C.D. Pontellas xogará por primeira vez unha eliminatoria da Copa do Rei o vindeiro 13 de novembro

Na sede da RFEF celebrouse onte o sorteo dunha ronda previa da Copa do Rei na que por primeira vez entran equipos de Rexional Preferente que se proclamaron campeons dos seus respectivos grupos e acadaron o seu ascenso automático a Terceira División.
Deste xeito o CD Pontellas entrou no bombo e quedou emparellado contra o Tolosa.
A eliminatoria é a partido único e se celebrará o 13 de novembro. O sorteo estableceu que o encontro sexa en terras vascas. O concelleiro de Deportes, David Alonso anunciou que viaxará ata Tolosa para acompañar e apoiar o representante porriñés.
Se o CD Pontellas superase esta previa, tocaríalle xogar na seguinte ronda cun primeira. Están exentos os catro grandes que compiten Champions League (R.Madrid, Barça, Atlético de Madrid y Valencia).
O sono do equipo porriñés sería que no vindeiro sorteo fose emparellado cun primeira de tirón como Sevilla, Atletic de Bilbao ou mesmo o Celta, por exemplo.

Acordo entre o Concello e Club de Atletismo para celebrar la 14ª edición da “Porriño 10K” en marzo de 2020

David Alonso, concelleiro de Deportes anunciou hoxe o acordo co Club Atletismo Porriño para celebrar a vindeira edición da “Porriño 10K” que terá lugar o domingo 15 de marzo de 2020. O acordo acadouse nunha reunión que mantiveron o concelleiro e directivos do Club de Atletismo Porriño que zanxouse co apretón de mans que reflexa a imaxe que adxuntamos.
O Concello colaborará co club organizador e aportará unha achega económica de 15.000 euros para a celebración desta proba xa clásica no calendario do atletismo galego que no vindeiro ano cumplirá su edición número 14.
A “Porriño 10K” desarrollase nun circuito urbano de dez quilómetros de lonxitude en diferentes categorías e modalidades que na última edición contou con preto de 1.400 participantes. Na proba senior o ganador foi o atleta ourensán Alejandro Fernández.

“Amazon” informa ó Concello que o xoves 17 estrea a central loxística no Porriño

A multinacional “Amazon” comunicou hoxe ó Concello que mañá xoves 17 de outubro vai abrir a súa central loxística en O Porriño. O novo centro de almacenaxe e reparto en Prado-Budiño, dispón da licencia de primeira ocupación que hoxe vén de firmar a Alcaldesa, Eva García.

Como a meirande parte da paquetería chega en transporte nocturno, a maior actividade na nova central loxística será no turno de noite, segundo informaron desde a multinacional ó Concello.

“Amazon” mercou este verán a antiga nave de “Arcelor” para establecer ese novo centro operativo no polígono industrial de Prado-Budiño. Desde agosto reformou a nave preexistente de 1927 metros cadrados construídos dentro dunha superficie total de 4.661 metros cadrados que ten o solar.

Namentres realizou as obras e a través da axencia “Manpower”, realizou a selección de persoal entre centos de curriculums que se presentaron para traballar nesta central loxística.

 

PSOE e BNG comunican nas súas respectivas redes sociais a firma do acordo para un goberno de coalición no Concello do Porriño

Tanto o BNG como o PSOE de O Porriño e Eva García, comunicaron esta mañán nas súas respectivas redes sociais e perfís de Facebook, a firma do acordo de goberno de coalición para este mandato. O acto tivo lugar na noite do martes 15.
Como se pode apreciar nas fotos publicadas, polo PSOE firmaron Eva García e Lourdes Moure, mentres que polo BNG suscribiron o documento Pedro Pereira, Ana Belén Bastos e Cami Moreira.

O texto íntegro do acordo en “pdf” tamén difundiuse por ambas as dúas formacións nas súas redes.
Conforme o documento Eva García de la Torre, alcaldesa de O Porriño presidirá o gabinete coaligado no que Pedro Pereira, voceiro nacionalista, será o primero tenente alcalde e Lourdes Moure, voceira socialista, ocupará a segunda tenencia de alcaldía.
As dúas formacións políticas sinalan nas súas respectivas publicacións que un dos puntos estelares do pacto é que unha parte das competencias propias da Alcaldía serán delegadas na xunta de goberno local e no pleno da corporación.
Non obstante o desarrollo do acordo queda pendente das delegacións de competencias que a Alcaldesa deberá facer nos vindeiros días. O reparto de responsabilidades así como as primeiras directrices da xestión serán explicadas nunha comparecencia conxunta que Eva García e Pedro Pereira protagonizarán nos vindeiros días.

Realizouse o sorteo para a composición das mesas electorais para o comicios do 10N

Este mediodía celebrouse o pleno extraordinario da Corporación Municipal que realizou o sorteo para determinar a composición das mesas electorais para os comicios do vindeiro 10 de novembro.

No concello de O Porriño formaránse 23 mesas electorais onde exercerán o seu dereito ó sufraxio 15.609 electores, segundo o censo actualizado á data. É unha cifra sensiblemente inferior con respecto ás derradeiras municipais cando o número de electores foi de 15.998. Ocurre que para as eleccións xerais excluense os extranxeiros censados no Porriño que actualmente son 389.

