A ALCALDESA DE PORRIÑO RECIBE PROTECCIÓN POLICIAL DESPOIS DA MORTE POR ACOITELAMENTO DUN DOS SEUS CANS

A Subdelegación do Goberno ordenou que as Forzas de Seguridade dean protección policial a Eva García de la Torre, alcaldesa de O Porriño despois da morte por acoitelamento dun dos seus cans. Aconteceu o pasado domingo, mentres Eva García atopábase en actos de campaña electoral. O autor ou autores entraron na súa vivenda particular e mataron a coiteladas unha cadela. O feito tivo lugar horas despois de que a alcaldesa de Porriño tivera varias comparecencias en medios de comunicación nas que expresou o seu apoio e solidariedade ós xitanos zamoranos logo dos sucesos de Torneiros.

A alcaldesa de Porriño fixo hoxe unha declaración para os medios informativos na que sinalou que “se alguén pretende amedrentarme para non cumpra coas miñas obrigas e responsabilidades, equivocase. Non vou dar un paso atrás. Se hai un clan mafioso que pretenda facerme unha advertencia para que non chame ás cousas polo seu nome, trabúcanse. A miña obriga como alcaldesa de  Porriño é defender a todos e cada un dos  veciños con independencia da súa etnia, relixión, orixe e condición”. Eva García rematou a súa declaración instando á veciñanza de Porriño a “confiar na investigación policial que esclareza estes feitos e que estea tranquila porque vivimos nun pobo traballador, alegre e tranquilo”.

Presentación de 10 pezas audiovisuais elaboradas polo alumnado dos IES do Porriño, no marco do programa “Corto e Cambio” organizado pola OMIX.

“Corto e Cambio” é un programa de prevención do consumo de tabaco, alcol e drogas entre adolescentes, no que participaron uns 120 mozos e mozas promovido polo Concello de Porriño e organizado pola OMIX. Os mozos e mozas elaboraron distintas pezas audiovisuais para sensibilizar sobre esta problemática ao resto de compañeiros e a cidadanía en xeral.
En total presentaranse 10 pezas audiovisuais, entre curtas de ficción, documentais e spots pensados, dirixidos, protagonizados e gravados por alumnos e alumnas dos IES Pino Manso e Ribeira do Louro en moitos casos cos seus propios teléfonos móbiles.
Esta actividade forma parte do programa “Corto e cambio” organizado pola Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello do Porriño que ten solicitada unha subvención a Xunta de Galicia, e pretende sensibilizar sobre as consecuencias físicas, psíquicas e sociais derivadas do consumo deste tipo de sustancias.
Así durante varias semanas os alumnos/as participantes contaron co apoio dunha psicóloga para traballar os contidos mais teóricos e dun titulado en comunicación audiovisual para apoiar na parte técnica de todo o que rodea a elaboración das pezas audiovisuais.
Segundo informa Noelia de la Fuente, responsable da OMIX, “o traballo baseouse na utilización doutros recursos audiovisuais realizados por mozos e mozas de idades similares as súas, de xeito que lles fose máis doado empatizar e implicarse na elaboración de novas pezas audiovisuais que axudasen aos seus compañeiros/as a identificar os riscos físicos e psíquicos para a saúde derivados do consumo deste tipo de sustancias, a analizar a presión grupal como factor favorecedor do inicio no consumo, a desmontar tópicos e mitos existentes respecto ao consumo e adquirir coñecementos e pautas de actuación para a redución de riscos”.
O resultado destes traballos audiovisuais poderá verse en estrea este martes pola tarde ás 16:15 horas no Centro Cultural Municipal e estará dispoñible tamén na web municipal e nas redes sociais a partir desta data.

Porriño volve a reivindicarse como capital galega do pan

Porriño volve a reivindicarse como “a capital galega do pan” co gallo da IV Feira do Pan do Porriño que terá lugar os vindeiros días 1 e 2 de xuño. O certame presentouse hoxe no Concello coa presencia de Eva García, alcaldesa da cidade; Juana Pérez, presidenta da asociación empresarial “Acipor” e os representantes do sector panadeiro local, encabezados por José Manuel Fernández.


Segundo as explicacións de Juana Pérez haberá 16 stands que acollerán ás oito panaderías de Porriño así como a diversas marcas e produtos convidados. Abrirán o sábado 1 de xuño ás 10 horas aínda que o pregón inaugural será a mediodía a cargo de Carlos Alvarez. Ese mesmo día, a Feira albergará un “show cooking” mediante maridaxes de pan de Porriño con diferentes produtos en diversas posibilidades culinarias a cargo do centro EFA A Cancela de As Neves”, segundo comentou a presidenta de Acipor.
Habilitarase tanto o sábado como o domingo unha carpa na Feira para que o público que o desexe poida xantar alí.
De novo a Feira do Pan do Porriño celebrará un certame alcumado “Empanadas no Ring” que tivera moita sona cando incorporouse o ano pasado.


