Porriño será a capital do ciclismo pontevedrés durante as vindeiras semanas coas probas “Xarotos” e “Challenge Rías Baixas” que reunirán perto dun milleiro de participantes

A cidade de Porriño converteráse na capital do ciclismo pontevedrés durante as vindeiras semanas ó reunir a perto dun milleiro de participantes nas probas que organiza o club ciclista “Master da Louriña”. Unha de elas, a “Xarotos Gran Fondo” co patrocinio do Concello de Porriño e Deputación Provincial, definese como “proba ciclodeportiva” que se disputará o domingo 12 de maio.
Para a “Xarotos” agardánse más de 500 ciclistas, segundo estimación dos organizadores. Na categoría absoluta disputaráse sobre unha lonxitude de 130 kilómetros dos que 83 serán cronometrados. Tamén haberá outras duas probas complementarias de medio fondo e mini fondo sobre distancias de de 95 km e 71km, respectivamente. A saida será dende a praza do Concello de Porriño. O percorrido de cada unha das tres modalidades será neutralizado os primeiros 19km de cada opción e os últimos 28 km serán sen cronometraxe.
O outro evento organizado por “Master da Louriña” é a “Challenge Rias Baixas” que cumprirá a súa terceira edición. Tratase dunha proba para categorías xuvenil e “master” homologada pola Federación Galega, conta cos patrocinios dos Concellos de Porriño, Mos e Ponteareas e terá lugar o fin de semana do 22 e 23 de xuño.
“Ambas competicions movilizarán en total un milleiro de ciclistas de Galicia, Asturias, Castela e Norte de Portugal que converterán Porriño no epicentro destes eventos que dende a Federación Galega de Ciclismo valoramos moitísimo e agradecemos a colaboración dos concellos pola súia sensibilidade para con noso deporte”, sinalou Juan Carlos Múñiz, presidente federativo.
A alcaldesa Eva García manifestou a súa satisfacción “polo movemento económico, a dinamización social e o ambiente que suporán estas probas para a hostelería e comercio de Porriño” que ademáis “volve a reinvidicase como O Concello do Deporte”.


Na presentación das probas tamén estiveron presentes a concelleira de Turismo de Mos e o concelleiro de Deportes de Ponteareas e o ciclista profesional Gustavo Rodríguez, excorredor do equipo galego “Xacobeo” e hoxe en día adicado ó triatlón. Está piques de participar o vindeiro sábado no Mundial de Triatlón de Longa Distancia que se celebrará en Pontevedra.
A organización das probas decidiu render unha homenaxe a Gustavo quen recibiu de mans do presidente do club “Master da Louriña”, Juan José Alvarez Cerdeira, un maillot especial e anunciou que será o anfitrión e referente destes eventos.

Inminente estrea do “Porriño Street Food”

“O Porriño Street Food” trae á nosa cidade un festival que concentrará nun mesmoespazo unha seleccionada oferta gastronómica, música en directo e un mercado con expositores de Porriño e bisbarra. Deste xeito Porriño incorporase a unha tendencia cada vez máis extendida que demanda estas novas fórmulas que reúnen comercio non convencional, ocio e gastronomía en espazos abertos. “Ademáis a capacidade de convocatoria deste tipo de eventos e a boa previsión meteorolóxica para o vindeiro fin de semana fan prever unha altísima presenza de público da área metropolitana e polo tanto un importante retorno económico para Porriño”, valorou a alcaldesa Eva García que presidiu a conferencia de prensa.

“O Porriño Street Food” desenrolaráse na praza Arquitecto Antonio Palacios a partir das 21 horas da noite do vindeiro venres 3 de maio. Seis camions con cociñas sobre rodasou “food trucks” segundo a denonimación inglesa, instalaránse na praza. Os participantes serán os pontevedreses “Mean Dogs e “Crepes & Roll”; “Faiscas”,“Matafame” e “Gale-Truck” (todos eles de Ourense) e “Rock & Dog” (de León). A organización, a cargo da OMIX de Porriño e a empresa de eventos “Galicia Street Food” instalarán carpas, mesas e cadeiras para o público asistente.Os “food trucks” “ofrecerán propostas gastronómicas suculentas e orixinais que comprenderán hamburguesas premium, bocadillos gourmet, tapas originales, cocinavegana, crepes e gofres artesás e cervexas de autor”, dixo Crisóbal Cudeiro, responsable da empresa organizadora. Segundo dixo “ a elección de Porriño para este evento queserá a primeira vez que se celebre, responde ás características de esta cidade e á excelente colaboración por parte do Concello, declarou Cudeiro.A oferta gastronómica manteráse ata o domingo 5 do “Porriño Street Food” e estará complementada por un mercado con 10 comerciantes da cidade e por actuacionsmusicais diarias que contribuirán á animación.

