Porriño acollerá este vindeiro fin de semana o Open Nacional de Carreiras de Drons

O Concello de Porriño, a través da Concellería de Deportes, colabora para albergar este fin de semana, o Open Nacional de Carreiras de Drons que se desenrolará na pista de aeromodelismo en Pontellas. A organización do evento corre a cargo do club local de aeromodelismo “Furaventos” que deste xeito revalida o seu prestixio a nivel nacional e a súa condición de pioneiros nesta disciplina deportiva.

O Concello colabora coa aportación dunha carpa e de diversos suministros para o desnerolo da proba e atención ós participantes.

A previsión do club Furaventos é que a competición reuna ós millores pilotos nacionais de drons coma Iván Merino, actual líder do ranking español e Alex Zamora quen acadou o título de campión de España ós dez anos de idade.

As probas comenzarán o sábado a partires das 10 horas e concluirán o domingo a mediodía coa ceremonia de clausura. 

Concello de Porriño e Acipor lembran que o prazo de inscripción dos locais de hostelería para a Festa dos Callos remata mañá xoves 8

Concello de Porriño e a asociación patronal ACIPOR lembran ós propietarios de locais de hostelería da vila que mañá xoves 8, rematará o prazo de inscripción para participar na XXVI edición da Festa dos Callos. O trámite realizase a través do correo electrónico acipor@acipor.com 
“A non inscripción presupon que non se participará” aclara a circular que ACIPOR e o Concello de Porriño fixeron chegar os establecementos de hostelería hai semanas. 
Por outra banda lembrase que o vindeiro luns 19 de agosto terá lugar ás 18 horas no Concello, unha reunión preparatoria da Festa dos Callos. 
Na mesma elexirase o cartel anunciador desta edición e serán nomeados os locais que se farán cargo da presentación da Festa o día 24 de setembro.

CONFIRMADO: TRASLADASE A PRIMEIRA SESIÓN DE CINEMA NA RÚA CON FLOCOS DE MILLO Ó CENTRO CULTURAL MUNICIPAL

Á vista da situación meteorolóxica e da previsión para esta noite, o Concello de Porriño comunica que a primeira sesión de “Cinema na rúa con millos de floco” (palomitas) trasladase ó Centro Cultural Municipal.
Comezará á mesma hora, a partires das dez da noite con entrada de balde, ata completar aforo.
A primeira película será “Megalodón”, protagonizada por Jason Statham.
O cinema na rúa é unha oferta cultural gratuita que promove o departamento de Cultura do Concello de Porriño. E os flocos de millo tamén distribuiranse de balde entre o público asistente.

Porriño celebrará un Rally Mix durante as Festas do Cristo que patrocinará o Concello

O Concello de Porriño e a Federación Galega de Automobilismo trataron hoxe dos detalles da organización do “I Rally Mix Concello de Porriño” que terá lugar durante o fin de semana do 28 e 29 de setembro, é dicir durante o chamado “Recristo” e nas datas da Festa dos Callos. Tratase por tanto dun novo aliciente para a Semana Grande das festas patronais de Porriño.

A organización do evento correrá a cargo da “Escudería Surco” de Salvaterra do Miño coa colaboración da Federación e co patrocinio do Concello. A proba terá dúas mangas: unha na tarde do sábado 28 e a segunda, na mañán do domingo 29 de setembro. 

Os detalles abordaron este mediodía nunha reunión de traballo celebrada no Concello de Porriño que presidiu Lourdes Moure, alcaldesa accidental na que participaron Daniel Rodríguez, Inspector Xefe da Policía Local, representantes da Escuderia Surco e Iván Corral, presidente da Federación Galega de Automobilismo e Benigno Vázquez Colino, responsable de marketing da mesma federación. 

O traxecto das dúas mangas será ó longo do termo municipal. Tendo en conta que un Rally Mix é unha modalidade de competición que se desenrola sobre terreno mixto e que o percorrido da proba non se desvela ata horas antes para imposibilitar os adestramentos, habera unha certa dose de misterio. Ademáis poden participar dende KartCross ata carrozados de todo tipo. 

