriño, encargada de organizar a o curso “Conduce con xeito”.

O Concello garante a recollida do lixo a pesares dos problemas de indisponibilidade da planta de “Sogama”

O Concello do Porriño garante que manterá con normalidade a recollida do lixo no termo municipal, a través da empresa concesionaria “Ascan” como ven de facer ó longo desta semana, a pesares dos problemas de indisponibilidade que afectan á planta de transferencia de “Sogama” ubicada no Polígono Industrial de A Granxa.

Eses problemas proceden “da circulación ferroviaria co transporte dos residuos urbanos” e da parada técnica da planta de tratamento de “SOGAMA” por traballos de mantemento que se realizan dende o pasado sábado, segundo a versión que a “Sociedade Galega do Medio Ambiente” trasladou este mediodía ó Concello do Porriño.

 

A petición de Sergio Casal, concelleiro de Medio Ambiente e Limpeza, “SOGAMA” comunicou por e-mail unha explicación sobre esta circunstancia.

A comunicación de “SOGAMA” sinala unha serie de problemas xurdidos: unha avería eléctrica no Complexo de Cerceda ocurrida o 2 de outubro e dúas incidencias na operativa de transporte e acarreo dos contenedores ás plantas empacadoras de Vigo, Porriño e O Rosal que aconteceron o 3 de outubro.

A explicación de SOGAMA ó Concello do Porriño conclue “en resumo: houbo situacións excepcionais nun prazo de tempo moi breve que non permitiron movilizar servicios adicionais  (…) provocando unha merma total da disponibilidade das plantas anteditas”

Non obstante a comunicación indica que “SOGAMA así como as adxudicatarias da xestión das plantas de transferencia e do servizo de transporte, estamos a poñer todos os recursos dispoñibles para solucionar esta situación e devolver a normalidade ás plantas (entre elas a de Porriño) esperando que ó longo do día de hoxe se realice o baleirado total dos camions e mañá sábado se restaure o normal funcionamento”.

O sábado comeza “Conduce con xeito”, o primeiro curso gratuito de conducción segura para veciños e veciñas do Porriño

Catro pilotos de rally, entre eles Ivan Ares e José Pintor, campións de España en 2017, impartirán as súas ensinanzas este vindeiro sábado día 5 ós veciños e veciñas de Porriño que participan no curso gratuito de conducción segura. O curso “Conduce con xeito” é organizado polo Concello, a través da Concellería de Seguridade, e se financia cos cartos recaudados coas multas de tráfico.


Nesta primeira quenda serán 30 persoas (15 homes e 15 mulleres) de idades comprendidas entre 18 e 40 anos, todas elas empadroadas no Porriño dende hai seis meses alomenos, os que reciban as clases teóricas e prácticas. Entre as 9 da mañán e as 13,30 horas. A parte teórica impartiráse no Multiusos de Torneiros e a práctica en vehículo nun circuito habilitado no PPI-6 do Polígono Industrial de A Granxa.


Os devanditos Ivan Ares e José Pintor partiticparán como monitores xunto ós pilotos locais David Gónzalez, de Porriño e o mosense Miguel Rodríguez. Ademaís acolaborarán varios axentes da Policía Local do Porriño que coordina a intendencia e loxística deste curso.
Ó longo dos meses de outubro, novembro e decembro, sempre en sábados, continuará o curso “Conduce con xeito”. En cada quenda haberá 30 personas. Na prevista para o 19 de outubro, será un grupo de maiores de 40 anos, tamén paritario.

80 composteiros para vivendas unifamiliares serán distribuídos polo Concello en colaboración co “Plan Revitaliza”

Oitenta composteiros individuais para vivendas unifamiliares serán repartidos próximamente a través do Concello do Porriño para extender a compostaxe nesta vila. Esta mañán persoal do “Plan Revitaliza” da Deputación Provincial fixo unha acción informativa e de recollida de solicitudes de composteiros, a través dun stand que montou na praza Arquitecto Antonio Palacios en colaboración co Concello. Sergio Casal, concelleiro de Medio Ambiente compartiu cos mestres composteiros as explicacións ós interesados en coñecer as vantaxes da compostaxe.

O compost converte os restos de comida e vexetais en fertilizante natural. Para compostar é preciso mesturar o lixo orgánico con restos leñosos e secos de podas, serraduras, follas… A transformación pódese realizar en calquera casa ou zona comunitaria mediante un composteiro, sen ningún tipo de mecanismo nin gasto de mantemento. Non esixe máis que o desexo de facelo e, en tempo, uns dez minutos á semana. O lixo diario que se xera nos fogares contén  un 53 % de materia orgánica que pode ser reciclada e retornada á terra en forma de humus para plantas e cultivos. De cada 100 quilos de lixo orgánico obtéñense entre 10 e 15 quilos de compost.

 

Por outra banda, o Concello do Porriño “tamén se acolle a compostaxe coa biotrituración dos restos das campañas de limpeza forestal e desbroce que se están a realizar”, manifestou o concelleiro de Medio Ambiente, Sergio Casal . A biotrituración realizouse en Cataboi en colaboración co Plan Revitaliza como se aprecia nas imaxes adxuntas,

 

 

 

O concelleiro David Alonso valora como “moi satisfactorio” o resultado das Festas do Cristo 2019

David Alonso, concelleiro do goberno municipal que asumiu a organización das Festas do Cristo 2019, realizou hoxe unha avaliación dos festexos que calificou como “moi satisfactorios”. Dende o Concello do Porriño “valoramos que a xente quedou encantada coas actuacións elixidas e coas novidades que incorporamos na programación como a Banda no Bus que levou a animación de xeirto itinerante ós barrios e parroquias do concello que o valoraron moi ben”, suliñou David Alonso.

O edil indicou que os concertos dos grupos ‘Banda Crebinsky’,‘Dakidarría’ e ‘Efecto Pasillo’ na rúa Domingo Bueno, reuniron a milleiros de persoas e “cumpriron coas expectativas que tiñamos”. David Alonso destacou que “os sectores de hostalaría, comercio, hoteis e servizos indicaronnos que notaron unha suba de afluencia e tiveron unha boa facturación con estas festas, incluso a pesares dalgúns días de choiva”.

“Coido que marcaramos unha nova liña de actuación da que estamos moi orgullosos coma por exemplo coa instauración dos premios ‘Cabezudos e Honra’ que estreamos con Doña Pucha, Cuquín e Teté Delgado, coa organización do primeiro Rally Mix e coa consolidación de eventos como a ‘Nocturna’ con máis de 300 ciclistas participantes ou o ‘Dirk Track’ que reuniu moita xente no Velódromo Municipal”, engadiu o concelleiro.

David Alonso agradeceu “a resposta positiva que recibimos de moita xente que manifestou o seu acordó coa política de contratación de artistas, contido do programa e control do gasto que non se disparou xa que dispuxemos dun arzamento de 160.000 euros, menos do investido en 2018”, rematou o seu balanzo o concelleiro.

Programa “Tecendo Lazos”: Comeza prazo de inscrición para curso de manualidades de moldeado e pintado de obxectos

O Concello do Porriño informa que a partir do 1 de outubro abrese o prazo de inscrición para o curso de manualidades de moldeado e pintado de obxectos que se vai a realizar no Centro Cívico durante os meses de novembro e decembro. 

Nesta mesma páxina web teñen a súa disposición e poden descargarse os formularios para a inscrición nesta actividade. 

Esta actividade realizase ó abeiro do programa “Tecendo lazos” que financia a Deputación Provincial de Pontevedra.