Axentes da Policía Local do Porriño recuperaron o pasado martes, no casco urbano, un coche que figuraba coma roubado en Vigo en novembro do ano pasado.
O xefe da Policía Local sinala que estas actuacións forman parte do Plan de Seguridade e Prevención da Seguridade Cidadá posto en marcha dende a Concellería de Seguridade, que dirixe Lourdes Moure, e que ten coma obxectivos perseguir a comisión e prevención dos Delitos contra o patrimonio das persoas.
O coche, logo da súa recuperación, será entregado ao seu propietario, “logo da inspección ocular, co obxecto de localizar ao presunto autor ou autores do roubo do mesmo”.
Dende a Policía Local recomendase ás veciñas e veciños que, ante calquera tipo de incidencia, chamen ao número de teléfono 620404040, que é “inmediato e sen intermediarios”.