Dende o xoves, corte de tráfico na rúa Manuel Rodriguez pola montaxe de stands da IV Feira do Pan do Porriño

A Policía Local de Porriño informa que o xoves 30 de maio, a partir das 8 horas da mañan, prohíbese o aparcamento de vehículos na rúa Manuel Rodríguez, dende a intersección coa rúa Xogo da Ola, ata a altura do nº 84 da rúa Manuel Rodríguez. E a partir das 8,30 horas, cortarase o tráfico de vehículos pola citada rúa para comezar a montaxe dos stands para a IV Feira do Pan do Porriño que terá lugar os vindeiros sábado 1 e domingo 2 de xuño.
Segundo ACIPOR e o sector de panadeiros de Porriño precisan preto de dous días para a instalación dos 16 stands e demais elementos da Feira.
A Policía Local de Porriño velara polo cumprimento destas restricións para garantir a seguridade.

A deportista local Ana María Gónzalez Cuña será a madriña da presentación do VI Triatlón Concello do Porriño

Mañan xoves día 30 terá lugar a presentación da VI edición do Triatlón Concello do Porriño que se desenrolará na praza Arquitecto Antonio Palacios, a partir das 13 horas. A ciclista local Ana María Gónzalez Cuña, actual subcampeona galega de BTT Master 40, actuará de madriña, invitada polo Concello coa intención de render na súa persoa, unha homenaxe a todas as mulleres deportistas. Por esa mesma razón este ano a iconografía do Triatlón baseáse na cor morada.


A presentación estará presidida pola alcaldesa Eva García, en representación do Concello de Porriño. Acudirá no nome do Concello de Tui, polo que transcurre unha parte da proba, Eduardo Freiría, concelleiro de Deportes. Tamén asistirán Gonzalo Triunfo, presidente da Federación Galega de Triatlón e Ignacio Tobarra, Comandante de Mariña de Tui.
A inscripción para esta VI edición do Triatlón Concello de Porriño estará aberta ata o 4 de xuño, é dicir, ata catro días antes da proba, considerada das mellores que se celebran en Galicia polas súas características técnicas e deportivas dado que inclue tres transicións.

“TURISMO RIAS BAIXAS” INVITA A ACUDIR ESTE PRÓXIMO FIN DE SEMANA Á IV FEIRA DO PAN DO PORRIÑO

Santos Héctor, deputado delegado de Turismo, no nome da Deputación de Pontevedra invitou a todos cantos poidan acudir á IV Feira do Pan do Porriño que terá lugar os vindeiros días 1 e 2 de xuño. Este mediodía celebrouse en Pontevedra, na sé de “Turismo Rias Baixas” a presentación a nivel provincial deste certame que complementou a presentación previa que se fixo no Concello de Porriño o pasado 20 de maio. A esta comparecencia en Pontevedra asistiu Eva García, alcaldesa de Porriño, que lembrou que dende a súa chegada ó goberno municipal “prestamos o noso apoio á ACIPOR e ós panadeiros para celebrar este evento que serve de referencia”.
“Quero dicir que ademáis do que Porriño significa industrialmente, económicamente e culturalmente, o pan de Porriño é unha seña de identidade e a nosa obriga era darlle o lugar que merece”, engadiu a alcaldesa.


Lembremos que haberá 16 stands que acollerán ás oito panaderías de Porriño así como a diversas marcas e produtos convidados. Abrirán o sábado 1 de xuño ás 10 horas, na praza de San Benito, aínda que o pregón inaugural será a mediodía a cargo de Carlos Alvarez. Ese mesmo día, a Feira albergará un “show cooking” mediante maridaxes de pan de Porriño con diferentes produtos en diversas posibilidades culinarias a cargo do centro EFA A Cancela de As Neves”, segundo comentou a presidenta de Acipor.
Habilitarase tanto o sábado como o domingo unha carpa na Feira para que o público que o desexe poida xantar alí.
De novo a Feira do Pan do Porriño celebrará un certame alcumado “Empanadas no Ring” que tivera moita sona cando incorporouse o ano pasado.
O domingo 2, Acipor e os panadeiros porriñeses propoñen que todos os veciños e veciñas dispostas acudan a un almorzo “Brunch” con Pan do Porriño (prezos: 5 € adultos; 3 €, infantil). Tamén na última quenda da Feira terá lugar a “Cata de pans convidados” na que se medirán pans de Porriño, Cea, da Moa, Fisterra e o portugués Broa de Avintes.
Con este certame Porriño volve a reivindicarse como “a capital galega do pan” mentres agarda pola certificación de orixe pois aínda segue en tramitación pola Xunta de Galicia o rexistro da marca ‘Pan de Porriño’ que agardan os panadeiros locais.

