A parroquia de Pontellas celebrará o vindeiro domingo 17 de novembro a XVI edición da Festa da Zorza no Centro Social e Cultural.
Vanse preparar 2.500 racions que se servirán en prato de barro e tamén en empanada, acompañadas de viño branco e tinto. O prezo da ración será de 6 euros no que está incluído a taza, o viño, o pan e a zorza.
Os organizadores garanten que tanto a escolla da carne como a súa preparación é realizada de forma tradicional e polo tanto caseira algo que os asistentes asiduos veñen valorando moi positivamente ó longo destes anos.
A degustación comezará a partir das 11.30 horas até as 15 horas para o que está habilitada unha grande carpa. A organización e preparación corre a cargo da Asociación Cultural de Pontellas que conta coa colaboración do Concello do Porriño.
En representación do goberno municipal asistirán os concelleiros de Comercio e Deportes, Sergio Casal e David Alonso e a tenente de alcalde e concelleira de Seguridade, Lourdes Moure.
Para a animación desta Festa da Zorza actuarán a Rondalla de Pontellas, o grupo de cantareiras Vaicheboa do centro cultural, e o grupo de gaitas Nordesía.