 

Programación cultural Agosto 2019: COMEZA O CICLO DE CINEMA NA RÚA CON FLOCOS DE MILLO

O mércores 7 arranca o ciclo de “Cinema na rúa con flocos de millo” (palomitas) que organiza o Concello de Porriño ó abeiro da programación cultural de agosto.
En principio tanto a primeira como as restantes proxeccións están previstas na praza Arquitecto Antonio Palacios, a partires das 22 horas. Pero se xurden complicacións meteorolóxicas (hai previsión de choiva para o mércores) a proxección trasladaríase ó Centro Cultural Municipal.
A primeira película programada será “Megalodón”, unha historia de acción, terror e ciencia ficción que gravita sobre un actor clásico neste xénero, Jason Statham que terá que enfrentarse cun xigantesco tabeirón.
Statham ten unha moi ampla filmografía na que destacan “The Transporter” e dúas secuelas e a súa participación nas tres entregas de “Los Mercenarios” con Sylvester Stallone, Jet Li e outros clásicos deste xénero.
O cinema na rúa é unha oferta cultural gratuita que promove o departamento de Cultura do Concello de Porriño. E os flocos de millo tamén distribuiranse de balde entre o público asistente.

A alcaldesa inicia con “Nueva Pescanova” unha rolda de visitas a empresas asentadas nos polígonos industriais de Porriño

A Alcaldesa Eva García iniciou cunha reunión nas instalacións de “Nueva Pescanova” no polígono de As Gándaras, unha rolda de visitas ás principais empresas radicadas en Porriño que vai desenrolar ó longo deste mandato.

No encontro con Santiago Gómara, director da fábrica, tamén participaron Sergio Casal, concelleiro de Limpeza, Parques e Xardíns; Enrique Vaqueiro, xefe do gabinete da Alcaldía e David Sobral, xerente dos polígonos industriais de A Granxa e As Gándaras. 

Santiago Gómara trasladou á alcaldesa unha serie de peticións vencelladas con mantenemento do polígono, limpeza, estado dos viais como espazos de aparcamento, así como outras demandas máis complexas. Entre elas a posibilidade de ampliación da estrada de acceso ó polígono na curva que aparece nunha imaxe adxunta onde os camións pasan moi xustos, xusto antes da recta do polígono.

 

O Catrastro insta ó Concello de Porriño a acometer unha revisión pendente dende hai 34 anos

Fernando Baena, xerente da Oficina do Catastro para a provincia de Pontevedra, reuniuse hai uns días coa alcaldesa Eva García, membros do equipo de goberno e staff técnico do Concello para prantexar “a urxente necesidade de abordar unha revisión dos valores catastrais no termo municipal”.

Segundo as explicacións de Baena, o Catastro advirte ó Concello de Porriño de que o retraso en revisar a ponencia de valores que está vixente dende 1985, “constitue un agravio comparativo cos outros concellos da provincia xa que existe a obriga legal de revisión cada cinco ou dez anos”.

Durante estes 34 anos intentouse actualizar os valores catastrais no periódo 2003/2010 pero a proposta de revisión tumbouse por falla de apoio político pola maioría da corporación municipal.

Neste novo mandato, o equipo de goberno do Concello ante esta advertencia do Catastro convocará cando se reanude o novo curso político, á volta das vacacións, unha xuntanza de portavoces para trasladar este asunto ós voceiros dos restantes grupos municipais da corporación e procurar un consenso o máis amplo posible para afrontar a revisión catastral.

“Debería acometerse unha actualización dos valores catastrais que son os que se empregan para determinar o Imposto de Bens Inmobles (IBI)  tanto nas construccións urbanas como no rural así como nos polígonos industriais que non cotizan –agás no de As Gándaras- posto que resulta evidente que nestes 34 anos transcurridos Porriño medrou moítisimo tanto en poboación como en inmobles, particularmente nos asentamentos industriais existestes no termo municipal”, indicou a alcaldesa.

