Unha marea de mocidade porriñesa chama a frenar o cambio climático

Centos de rapaces e rapazas, procedentes dos colexios de educación primaria e infantil do concello así como dos Institutos “Pino Manso” e “Ribeira do Louro”, reclamaron ós políticos, “sen excepcions, medidas inmediatas para frenar o cambio climático e as súas consecuencias”, como sinalaba o comunicado lído polos propios nenos e nenas. Deste xeito, cunha concentración celebrada a mediodía na praza Arquitecto Antonio Palacios, a mocidade de Porriño sumouse hoxe á xornada mundial “Fridays for future” (Venres polo futuro) seguida nun cento de países do mundo. Tan só en España, celebraonse concentracions coma a de Porriño, en sesenta cidades ó mesmo tempo que se secundaba unha folga estudiantil.

Alumnos e alumnas dos colexios e dos institutos porriñeses deron lectura ó manifesto que acusa ós adultos de non ter feito dabondo para deter o cambio climático que os nenos de hoxe padecerán como maiores no inminente futuro.

O remate da lectura do manifesto, a alcaldesa Eva García tomou a palabra brevemente “simplemente para agradervos que coas vosas movilizacions e palabras golpeedes as nosas conciencias, as de todos cantos temos responsabilidades públicas”

Dous deportistas porriñeses Carla Guisande e Javito Sánchez, premiados na Gran gala do deporte de Vigo e Comarca

Carla Guisande e Javito Sánchez, ambolosdous porriñeses foron recoñecidos na Gran Gala do Deporte de Vigo e a súa comarca nas súas respectivas categorías (promesa e absoluta, respectivamente) e modalidades deportivas. Eva García, alcaldesa de O Porriño, acompañada dos concelleiros Lourdes Moure e Orlando Márquez, asistieron á XX Gala que se celebrou onte anoite no Teatro A Fundación.

A triatleta de orixe porriñés, Carla Guisande Vieito, ainda moi nova, foi galardonada como mellor deportista promesa na súa especialidade, na Gran Gala do deporte de Vigo e a súa comarca. O xurado valorou a súa imponente traxectoria con victorias en probas do Campeonato de España Individual de Duatlón en categoría cadete.


Na mesma Gala celebrada onte anoite, foi tamén galardonado “Javito” Sánchez Gómez, axente da Policía Municipal de Porriño, polos seus logros en halterofilia. O xurado otorgoulle o premio absoluto na súa especialidade deportiva.

O Concello ofrece plena colaboración ó Consello de Contas

A conselleira María Begoña Villaverde e dous auditores do Consello de Contas confirmaron hoxe á alcaldesa Eva García que a supervisión a realizar por ese organismo refírese, exclusivamente, ó recoñecemento extrajudicial de crédito aprobado en 2017. Aquela operación por importe de dous millons setecentos mil euros, sirviu para abonar facturas atrasadas que o actual goberno municipal de Porriño que preside Eva García heredou do mandato anterior do PP entre 2011 e 2015.
A rexidora porriñesa manifestou ós representantes do Consello de Contas en presenza da interventora municipal, “a plena colaboración do Concello co organismo supervisor entregando toda a documentación pertinente” ó longo dunha reunión que Eva García calificou como “moi cordial”.
A alcaldesa Eva García volveu a expresar que agarda que “do mesmo xeito que acontecera no seu día con outra inspección anterior, efectúada polo Tribunal de Contas de Galicia, producto dunha denuncia do PP por este mismo asunto e que se pechou exonerando ó actual goberno municipal de calquera responsabilidade, aconteza o mesmo agora tamén”.

Conclue o ciclo “As Mulleres fan Porriño” MABEL LOZANO INSTA ÓS HOMES A SER PROACTIVOS CONTRA A PROSTITUCION E A TRATA

A historia de Miguel, alcumado “El Músico”, un dos vinte propietarios da maioría dos clubs de alterne de España ata a súa detención, condena e arrepentimento, contada no documental “El Proxeneta”, de Mabel Lozano, removeu conciencias entre o numeroso público asistente anoite a proxección celebrada no Circulo Recreativo e Cultural de Porriño. A visión da película e un posterior coloquio con Mabel Lozano, directora e guionista da cinta, pechou a programación “As Mulleres fan Porriño” en torno ó 8M, Día Internacional da Muller.

Previamente á proxección, Carmela Silva, presidenta da Deputación Provincial que asistiu ó acto tomou a palabra para honrar a Mabel Lozano “polo seu compromiso coas mulleres, en suma co 52% da poboación”. A máxima responsable da institución provincial manifestou como “cargo público que son, opoñome á posible legalización da prostitución, por certo o tercer negocio que máis cartos xenera no mundo detrás do narcotráfico e a venda de armas”, engadiu.