122 RAPACES PARTICIPARON NO III TORNEO ESCOLAR DE XADREZ CONCELLO DE PORRIÑO

Antón Sío Lago, do CEIP “Antonio Palacios” foi o gañador do “III Torneo Escolar de Xadrez Concello de Porriño” que recibiu de máns de Eva García de la Torre. A Alcaldesa de Porriño asistiu á clausura do Torneo xunto coa concelleira de Educación , Lourdes Moure.
Finalmente foron 122 os rapaces e rapazas de dez centros de ensino da cidade con idades comprendidas entre 6 e 16 anos, os que participaron na competición celebrada hoxe.
Este ano correspondeulle ó CEIP “Antonio Palacios” ser o anfitrión da competición que anteriormente acolleron os CEIP de Atios (2016) e “Fernández López” (2017).
Alicia Rodríguez (“Santo Tomás”) foi a segunda clasificada e o seu compañeiro de “cole” Diego Vázquez quedou terceiro. Noa Teixeira Alvarez e Javier R. Rocha, ambos do CEIP Antonio Palacios, completaron as cinco primeiras prazas.

Porriño celebra o Día Internacional da Danza

O Concello de Porriño organiza unha exhibición de escolas de danza para celebrar o Día Internacional da Danza que se conmemora cada 29 de abril.
O espectáculo desenrolaráse o luns, a partir das 18,30 horas, na Praza Arquitecto Antonio Palacios.
As escolas “Studio 57” e “MaiSon” achegarán as suas aulas á Praza do Concello. Poderemos gozar entre outras das seguintes disciplinas: break, predanza, baile mamis e papis, moderno, oriental, hip hop, dancehall, e latino

O CEIP “Antonio Palacios” acollerá o III Torneo Escolar de Xadrez Concello de Porriño con 120 participantes

Cento vinte escolares de dez centros de ensino da cidade con idades comprendidas entre 6 e 16 anos, participarán na terceira edición do Torneo de Xadrez Concello de Porriño que se celebrará o luns 29 de abril.
Este ano correspondelle ó CEIP “Antonio Palacios” ser o anfitrión da competición que anteriormente acolleron os CEIP de Atios (2016) e “Fernández López” (2017).
As partidas comezarán ás 9,30 horas e ó remate do torneo, estimado árredor das 13,15 horas, a alcaldesa de Porriño, Eva García e a concelleira de Educación, Lourdes Moure presidirán a entrega de premios.

Recepción ó equipo “infantil A” da U.D. Atios polo seu ascenso a Liga Galega

Eva García de la Torre, alcaldesa de Porriño ofreceu unha recepción ós xogadores, adestradores e directivos do equipo “infantil A” da Unión Deportiva Atios, acto ó que se sumaron tamén pais e nais dos rapaces.
O equipo formadopor nenos de ata 14 anos vén de acadar o seu ascenso a Liga Galega. Gañaron o pasado 6 de abril no seu campo, O Carballo, á U.D. Comesaña no pasado decisivio polo ascenso. Foi una victoria pola mínima (1-0) pero dabondo para acadar un fito histórico no medio século de historia que a Unión Deportiva Atios está a cumprir neste ano.


Eva García recibiulles no salón de plenos da casa consistorial. Eloxiou o espírito de loita do equipo e manifestou a súa honra como alcaldesa do Concello de Porriño, principal patrocinador da U.D. Atios.

Agardanse 450 participantes nas probas de bicicleta de montaña “Concello de Porriño” que organiza a “AD Avanza” nos Montes da Risca

A Asociación Deportiva Avanza, organizadora do evento, agarda acadar mañán sábado 450 participantes nas dúas probas de bicicleta de montaña que se celebrarán nos Montes da Risca, patrocinadas polo Concello de Porriño. Dese total, 250 serán nenos e nenas de ata 13 anos de idade inscritos para o “Trofeo Mini BTT Concello de Porriño” que se celebrará a partir das 10 da mañán. E por outra banda, estímase que haberá 200 participantes na proba “I Trofeo XCO Concello de Porriño” que agrupará a 200 participantes das categorías cadete, senior e master 50. Esta proba de bicicleta de montaña campo a través comezará ás 16,30 e rematará árredor das 19,30 coa entrega de premios segundo as previsions dos organizadores.
Eva García, alcaldesa de Porriño, Julio Bernárdez, do Servizo de Deportes do Concello e Ricardo Maquieira, representante da AD Avanza realizaron a presentación acompañados por Adrián Maquieira, que será un dos participantes na proba infantil.