A sede de “Turismo Rías Baixas” en Pontevedra acollerá a presentación a nivel provincial da IV Feira do Pan do Porriño

Deputación de Pontevedra, a través do organismo “Turismo Rías Baixas” acollerá mañan mércores 29, unha nova presentación da IV Feira do Pan do Porriño que terá lugar os vindeiros días 1 e 2 de xuño. Trátase dunha acción informativa de ámbito provincial que complementará a presentación previa que se fixo no Concello de Porriño o pasado 20 de maio. A esta comparecencia en Pontevedra asistirán Eva García, alcaldesa de Porriño, Santos Héctor, deputado provincial delegado de Turismo e representantes da patronal local ACIPOR e do sector de panaderías de Porriño.


Lembremos que na IV Feira do Pan que apoia o Concello haberá 16 stands que acollerán ás oito panaderías de Porriño así como a diversas marcas e produtos convidados. Abrirán o sábado 1 de xuño ás 10 horas, na praza de San Benito, aínda que o pregón inaugural será a mediodía a cargo de Carlos Alvarez. Ese mesmo día, a Feira albergará un “show cooking” mediante maridaxes de pan de Porriño con diferentes produtos en diversas posibilidades culinarias a cargo do centro EFA A Cancela de As Neves”, segundo comentou a presidenta de Acipor.
Habilitarase tanto o sábado como o domingo unha carpa na Feira para que o público que o desexe poida xantar alí.
De novo a Feira do Pan do Porriño celebrará un certame alcumado “Empanadas no Ring” que tivera moita sona cando incorporouse o ano pasado.
O domingo 2, Acipor e os panadeiros porriñeses propoñen que todos os veciños e veciñas dispostas acudan a un almorzo “Brunch” con Pan do Porriño (prezos: 5 € adultos; 3 €, infantil). Tamén na última quenda da Feira terá lugar a “Cata de pans convidados” na que se medirán pans de Porriño, Cea, da Moa, Fisterra e o portugués Broa de Avintes.
Con este certame Porriño volve a reivindicarse como “a capital galega do pan” mentres agarda pola certificación de orixe que “aínda segue en tramitación e agardemos que non demore moito máis o rexistro da marca ‘Pan de Porriño’ que estamos a xestionar ante a Xunta de Galicia”, segundo manifestou José Manuel Fernández, no nome dos panadeiros locais.

Resultado eleccións municipais 26 de maio co 100% escrutado

O Ministerio de Interior xa publica na súa páxina web os resultados provisionais co 100% do escrutinio das eleccións municipais.
Votaron 10.918 porriñeses dos 15.998 censados para estes comicios do 26 de maio. Polo tanto houbo un 69,51% de participación e unha abstención cifrada no 30,49% (4789 electores non exercitaron o seu dereito ó voto).

O voto a candidaturas, a porcentaxe recibida e a asignación das 17 concellerías da corporación porriñesa queda así:

O PP foi o partido máis votado con 4.481 votos (41,56%) que lle supón 8 concelleiros
O PSOE obtivo 2.663 (24,70%) e 4 concelleiros
EU-son en Común recolleu 1.152 votos (10,68%), 2 concelleiros
BNG tivo 1.112 votos (10,31%) 2 concelleiros
e UDDL captou 785 votos (7,28%) 1 concelleiro

Quedaron fora da futura corporación municipal Ciudadanos que recibiu 338 (3,13%) e Vox con 179 votos (1,66%).