A alcaldesa Eva García, quen actuou como anfitriona neste postreiro acto da campaña “As Mulleres fan Porriño”, suscribiu as palabras da presidenta da Deputación e lembrou o acontecido o pasado venres 8M. Recordou que unha das intervintes no acto institucional ante o Concello, refiriuse a existencia de “puticlubes” no entorno de Porriño. Esa veciña dixo que “alomenos a metade dos homes de Porriño colaboran coa escravitude dos puticlubes”. A alcaldesa sinalou que a afirmación desa veciña “non ten base científica” pero resulta evidente que a presenza deses locais indica que hai demanda”, precisou Eva García quen invitou ós homes a “non apoiar coa sua asistencia a eses locais a cosificación e humillación desas mulleres”. Nesa mesma liña Mabel Lozano, quen intervinou ó final do visionado da película, aportou un dato oficial do Goberno de España: “estad´siticamente está confirmado que o 40% dos homes, es decir ocho millons e medio de españois, consumen sexo de pago”. Polo que Mabel Lozano apelou ó 60% restante dos homes a “ser proactivos en contra da trata de mulleres e a prostitución”.

Porriño sumouse ós actos do Dia Mundial do Ril cunha carpa de prevención

Porriño sumouse hoxe á celebración do Día Mundial do Ril que este ano convocouse baixo o lema “Salud renal para todos en todos lados”. Cantos veciños e veciñas quixeron achegarse esta mañán á carpa habilitada na praza Arquietecto Antonio Palacios puideron obter información sobre o seu estado renal mediante os test que gratuitamente fixo o personal facultativo a e a súa posterior valoración polos especialistas presentes.

Esta acción preventiva e divulgativa correu a cargo da “Fundación Renal Iñigo Alvarez de Toledo” en colaboración co Concello de Porriño. A doctora Blanca Miranda, directora xeral da devandita Fundación desprazouse ata nosa vila para participar neste acto divulgativo. A doctora Miranda explicou á alcaldesa Eva García quen visitou a carpa, os pormenores da probas preventivas que se estiveron a facer e o alcance da campaña que a Fundación desenrola.

Remata o ciclo “As Mulleres fan Porriño” con Mabel Lozano e o seu documental “El Proxeneta”

Mabel Lozano presentará este serán (19,30 h) no Círculo Recreativo e Cultural a súa película “El Proxeneta, paso corto, mala leche” que investiga na trata de mulleres con fins de explotación sexual.

O relato baséase na testemuña de “El Músico”, alcume dun proxeneta arrepentido que relata as artimañas que desenrolou para convertirse nun dos máis importantes xefes da trata de mulleres en España. De feito foi condenado e cumpriu 3 anos de cárcere por captar e esclavizar unhas 1.700 mulleres.

Con este documental, Mabel Lozano prosegue a súa loita contra a prostitución dende a súa reconversión en escritora e cineasta, como proxección da súa condición de intensa activista do feminismo.

“As Mulleres fan Porriño” Interesantísimo coloquio con Leire Pajín, Carla Reyes e Carmen Avendaño

Leire Pajin, Carla Reyes e Carmen Avendaño compartiron as suas reflexions sobre a loita pola igualdade no coloquio que protagonizaron anoite dentro do ciclo “As mulleres fan Porriño”. As tres ponentes foron presentadas por Eva García, alcaldesa da vila quen agradeceulles a súa presenza no Centro Cultural Municipal así como ó numeroso público asistente.

Leire Pajín, ex ministra de Igualdade entre 2011 y 2012 definiu a situación actual como dunha “certa contradicción”. “O vaso podese ver medio cheo ou medio baleiro”, dixo. “Resulta extraordinaria a fortaleza do feminismo grazas á conexión global entre millons de mulleres que producen movementos como “Me too” que xurdiou en USA cunha enorme transversalidade”. “Sen embargo aparecen inquedantes ameazas que pretenden dividir o movemento feminista, provintes de opcions políticas de ultradereita e de quén se prestan a normalizarlles como vimos de ver en Andalucía”, engadiu a ex ministra.

Pola súa banda, a xornalista Carla Reyes, colaboradora de TVG, Onda Cero e outros medios así como presidenta da asociación “Executivas Galicia” reivindicóu a importancia de que as mulleres accedan ó mercado laboral. “A independencia económica conduce ás mulleres á libertade de decidir o seu futuro incluso nas situacions de violencia de xénero por que poden emanciparse do seu opresor”, engadiu. A presidenta da asociación de directivas empresariais de Galicia lamentou que neste intre político “poida contaminarse a reivindicación das mulleres. “Dame moítima mágoa que a loita pola igualdade se teña convertido en arma arroxadiza entre os partidos nesta longa campaña electoral”.

Por último Carmen Avendaño, presidenta da Fundación “Érguete” relatou a súa particular loita pola igualdade dende a perspectiva das “nais contra a droga”, o movemento do que a activista viguesa ten sido adalid. “Éramos un grupo de nais de rapaces con adiccions que tivemos que facer frente a un problemón; tivemos que facer unha cátedra dende a ignorancia” dixo Avendaño quen tivo unha lembranza moi agarimosa coa porriñesa Dori, “un dos pilares de ‘Erguete’.

