Tal e como adiantara o tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Manuel Carrera, as obras de mantemento que precisaba a cuberta do Pavillón Municipal quedaron rematadas a finais do mes pasado logo de que “fose posible acometelas unha vez que as condicións climatolóxicas o permitiron”.
Carrera subliña que estes traballos precisaban para a súa realización “varios días seguidos sen choiva”, como explicara xa a usuarios do pavillón, veciños e á Corporación en resposta a preguntas formulada no Pleno da mesma.
As obras, explica Manuel Carrera, realizáronse sobre as dúas ‘alas’ do pavillón, de 250 metros cadrados cada unha, e requiriron a retirada da anterior impermeabilización, a malla que había debaixo dela e picar unha cuberta de formigón de 20 centímetros de groso. Logo de rematada esta tarefa, procedeuse á substitución das tubaxes de fibrocemento por unhas novas de pvc, á cobertura da parte superior do inmoble cunha primeira capa de ‘polibreal’, a colocación doutra de ‘geotextil’, un material permeábel e flexible de fibras sintéticas, principalmente polipropileno e poliéster, unha segunda capa de ‘polibreal’ e, finalmente, pedregullo.
Así mesmo a nova cuberta conta cunha chapra illante que, ao mesmo tempo, protexe o teito contra a acción dos paxaros, do sol e das correntes de aire.
Rematados os traballos, elimináronse, finalmente, as goteiras nos baños, a cafeterías, a oficinas adicadas ao balonmán, salas e a oficina do encargado xeral do pavillón.

O concelleiro sinalou que as pasadas edicións foron un “éxito” e que agardaba que neste 2018 seguise na mesma liña. Para facelo posible, engadiu, conta coa colaboración “total” do Concello que este ano, ademais da animación na rúa, coa actuación de charangas, tamén farase cargo da colocación dunha carpa de 150 metros cadrados, do sistema de son e do corte do tráfico, por medio da Policía Local. Ademais, haberá inchábeis, de balde, para que as cativos e cativas “poidan divertirse, tamén”.
No acto desvelouse o programa ao completo, que este ano contará con cineastas Fernando Trueba e Gracia Querejeta, que participarán dos Coloquios na ‘Leira de Alicia’, e de ‘Triángulo de Amor Bizarro’ na parte musical, entre moitos outros nomes e actividades que se suman ás xa anunciadas para esta edición na que o Festival cumpre 15 primaveras.
Na presentación tamen estivo presente na presentación a actriz Isabel Naveira, “moi ilusionada” por recibir a chamada do Festival para formar parte do Xurado de Ficción e Animación, que compartirá con Anxos Fazáns, Felipe Lage, Nieve de Medina e Borja Cobeaga. O Xurado de Non ficción estará integrado por Ángeles Huerta, Luis Avilés e Isabelle Le Gonidec, e Paloma Zapata, Fernando F. Rego e Eduardo Herrero comporán o de Videoclips. Haberá tamén, como é tradición, un Xurado dos Veciños e Veciñas no formado por cinco habitantes de Cans.