A Concellería de Cultura ofrécelles a actuación “on line” do Coro de Nenos da Escola Municipal de Música do Porriño, dirixidos polo seu profesor, Jacobo García.
https://www.facebook.com/120626222666695/posts/279301076799208/?vh=e&d=n
A Concellería de Cultura ofrécelles a actuación “on line” do Coro de Nenos da Escola Municipal de Música do Porriño, dirixidos polo seu profesor, Jacobo García.
https://www.facebook.com/120626222666695/posts/279301076799208/?vh=e&d=n
O Concello do Porriño quere aclarar que a norma que dende o pasado venres 8, por orde da Xunta de Galicia, eliminou as restricións de mobilidade por franxas horarias en núcleos separados de menos de 5.000 habitantes, TAMÉN É DE APLICACIÓN EN CARRACIDO.
A Concellería de Ordenación do Territorio que dirixe Pedro Pereira, fai esta aclaración ante as consultas xurdidas entre veciños de Carracido. Aínda que Carracido forme parte da parroquia de Santa María do Porriño, constitúe un núcleo diferenciado o que permite a aplicación da mesma norma que rexe para Torneiros, Atios, Budiño, Mosende, Chenlo, Pontellas e Cans.
En cambio no centro da vila, en Santa María do Porriño (centro urbano) SEGUEN AS RESTRICIÓNS POR FRANXAS HORARIAS E IDADES que están vixentes nesta fase 1 do Plan de Desescalada. que surpimiu
A Biblioteca Municipal do Porriño aínda non abre a pesar de que hoxe xa podería en aplicación da fase 1 do Plan de Desescalada.
“Desde a Concellería de Cultura informase que estamos acondicionando as instalacións segundo o publicado no BOE Núm.130 do sábado 9 de maio do 2020, polo que non se realizará a re-apertura da biblioteca, ata que sexa un espazo seguro de contaxio de Covid-19”, segundo explicou Cami Moreira, concelleira de Cultura.
O goberno municipal convocou hoxe, a partir das 17 horas, a representantes de diversos sectores da economía local para escoitar as súas necesidades de axuda para a reactivación.
Están convocados representantes da Asociación de Comerciantes e Industriais de Porriño (ACIPOR); da Asociación de Hostalaría; praceiras do Mercado de Abastos, taxistas e autónomos.
Despois, a partir das 19 horas, está convocada unha xunta de voceiros do grupos municipais para determinar os asuntos que se tratarán nun vindeiro pleno da Corporación. Entre eles, as modificacións orzamentarias de diversas partidas que non se empregarán e serán redirixidas para axudas sociais e para reiniciar a economía local.
A Biblioteca Municipal do Porriño aproveita a celebración do Día das Letras Galegas 2020 para dar a coñecer a figura do autor homenaxeado este ano, Ricardo Carvalho Calero. Para iso, ao longo dunha semana, irá publicando en internet 7 posts diarios de luns a domingo (17 de maio, Día das Letras Galegas), onde destacará os 7 aspectos máis salientables deste personaxe sobranceiro da cultura galega. Os posts publicaranse nas redes sociais da Biblioteca Municipal do Porriño.
No ano 2020 decidiuse adicar o Día das Letras Galegas a Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 1910-Santiago, 1990), coincidindo cos 110 anos do seu nacemento e os 30 anos do seu pasamento. Está considerado unha das figuras senlleiras da nosa cultura, un intelectual polifacético que destacou como escritor, crítico, profesor e lingüista, pero sobre todo como a persoa que logrou a canonización da historia da literatura galega.
https://bibliotecadoporrino.com/2020/05/10/7-post-sobre-carballocalhero/
O Concello de Porriño comezou as obras de lixado para o arranxo da pista 1 do Polideportivo Municipal. Os traballos iniciáronse aproveitando o cambio de fase no Plan de Desescalada e a suspensión das competicións deportivas do “Balonmán Porriño” e todos os demais clubs que empregan esta cancha para adestramentos e partidos.
David Alonso, concelleiro de Deportes e Julio Bernárdez, xefe do Servizo de Deportes do Concello acudiron a comprobar o desarrollo dos traballos. Consisten no acoitelado de madeira de arce canadiense, barnizado e pintado das liñas das pistas para as diferentes competicións deportivas así como do escudo e logo do Concello do Porriño.
Cando rematen estas obras, o Concello terá consumada a reforma das dúas pistas do Polideportivo Municipal cun orzamento global de 48.387 €
O Concello de Porriño comezou as obras de lixado para o arranxo da pista 1 do Polideportivo Municipal. Os traballos iniciaronse aproveitando o cambio de fase no Plan de Desescalada e o parón das competicións deportivas do “Balonmán Porriño” e todos os demais clubs que empregan esta cancha para adestramentos e partidos.
