O número de parados descendeu o o mes de xullo no Porriño en 42 persoas, segundo informou este martes o Ministerio de Emprego e Seguridade Social. Dacordo cos mesmos, na vila hai 1.663 desempregados anotados nas listas da oficina do Servizo Galego de Emprego.
Trátase do mellor dato de emprego das últimas 430 semanas-dende metade do ano 2009- e sitúa o paro no Porriño no 18,2%, amosando unha baixada que fai que o número de veciñas e veciños sen traballo sexa inferior a 1.700, un feito inédito dende finais de 2008.
En relación co mes de xullo de 2016 o desemprego descendeu no Porriño en 238 persoas, pasando de 1.901 a 1.663 e, porcentualmente, do 23,4 ao 18,2%, máis de 5 puntos nun so ano.
Dacordo coas cifras oficiais sobre a evolución do paro, dende que actual Goberno local tomara posesión, o desemprego no Porriño reduciuse de 2.139 persoas en xuño de 2015 a 1.663 este pasado mes de xullo, o que supón a creación de 476 empregos e unha caída do paro dun 8,1%.
A concelleira de Emprego, Soledad Girón subliña que o Goberno local ten coma a súa “primeira prioridade” a redución do desemprego e a creación de novos postos de traballo na vila e salienta que “as propostas, actividades, accións e iniciativas desenroladas neste mandato para conquerir este obxectivo están a funcionar”.
A concelleira lembra que o programa de formación ‘Porriño Accede’, baseado en convenios asinados entre o Concello e empresas da vila “está a dar os seus froitos”. Ata agora, asináronse 12 convenios de colaboración nun marco de tres acciones formativas, que permitiron que 12 das 15 persoas que participaron na primeira acción empezasen a traballar. Nove delas obtiveron esta oportunidade por medio das prácticas non laborais; coa seguinte formación, foron 6 as insercións laborais e hai previsión doutras 3 no que resta do programa.
Finalmente, na última acción formativa, conqueríronse 9 insercións, tamén de 15 participantes e está previsto completar tres accións en conxunto ao longo deste ano.
Tamén influíron de xeito notábel os ‘Plans de Emprego’, que foron posibles logo da sinatura dun acordo coa Deputación de Pontevedra e do investimento de fondos municipais, de máis de 500.000 euros no que vai deste ano, “e o feito de buscar e promover o entendemento con outras administracións”, o cal facilita a obtención de axudas e subvencións que adícanse á mellora das posibilidades de atopar un posto de traballo para aquelas porriñesas e porriñesas que están en situación de paro.

Os participantes son: 


O domingo, logo da misa, ás 2 da tarde chegará a hora do ‘Xantar Popular’ no Torreiro da Forna. Pódense facer as reservas chamando aos teléfonos 605 209 580, preguntando por Balbino, ou ao 653 623 037, preguntando por Vanessa.
A implicación de todos os vecinos que participan na organización consiguen que, na súa novena edición, a Festa do Cabrito de Chenlo sexa xa un ref
Durante toda a xornada amenizará a festa un grupo de gaiteiros e, xa pola tarde actuará o grupo musical 





As finais dos xogos desta edición de Porrigalia estiveron moi disputados e houbo que agardar seica ata as últimos intres das distintas probas para coñecer aos gañadores, que recibiron os seus trofeos e medallas de man da alcaldesa, Eva García de la Torre.
Se os xogos levaron a emoción as gradas do ‘circo’, instalado na Praza de Antonio Palacios, diante do Concello, o desfile dos romanos, galos, exipcios, vikingos, celtas, castrexos e gregos, estivo aínda máis discutido, posto que todos eles amosaron a súa imaxinación, a súa arte, a súa orixinalidade e a súa forza.
O agardado desfile da Garda Pretoriana, xusto antes do apagado do Pebeteiro, co que se remataba o Porrigalia 2017, foi un dos espectáculos máis aplaudidos destes días xunto co impresionante montaxe de ‘Troula Animación’.
Orcos, trolls e animalias… seres saídos da máis profunda escuridade dos tempos, envolveron aos asistentes no seu delirio de bengalas, instrumentos de percusión, fume, iluminación, levando aos presentes a unha peregrinación eterna, sorprendente e fantástica polas rúas do Porriño.
A noite dixo adeus ao son de ‘Pa ti na ma’, coas mellores versións de flamenco, para despedir esta edición de Porrigalia que viuse completa coa Animación na rúa, a cargo da Asociación Cultural Os Zoqueiros do Porriño, a Charanga Os Imperiais a Asociación Cultural San Xurxo de Mosende e Os Festicultores.