A infancia de O Porriño participou hoxe, a través de dez alumnos e alumnas de cinco centros docentes da vila, no VII Foro de Participación Infantil de Galicia que se celebrou Parlamento Autonómico.

O alumno Francisco Javier Jiménez Gabarres, foi o orador elixido pola delegación porriñesa para intervir no pleno. O rapaz, alumno do CEIP da Ribeira falou sobre pobreza. Solicitou melloras nos comedores escolares, a implantación de mediadores sociais para eliminar o fracaso e absentismo escolar e a extensión da internet, especialmente nos núcleos rurais para igualar o acceso ás novas tecnoloxías.

A delegación porriñesa que acudiu hoxe ó Parlamento Galego estivo formada polos alumnos elixidos dos seguintes centros educativos: Santo Tomás, Aceesca, Hermanos Quiroga, CEIP da Ribeira y CEIP de Atios. Asimesmo integraron a delegación a concelleira de Educación, Lourdes Moure, os técnicos da OMiX e tamén un profesor de cada centro en condición de acompañantes.

O obxectivo desta actividade promovida por UNICEF é dar voz a nenos e nenas de distintos concellos galegos para que logo do traballo realizado nos seus Consellos Locais de Participación Infantil e Adolescente, aporten o pleno autonómico a súa visión de como as cuestións que son da súa preocupación e interese se ven reflectidas nas súas.