O domingo 2, Acipor e os panadeiros porriñeses propoñen que todos os veciños e veciñas dispostas acudan a un almorzo “Brunch” con Pan do Porriño (prezos: 5 € adultos; 3 €, infantil). Tamén na última quenda da Feira terá lugar a “Cata de pans convidados” na que se medirán pans de Porriño, Cea, da Moa, Fisterra e o portugués Broa de Avintes.
José Manuel Fernández, no nome dos panadeiros locais destacou a importancia da Feira para eles e lembrou que “segue en tramitación e gardemos que non demore moito máis o rexistro da marca ‘Pan de Porriño’ que estamos a xestionar ante a Xunta de Galicia”, manifestou.
Rematou a presentación a alcaldesa Eva García que alabou a importancia deste certame para reivindicar “unha das nosas señas de identidade que ven dende o século XVII, razón pola que desde hai catro anos este goberno municipal que presido colabora en impulsar esta Feira do Pan como forma de rescatar esa marca”.

ALCALDESA E VOCEIROS MUNICIPAIS ENCABEZARON A CONCENTRACIÓN DE REPULSA POLOS SUCESOS DE TORNEIROS E PARA MOSTRAR O SEU APOIO ÁS FAMILIAS DE XITANOS ZAMORANOS

A Alcaldesa de Porriño, os concelleiros do goberno municipal e os voceiros dos grupos políticos da Corporación Local encabezaron a concentración de repudia polos sucesos de Torneiros e para mostrar o apoio de Concello de Porriño ás familias de xitanos zamoranos. Representantes das familias de xitanos zamoranos, entre eles, familiares directos dos feridos, tamén acudiron e participaron na concentración.
“Queremos mostrar o noso máis firme rexeitamento a calquera tipo de violencia, queremos subliñar que non se trata de liortas entre xitanos senón que foi un atentado contra a convivencia pacífica e que non se pode aceptar que se pretenda aplicar unha ‘lei’ non escrita, senón que estamos nun Estado de Dereito con leis iguais para todos”, dixo a alcaldesa.
Eva García cos voceiros dos grupos municipais ó seu carón, enagadiu que “os zamoranos son os nosos veciños, viven e traballan en paz coas súas familias en Porriño dende hai moitos anos, de tal xeito que non podemos permitir que algún queira alterar esa convivencia pacífica, concluíu.
A continuación gardouse un minuto de silencio en sinal de rexeitamento polos feitos acaecidos en Torneiros.
No nome das familias de xitanos zamoranos asentados en Porriño e tamén no nome do pai da rapaza que aínda permanece hospitalizada por ferida de bala, falou Luís León. Comezou dando as grazas á alcaldesa e os grupos municipais da Corporación pola súa solidariedade. Dixo que “no nome de Angel, o pai da nena ferida, quero trasladar que a rapaza atópase estable” e trasladou o agradecemento de “todas as familias de os zamoranos que levamos moitísimos anos vivindo e traballando en Porriño onde todo o mundo coñécenos e non somos ningún clan “, matizou o voceiro.
Tamén falou brevemente o pai do rapaz que tamén fora ferido de bala nun brazo e que xa se atopa no seu domicilio “convalecente con moito malestar e dor pero felizmente fora de perigo”, segundo manifestou.

A ALCALDESA DE PORRIÑO AGARDA QUE A INVESTIGACIÓN POLICIAL ESCLAREZCA CANTO ANTES A AUTORÍA DOS GRAVES FEITOS OCURRIDOS NA NOITE DO SÁBADO EN TORNEIROS

Eva García, alcaldesa de O Porriño manifestou a súa ”máis enérxica repulsa polos graves sucesos ocurridos onte á noite en Torneiros” e abogou polo “rápido esclarecemento dos mesmos”.
A alcaldesa indicou que agarda que “a investigación policial acade canto antes a detención e posta a disposición xudicial do autor ou autores dos disparos contra as familias de xitanos zamoranos que asistían no Multicentro de Torneiros a unha pedida de mán”. Asimesmo a alcaldesa de Porriño fixo votos “pola recuperación das dúas personas feridas por disparos”
Por outra banda Eva García contactou hoxe cos voceiros dos restantes grupos municipais da corporación local de Porriño e consensuou con eles celebrar mañán luns, a mediodía, unha concentración de repulsa por estes feitos. Tera lugar na praza Arquitecto Antonio Palacios, diante do Concello e a alcaldesa invita a todos os vecinos de Porriño que o desexen a sumarse a esta mostra de repudia contra a violencia.

