Alumnas e alumnos de 6 e 7 anos de 1º de Primaria do CEIP Antonio Palacios visitaron esta mañan a sede do Concello de Porriño así como as instalacions da Policía Local. Os nenos recibiron no salón de plenos unha explicación de cómo funciona un concello e logo percorreron as diferentes oficinas e andares da casa consistorial.


No despacho da Alcaldía, Eva García deulles unha explicación axeitada a súa idade sobre as obrigas dunha alcaldesa. Mostroulles o bastón de mando que lles chamou moitísimo a atención e logo tamén disfrutaron da balconada principal do edificio e das vistas cara á praza do Concello.


Na sede da Policía Local, preguntaron sobre as máis diversas cuestions do traballo dos axentes e mostraron un especial interese polos calabozos.
O remate da visita a alcaldesa e o seus colaboradores agasallaron a cada un dos 50 escolares con cadernos, lapiceiros e doces.