A organización destes eventos deportivos “reflicten o traballo de canteira que estamos a facer dende a Asociacion Deportiva Avanza que conta con aproximadamente 90 rapaces e rapazas, a meirande parte de Porriño, na súa escola de ciclismo, unha laboura que non seríamos quén de realizar senon fora polo importantísimo apoio económico do Concello de Porriño”, sinalou Ricardo Maquieira.
“Estamos moi orgullosos dese traballo de formación que por iso apoiamos dende O Concello e que está en consoancia co apoio xeral ó deporte e en particular ó ciclismo que está tan vencellado a nosa cidade”, respostou Eva García de la Torre que desexou “moita sorte e bo tempo para o mellor desenrolo das competicions”.

RAP E BEATBOX NA VINDEIRA QUENDA DE “VIVE A CULTURA URBANA”

Mañán venres 26 será a quenda do Rap e do Beatbox  en “Vive a Cultura Urbana”, programa de ocio activo dirixido á mocedade que patrocina o Concello de Porriño e organiza a través da OMIX. A cita, coma sempre, a partir das 18 horas no Parque Infantil ó carón do Cemiterio.

Esta edición de “Vive a Cultura Urbana” está chegando ó seu fin. A programación dividiuse en dous bloques: Deportes Urbanos e Música e Arte Urbana. No mes de abril están a desenrolarse as actividades nese segundo eido a través de diversos obradoiros. Un deles, adicado ó “breakdance” tivo que aprazarse por causa meteorolóxica e adiouse para o 3 de maio. Nesa mesma data celebraráse tamén, en horario de noite, o festival musical co que concluirá a programación deste ano.

O propósito de “Vive a Cultura Urbana” “é fomentar un xeito de ocio saúdable entre a mocedade prestando especial atención á franxa de idade de nenos de más de 11 anos que entran na adolescencia”, segundo manifestou Eva García, alcaldesa de Porriño, concello que ten o receoñecemento de “Cidade Amiga da Infancia” outorgado pola UNICEF.

REUNION DA COMISION DE SEGUEMENTO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A Mesa de Coordinación contra a Violencia de Xénero reuníuse hoxe na casa consistorial de Porriño coa asistencia de responsables da Subdelegación do Goberno, da Garda Civil, da Policía Local e do Centro de Información á Muller e Servizos Sociais do Concello de Porriño. A alcaldesa, Eva García de la Torre e Lourdes Moure, concelleira de Seguridade presidiron a reunión de traballo que tratou diversas medidas de coordinación entre estas institucions e as forzas e corpos de seguridade. Asimesmo revisaronse as últimas cifras sobre denuncias, ordes de protección de víctimas e de afastamento de agresores.
Porriño é un dos once concellos da provincia de Pontevedra que está integrado no Sistema de Seguemento Integral da Violencia de Xénero (VIOGEN) para a prevención de situacions de risco e protección das víctimas.
Precisamente os representantes do Concello informaron ós restantes asistentes das actividades formativas que se desenrolarán ó longo do mes de maio nos diversos eidos da seguridade feminina e protección xurídica e tamén do tratamento das víctimas e os protocolos de actuación ó cargo dos profesionais que teñen que atenderlas

VOLVE A UNIDADE MÓBIL DO “ADOS” PARA RECOLLER DOAZONS DE SANGUE DOS PORRIÑESES

A Axencia Galega de Sangue, Organos e Tecidos (ADOS) solicitou ó Concello de Porriño que, de novo, preste a súa colaboración para sitúar unha unidade móvil para que a veciñanza faga doazóns de sangue entre mañán mércores 24 e ata ó venres 26. A unidade móvil estará aparcada na rúa Domingo Bueno fronte á Cafetería “Scala” en horario de tarde, entre as 16 e as 21 horas cada día.
A ADOS que depende do Servizo Galego de Saúde (SERGAS) reitera a importancia de esta colaboración cidadá para acadar 500 doazóns de sangue diarias en Galicia que contribuen a a axudar a centos de enfermos.