Lourdes Moure y Orlando Marquez, concelleiros do equipo de goberno municipal emprenderán mañan mércores unha viaxe ata a vila croata de Vrgorac para establecer un irmandamento co Concello de Porriño. Tratase dun proceso semellante ó que se fixo coa cidade francesa de Fronçac para o intercambio de escolares que está a realizarse. De feito, representantes da mancomunidade municipal Fronsadais tamén acudirán á vila croata para participar e amplar lazos.

Estas iniciativas de irmandamento de Porriño coas outras vilas producense baixo a declaración de “Cidade Amiga da Infancia” que recibiu de UNICEF no pasado mes de novembro.



Vrgorac é unha vila de orixe medieval que pertence ó distrito de Split-Dalmacia e que tén algo máis de 6.500 habitantes. Os concelleiros porriñeses establecerán con Ante Pranic, alcalde da cidade croata os termos do irmandamento.

No que atinxe á relación entre Porriño e a vila francesa, en breve haberá novas. De feito ó longo deste mes de abril, 16 rapaces de 12 a 17 anos acompañados de tres profesores de centros de ensino de Fronçac visitarán Porriño. Viaxarán en Semana Santa. Estarán en Porriño entre o 14 e 20 de abril e como fixeran os mozos porriñeses cando viaxaron a terras galas, agora os nenos franceses aloxaranse en casas de particulares que recibirán unha axuda municipal.

O Concello de Porriño está a programar unha serie de actividades divulgativas e lúdicas para recibir á expedición francesa. Entre outras unha visita a dúas empresas representativas de Porriño e que fagan un pequeño tramo do Camiño Portugués entre Porriño e Tui e logo viaxen e coñezan Santiago de Compostela. Entre as actividades deportivas e de ocio, os mozos franceses recibirán unha clase do alpinista José Antonio Martínez Novas no Polideportivo Municipal.