Porriño será un dos catro concellos que participará no curso “Coas mans na masa” orientado a todas aquelas persoas ligadas de xeito profesional ao mundo da hostalería e a restauración.
O curso chamase “Cociña creativa con produto local”. Da man do chef galego Iván Méndez, os participantes descubriran novos xeitos de empregar os produtos locais para elaborar pratos creativos e novidosos. O curso é eminentemente práctico e aprenderase facendo, experimentando, cociñando e elaborando.

Os cursos terán lugar en catro concellos do territorio do Grupo de Desarrollo Rural GDR 14 que son Nigrán, Tomiño, Redondela e O Porriño onde impartiráse os días 20, 21 e 22 de abril. No Porriño o curso impartirás na aula de cociña do Multiusos de Torneiros.

Poderá inscribirse e participar nestes cursos calquera persoa que resida no territorio do GDR 14 e teña algunha relación co sector da hostalería e da restauración, independentemente de que o concello no que viva non dispoña de curso. As xornadas son de balde e a inscrición farase a través da web www.eurural.org, dirixíndose ao apartado denominado Escola. Todos os cursos se impartirán nun horario adecuado ás persoas profesionais que participen, polo que se definirá da súa man antes do comezo do curso. Haberá un máximo de 15 alumnos e alumnas por curso.

David Alonso, concelleiro de Emprego e Servizos Sociais asistiu en representación do Concello do Porriño ó acto de presentación celebrado en Redondela.