David Alonso, concelleiro de Deportes e Julio Bernárdez, xefe do Servizo de Deportes do Concello acudiron a comprobar o desarrollo dos traballos. Consisten no acoitelado de madeira de arce canaciense, barnizado e pìntado das liñas das pistas para as diferentes competicións deportivas así como do escudo e logo do Concello do Porriño.
Cando rematen estas obras, o Concello terá consumada a reforma das dúas pistas do Polideportivo Municipal cun orzamento global de 48.387 €
Dous axentes da Policía Local do Porriño acadaron reanimar con éxito a unha nena de 2 anos que estaba atragoada e xa non respiraba. Os feitos ocorreron onte sábado, ás 19,40 horas. Os pais da nena acudiron á Xefatura da Policía Local coa nena explicando que acababa de atragoarse na casa. Un dos axentes que estaban de garda, fixo a manobra de reanimación cardiorrespiratoria a que respondeu co éxito, namentres o outro axente solicitou unha ambulancia. Cando chegaron os efectivos sanitarias, a nena xa estaba reanimada. Non obstante foi trasladada ata o Centro de Saúde do Porriño para a súa valoración.
Tanto dende a Alcaldía coma pola Concellería de Seguridade valorase moi positivamente a actuación dos axentes que ven a revalorizar a importancia da formación continua pola que aposta o goberno municipal porriñés. Toda a plantilla da Policía Local recibiu e completou en 2019 un curso de reanimación cardiopulmonar e manexo de desfibriladores (DESA) para poder atender emerxencias como a ocorrida onte. Ao mesmo tempo todos os vehículos de patrulla están equipados cun “DESA” que se engade ó restante material que levan para atender emerxencias.
De feito xa en novembro pasado, a dotación dun coche patrulla da Policía Local do Porriño atendeu a un condutor en parada cardiorrespiratoria que sufriu un accidente na rotonda do Cristo de Belén, acadando a súa estabilización ata que chegou a ambulancia do 061.
Por outra banda, a Policía Local, en colaboración co persoal do 061, impartiron cursos de reanimación e primeiros auxilios tanto a veciños, a través das AAVV, coma ao alumnado dos institutos da vila.
Décima e derradeira quenda do ciclo #Porriñodeportenacasa. O encargado de pechar este ciclo é Dani Mouriño, coordinador do Club Atletismo Porriño. Amósanos unha rutina de exercicios para a mobilidade articular.
Lembramos que o Concello, a través da Concellería de Deportes desarrollou dende o 17 de abril, este ciclo baixo o hashtag #Porriñodeportenacasa. Coa inestimable participación dos preparadores e técnicos dos diferentes clubs porriñeses,
ofrecéronse diversas táboas e rutinas de exercicios de mantemento físico para diversos niveis e idades. Todos eles pódense consultar nas redes sociais do Concello.
Nas nove entregas anteriores foron Ana Alonso, preparadora física do Balonmán Porriño , Xoel Souto, da U.D. Atios, Mary Artós e Ana Cristina Oya, do Club Patín, Pablo Alonso, colaborador do Porriño Baloncesto Base, Pablo Sanromán e Adrián Sanmarcial, do Porriño Industrial e, finalmente, Iker Besada, do Porriño Baloncesto Base, os encargados de darnos diferentes pautas de mantemento físico.
A Concellería de Deportes anuncia que ven de solicitar á Policía Local do Porriño que faga rondas de vixilancia nos circuítos habilitados no paseo do Río Louro para correr e camiñar ante as denuncias de certos comportamentos que infrinxen as normas establecidas e poñen en perigo aos restantes usuarios.
Chegaron ao coñecemento da Concellería denuncias de persoas que circulan en sentido contrario ao establecido e tamén a presenza de ciclistas por esas sendas, o que está expresamente prohibido.
Lembramos as normas de uso destes circuítos:
Normas Obrigatorias:
O Concello do Porriño, a través da Concellería de Tráfico, fai un chamamento aos porriñeses para que observen o xeito de circulación peonil polas beirarrúas para cumprir coas normas de distancia social e seguridade que impón o actual estado de alarma. É dicir: que circulen polas beirarrúas pola man dereita, segundo o sentido da marcha, evitando cruzarse.
Sergio Casal, concelleiro responsable de Tráfico, manifestou que “este chamamento fai se con maior fincapé para os veciños que circulan polas beirarrúas de entrada e saída dende o centro do Porriño cara a Cans, Atios e Torneiros”. O concelleiro engadiu que “tamén debe observarse a norma de que os peóns circulen pola súa man dereita nas rúas peonalizadas do centro”.