Concello e “Maier Ferroplast” firmaron un convenio para máis incorporacións laborais no ámbito do programa “Porriño Accede”

Dende o pasado xaneiro, ó longo dos cinco meses transcurridos, o programa  “Porriño Accede” que se desenrola por terceiro ano consecutivo, fomentou a incorporación ó mercado de traballo en empresas da cidade e da bisbarra. Segundo o balanzo feito pola Concellería de Emprego,  65 foron as persoas seleccionadas para recibir formación das cales 26 firmaron xa un contrato de traballo no que leva de ano e outras 19 realizan prácticas durante o mes de maio con expectativas de inserción, en distintas empresas do Porriño.

Para a a formación desas persoas, realizáronse dúas edicións de produción industrial e manexo de carretilla elevadora, prevención de riscos laborais no sector da automoción, soldadura MIG MAG, Lean Manufacturing, Ponte-grúa e Inxección de Plásticos.

Fixeronse 12 convenios de colaboración asinados entre o tecido empresarial e o Concello de Porriño que permitiron a un total de 42 aspirantes formarse nas empresas para acceder a unha oportunidade de traballo. Nese contexto a empresa Maier Ferroplast Sociedad Cooperativa Galega asinou un acordo de colaboración co Concello do Porriño na procura de formar 7 persoas en situación de desemprego cara a súa posible incorporación na compañía, segundo establece o convenio que suscribiron a alcaldesa Eva García mailo director da pranta, José Antonio Lima. Despois da firma, realizouse unha visita ás instalación da factoría que tén da orde de 250 operario, cunha facturación de 337 millóns de euros. Adícase á fabricación de pezas plásticas para o automóvil tendo por principal cliente a PSA-Citröen e outros fabricantes asentados en España

A Alcaldesa compartiu clase coas mulleres participantes no curso de Defensa Persoal e Protección Xurídica que rematará o vindeiro sábado

Eva García de la Torre visitou e compartiu coas mulleres participantes a terceira quenda do curso de Defensa Persoal e Protección Xurídica que se imparte ó longo deste mes de maio.


Tratase dunha iniciativa do Concello de Porriño organizada pola Policía Local cos fondos do pacto de Estado contra a violencia de xénero.
Con 139 mulleres inscritas, este curso constitue unha proposta diferente en Galicia xa que combina a prendizaxe das técnicas de defensa co coñecemento xurídico do lexítimo uso da forza grazas a formación que aporta o maxistrado Juan José Trashorras. A cifra de mulleres inscritas tamén foi única e supón un record en cidades do tamaño de Porriño.
O curso rematará o vindeiro sábado 25.

Recepción no Concello ó filial do Balonmán Porriño polo seu ascenso á División Prata Feminina

A Alcaldesa Eva García ofreceu unha recepción no Concello á plantilla do equipo filial do Balonmán Porriño que vén de acadar o seu ascenso á División Prata Feminina. O conxunto porriñés obtivo a promoción grazas a gañar os tres partidos do sector de ascenso disputado o pasado fin de semana na nosa cidade. Derrotou a KTM Balsebike; EMD Aceuchal e no partido definitivo ó Balonmán Zamora.

Deste xeito Porriño é unha das poucas cidades de España cun club de balonmán que pode presumir de ter ó seus equipos femininos nas dúas principais categorías nacionais.

O concerto de Susana Seivane será no Pavillón Municipal pola ameaza de choivas

O concerto musical que ofrecerá o xoves 16 Susana Seivane celebraráse definitivamente no Pavillón Municipal de Deportes debido ás previsións de choiva. Inicialmente programouse para celebrar no Parque do Cristo pero desestimouse pola previsión meteorolóxica. Mantense a mesma hora: nove da noite (21 h.)

Susana Seivane actuará acompañada das porriñesas Cantareiras Fonteliño nun concerto no que colaboran Deputación Provincial e “Musigal”.

Susana é a herdeira dunha das familias con máis prestixio dentro do mundo dos gaiteiros e artesáns de gaitas en Galicia, a familia Seivane. Comezou a súa andaina musical ao cumprir tres anos de idade. Da man do seu pai Álvaro Seivane, e influenciada por mestres gaiteiros como o seu avó, Xosé Manuel Seivane, Ricardo Portela e Moxenas, conseguiu o respecto e admiración do mundo da gaita e da música tradicional en Galicia. Ese estilo xenuíno está hoxe presente na forma de tocar de Susana, unha muller que sintetiza o estilo “enxebre” de vellos gaiteiros. Combina este valioso legado con influencia doutras músicas; para iso rodéase dun elenco de mozos músicos que achegan gran frescura e orixinalidade ao seu espectáculo.