CONSELLO DE CONTAS PIDE EXPLICACIONS DAS FACTURAS QUE O ANTERIOR GOBERNO DO PP DEIXOU SEN ABONAR

O Consello de Contas vai realizar unha auditoria polo recoñecemento extraxudicial de crédito aprobado en 2017 por un importe total de dous millons setecentos mil euros en facturas atrasadas que o actual goberno de Porriño que preside Eva García tivo que afrontar como consecuencia da débeda heredada do mandato anterior do PP entre os anos 2011 e 2015.

María Begoña Villaverde, conselleira do citado organismo supervisor e dous auditores do mesmo serán recibidos o xoves pola alcaldesa e maila interventora do Concello que entregarán ós auditores todala documentación e expedientes referidos a esas facturas que estaban sen pagar e tiveron que derivarse a recoñecemento extrajudicial.

A alcaldesa Eva García agarda que “do mesmo xeito que acontecera no seu día con outra inspección anterior, efectúada polo Tribunal de Contas de Galicia, producto dunha denuncia do PP por este mismo asunto e que se pechou exonerando ó actual goberno municipal de calquera responsabilidade, aconteza o mesmo agora tamén”.

“Entendo que o PP que no seu día chegou a denunciar que pagáramos as facturas que o seu goberno deixou, terá que dar conta de por qué o fixo, forzando en definitiva ó actual goberno que presido a ter que aprobar ese recoñecemento extrajudicial aproveitando que un concelleiro popular que é avogado e levaba unha reclamación dun cliente tivo que absterse o que facilitou que nos aprobásemos a operación co voto de calidade desta alcaldesa”, engadiu Eva García. A alcaldesa considera que esta situación ven devenida pola negativa sistemática do PP a elaborar orzamentos municipais e prorrogar sistemáticamente os existentes “unha práctica que foi unha responsabilidade compartida polo anterior alcalde Nelson Santos e polo concelleiro Alejandro Rodriguez, actual presidente local e candidato do PP á alcaldía”.

Porriño, concello amigo da infancia, presenta a programación “Vive a cultura urbana”

“Vive a Cultura Urbana”, programa de ocio activo dirixido á mocedade que escomenzará o vindeiro venres 15 “é un xeito de darlle máis dimensión ó feito de que Porriño fose nomeada ‘Cidade Amiga da Infancia’ por UNICEF” manifestou a alcaldesa na rolda de prensa celebrada hoxe no Concello porriñés. “De xeito que queremos prestar máis atención á franxa de idade de nenos de más de 11 anos que entran na adolescencia, a fin de que dispoñan de opcións de lecer axeitadas e saudables”, sinalou Eva García.

A programación está organizada en dous bloques: Deportes Urbanos e Música e Arte Urbana. Ofrécese a oportunidade ós mozos e mozas que participen de coñecer ata 12 disciplinas diferentes coma Breakdance, Parkour, Grafitti, Beatbox, Rap e outras, a través de diversos obradoiros distribuídos en seis datas que serán os venres de marzo, abril e maio. En total se sumarán 20 horas de actividade. Todas elas se van desenrolar na pista deportiva do parque infantil sito ó carón do cemiterio.

“Vive a Cultura Urbana” rematará cun festival musical que terá lugar o 3 de maio.

Pablo Castiñeira, director de “Vella Escola”explicou que “ó fin e ó cabo tratamos de achegar unha alternativa a outros tipos de ocio ligados ó consumo do alcohol ou dun lecer nada constructino ni activo”.

“Vive a cultura urbana” pretende fixar hábitos saúdables entre a mocedade; crear oportunidades profesionais que favorezan o emprendemento xuvenil e, finalmente, permitir o libre exercicio e disfrute de ocio como experiencia humana integral, sistema de protección social e factor de desenvolvemento humano. Na presentación do programa estiveron presentes tamén Lourdes Moure, concelleira de Educación e Noelia De la Fuente Pérez, responsable da OMIX.

Porriño é o concello pontevedrés que mellor recuperación económica tivo dende a recesión

Os datos aportados recentemente polo Instituto Galego de Estadística son concluintes: Porriño é o concello da provincia que mellor recuperación económica presenta nos últimos dez anos. Dende 2009 incrementouse o número de cotizantes á Seguridade Social, presentando a mellor ratio entre os concellos pontevedreses, por riba incluso de Vigo. Asimesmo outros indicadores confirman esa tendencia xa que se incrementou o nivel de renta e tamén medrou a poboación.

En concreto segundo os datos do IGE, O Porriño é o concello da provincia que mellor remontou a crise e conta hoxendía cun 7% máis de cotizantes que hai unha década. Exactamente 7.714 altas máis na Seguridade Social con respecto a hai dez anos.

Por outra banda, según datos obtidos da Renta 2017, os porriñeses incrementaron a súa capacidade adquisitiva. Mentres en 2013 a media de ingresos íntegros anuais era de 15.227 euros, en 2016 declararonse unha media de 16.792 euros anuais. Ademais O Porriño presenta outro indicador moi alentador que tén que ver co aumento da súa poboación. O instituto galego de Estadística salienta que a nosa vila é un dos poucos concellos galegos que medra cun incremento de 2.626 habitantes na última década.