No ámbito da programación cultural do Concello do Porriño para o mes de agosto, este xoves 29 haberá un espectáculo de animación infantil. 
Ás 19 horas, no esceario habilitado na praza Arquitecto Antonio Palacios representaráse a obra “A illa sen tesouro”.
A posta en escea correrá a cargo da compañía Teatro Ghazafelhos.

A illa sen tesouro” é unha proposta de teatro de rúa apoiada nunha escenografía dinámica que se transforma nun mesón, nun barco, unha cova e nunha empalizada. Os tres actores e a actriz reinterpretarán os distintos momentos, coa participación do público.

Teatro Ghazafelhos é unha compañía nacida en Narón no ano 2006 especializada en teatro de actor e clown. Trátase dunha das compañías galegas de referencia para público familiar. Ghazafelhos compóñena Montse Piñón, Pepablo Patinho e Jorge Casas.