Os concelleiros Blanqui Francés, Manuel Carrera e Bienvenido Estévez foron testemuñas do sorteo. Foi o edil do PP quen premeu o botón que activou o sorteo. O secretario deu conta os restantes membros da Corporación Local que asistiron á sesión.

Antes de rematar o pleno, o voceiro do grupo Esquerda Unida Son, Pedro Ocampo solicitou á alcaldesa e ó secretario que insistan ante a Xunta Electoral de Zona para que traslade as mesas electorais que se concentran no CEIP Fernández López a outro emplazamento con máis amplitude e servizos. Actualmente no citado colexio acumulanse oito mesas electorais que reúnen a 7.329 de electores do centro da cidade.

Caeu outro tilo do Parque do Cristo

Este mediodía caeu outra árbore do Parque do Cristo afectado igual que os anteriores por problemas de podedumbre nas raíces. Tratase dun tilo que como os catro anteriores que caerán a semana pasada, terá que ser talado para evitar danos maiores. Este exemplar estaba dentro do recinto de xogos que fora restaurado hai dous anos e bateu contra outra árbore. Pola perigosidade que supón, precintouse a zona, mentres duren os traballos do servizo de parques e xardíns.

O concelleiro de Medio Ambiente, Sergio Casal indicou que un enxeñeiro da firma de xardinería “Adoa” que asesora ó Concello “estaba avaliando o estado das demáis árbores do Parque do Cristo”. Nunha primeira apreciación “non descartamos que poida haber outros exemplares afectados e que por previsión debamos talar tamén”, engadiu o concelleiro.
Moitas destas árbores son case centenarios e forman parte da paisaxe urbana da vila de O Porriño.

Este sábado reanudase o ciclo de teatro para adultos

Mañá sábado terá lugar a segunda representación do ciclo de “Teatro para Adultos” coa función “Un hotel de primeira sobre o río” a cargo da compañía “Escoitade”. Este ciclo está promovido polo Concello do Porriño e enmarcado no Circuito Galego de Teatro Amador da Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA).

É unha adaptación de Doro Piñeiro da obra orixinal de Xohana Torres que será representada no Círculo Recreativo Cultural a partir das 20 horas.

O sábado celebraráse o “Porriño Street Festival” que xa sufrira dous aprazamentos

O “Porriño Street Festival”, unha nova proposta lúdica que formaba parte da programación das Festas do Cristo, celebraráse finalmente mañá sábado 12 de outubro, entre as 10 da mañán e as 18 horas, na praza Arquitecto Antonio Palacios.
Este evento tivo dous aprazamentos anteriores durante o mes de setembro polo mal tempo.

Tratase dunha competición de baile (“all styles battle”) na que se mesturan diversos estilos de danza urbana, entre eles o “breaking” que será olímpico nos Xogos de París 2024.

David Alonso, concelleiro responsable da organización das Festas confirmou que haberá alomenos 50 inscritos para esa competición.

O “Porriño Street Festival” tamén abrangue un obradoiro de “parkour” e unha exhibición de graffiti.

O Concello do Porriño patrocinará ó piloto local Yago Martínez, campeón de España de Motocross sub 18

O piloto local Yago Martínez, orixinario de Atios, acudiu ó Concello do Porriño, acompañado do seu pai para tratar co concelleiro David Alonso e co xefe do servizo de Deportes, Julio Bernárdez a posible colaboración municipal con este xoven deportista.

Yago Martínez ven de proclamarse campeón de España sub18 de Motocross na tempada que rematou en setembro pasado coa undécima proba do calendario disputada en Molina de Segura (Murcia).

Yago corre con moto “Yamaha” pero non é piloto oficial polo que a súa familia costea os seus gastos co apoio de alguns patrocinadores. O concelleiro de Deportes vai estudar unha posible achega municipal a este piloto para que inclua no seu mono, casco ou gorra publicidade de “Porriño, O Concello do deporte”. “Imos valorar unha cantidade para atender as súas necesidades básicas”, manifestou David Alonso.  

Reunión do concelleiro de Deportes co “Balonmán Porriño”

David Alonso, concelleiro de Deportes informou a Abel Estévez, presidente do Balonmán Porriño e outros directivos do club local que as obras de arranxo da pista 1 do Polideportivo Municipal realizaránse entre o 9 e o 19 de novembro. Os traballos consistirán na sustitución, lixado, pulido, barnizado e pintura da superficie como se fixera na pista 2.
Por outra banda, a directiva do club trasladou ó concelleiro de Deportes a solicitude de que se axilice o pago do segundo prazo da subvención municipal. O Balonmán Porriño recibe nesta tempada unha achega de 130.000 euros do Concello que é o seu principal patrocinador.

Obras de impermeabilización no Polideportivo
Asimesmo o concelleiro informou da execución dos traballos de impermeabilización que se están a realizar no Polideportivo Municipal en dous puntos: na entrada do Pabellón 1 e nos voladizos do Pabellón 2. Estes traballos de impermeabilización sufraganse cunha achega do Plan Concellos da Deputación Provincial de preto de 40.000 euros.