Nestas tres décadas transcorridas a poboación aumentou máis de 5.000 habitantes polo que Eva García engadiu  que “a máis veciños no Porriño, hai máis demanda de servizos públicos pero acontece que a maior fonte de financiación do Concello que son os ingresos por impostos, de xeito sobranceiro polo IBI, está menoscabada pola falta de actualización do Catastro” explicou a alcaldesa.

A xuizo de Eva García “a situación máis rechamante dase nos polígonos de promoción industrial (PPI´s) que proliferaron nestas tres décadas e que non cotizan IBI e por tanto as empresas radicadas neles non contribuen ni cumpren co principio de igualdade”, engadiu Eva García de la Torre. Tamén suliñou Eva García “a necesidade de correxir situacións de agravio comparativo como a que se da, por exemplo, entre Torneiros, unha das zonas máis deprimidas do termo municipal onde os veciños están a pagar percentualmente máis IBI que os veciños do centro de Porriño onde o valor de mercado das vivendas é indiscutiblemente moito maior”.

O Concello de Porriño recaudou en 2018 algo máis de 1,7 millóns de euros polo IBI. Estimase que a inclusión das numerosas altas que se producirían xunto coa actualizaciñon de valores podería supoñer triplicar esa recaudación o que redundaría en máis capacidade orzamentaria para atender e mellorar servizos para a comunidade. 

A UD Atios celebra este domingo as súas vodas de ouro

O Concello de Porriño está a colaborar a través da Concellería de Deportes que desempeña David Alonso coa U.D. Atios que celebrará este domingo día 4 o seu 50 aniversario. 
A UD Atios instituiu un trofeo co gallo das súas vodas de ouro cun partido que enfrentara o equipo local contra o Pontevedra CF no campo municipal “O Carballo”.
Na previa do encontro, a partires das 19 horas actuara a gañadora de “La Voz 4”, a galega Irene Caruncho e durante o descanso do partido tamén actuará a agrupación “Os Penediños” de Atios.

A estes actos asistirán a alcaldesa accidental, Lourdes Moure e o concelleiro de Deportes, David Alonso.

O Concello de Porriño colabora cunha achega valorada en 6.000 € para a Festa do Cabrito de Chenlo

O Concello de Porriño colabora coa XI edición da Festa do Cabrito de Chenlo que terá lugar o domingo día 4 de agosto. 
A achega, canalizada a través da Concellería de Festas que actualmente leva David Alonso, ten un valor de 6.000 euros e traducese na carpa, mil cadeiras e nas mesas que aporta o Concello de Porriño para a celebración do certame gastronómico

Obradoiro de Emprego Xove para desempregad@s de menos de 30 anos

O Concello do Porriño porá en marcha o OBRADOIRO DE EMPREGO “PORRIÑO XOVE”. Trátase de contratos de formación e aprendizaxe que terán unna duración prevista de 6 meses. Pretendese formar a 16 persoas desempregadas menos de 30 anos e que estean anotados no Sistema de Garatía Xuvenil.

A formación será nas seguintes especialidades:
8 personas para o ámbito da dependencia, é dicir atención socio-sanitaria a persoas dependentes en institucións sociais. Recibirán 370 horas de formación e será requisitio indispensable estar en posesión do título da ESO.
E 8 persoas desempregadas serán formadas en novas tecnoloxías na administración, operacións de gravación e tratamento de datos e documentos. Este curso será de 360 horas.

Todas as persoas desempregadas que cumplan cos devanditos requisitos e que estean interesadas en formar parte do alumnado deste OBRADOIRO DE EMPREGO “PORRIÑO XOVE”, deberán acudir á oficina de emprego do Porriño e anotarse en Obradoiros. As persoas que no estean inscritas no Sistema de Garantía Xuvenil poderán inscribirse no mesmo día que solicitan anotarse en Obradoiros.