15998 PORRIÑES@S DECIDIRÁN HOXE

Un total de 15.998 porriñeses e porriñesas forman o censo electoral residente de Porriño para estes comicios locais e europeos do domingo 26 de maio, segundo o dato oficial recollido polo Instituto Nacional de Estadística.
Neste domingo 26 de maio haberá 23 mesas electorais repartidas polo centro urban e polas diferentes parroquias para que os electores poidan participar para elexir ós 17 membros da vindeira corporación municipal de Porriño.
Para estas elecciones municipais presentanse neste concello sete candidaturas: PSOE, PP, UDDL, BNG, EU-son, Ciudadanos e Vox.

Conclue o curso de defensa persoal feminina que podería ter continuidade moi cedo

A alcaldesa Eva García de la Torre asegurou que “o Concello de Porriño subvencionará un segundo curso de defensa persoal feminina” como continuidade do que rematará mañan sábado 25. 
A idea de continuar con máis clases xurdeu dalgunhas das participantes de Porriño que prantexaron esa idea ó Inspector Xefe da Policía Local, Daniel Rodríguez. Rápidamente acadaron que ó redor de 60 mulleres se sumaran á súa iniciativa. A proposta chegou á alcaldesa que lles manifestou que o Concello subvencionaría o custe de seguir con dúas clases mensuais que se manterán os sábados. 
Por outra banda, mañan terá lugar a entrega de diplomas acreditativos do curso de defensa persoal e protección xurídica ás 130 mulleres participantes, no Pavillón Municipal de Deportes de Porriño

CONCELLO DE PORRIÑO SUBVENCIONA UNHA CAMPAÑA DE ESTERILIZACIÓN DE GATOS PROMOVIDA POLA PROTECTORA DE ANIMAIS

Directivas da asociación “Lena Protectora de Animais” estiveron hoxe no Concello de Porriño para comentar os preparativos da campaña de esterilización de gatos que emprenderán a partir da vindeira semana no centro urbano da cidade. Reunironse coa alcaldesa, Eva García e a concelleira de Seguridade, Lourdes Moure.
Segundo as estimacións que deu a coñecer a protectora hai no Porriño trece colonias que acumulan 165 gatos que viven nas rúas cos riscos de saude pública conseguintes.
A protectora trasladou hai tempo este problema ó Concello e prantexou que a administración municipal subvencionase unha campaña de esterilización para deter o aumento de gatos nas rúas.
Voluntarios da Protectora, coa colaboración dunha clínica veterinaria local,levarán a cabo a campaña que segue o método “CES” (coller, esterilizar e soltar) conforme as recomendacións da Organización Mundial da Saúde (OMS).
A duración da campaña será de doce meses e o importe que subvencionará o Concello de 3.000 euros.

“CORTO E CAMBIO”: presentamos as dez pezas audiovisuais elaboradas por alumnos porriñeses para alertar contra o consumo de drogas, alcol e tabaco.

Segundo anunciou a OMIX, subimos a esta páxina web do Concello os dez traballos audiovisuais elaborados por alumnos porriñeses que participaron no programa “Corto e cambio”. As curtas presentaronse o pasado martes no Centro Cultural Municipal como colofón do ciclo formativo para a prevención de consumos de drogas, alcol e tabaco entre a mocedade porriñesa.

1. Ribeira do Louro / 4º C
O menudeo de droga leva consigo moita violencia e abuso de poder. Aquí vai unha mostra.

2. Pino Manso / 1º FP
Esta é unha historia do cotián, de como as drogas poden afectarnos no noso día a día.

3. Pino Manso / 4º AC G2
Hai moitas presións externas e de grupo á hora de consumir drogas. Esta curta mostra precisamente iso.

4. Ribeira do Louro / 4º B G1
Esta peza ensina esa espiral da droga que afunde a moita xente, pero cun toque diferente… Ata aquí podemos ler.

5. Pino Manso / 2º FP
Seguro que algún de vós séntese identificado con un ou varios dos efectos recreados polos compañeiros…

6. Pino Manso / 4º AC G3
Velaquí unha historia de rehabilitación, que nos mostra que non importa o noso pasado se temos forza para mudar as cousas.

7. Pino Manso / 4º AC G1
Esta é, probablemente, a curta máis experimental de todas… mostrando dun xeito único como o consumo de drogas consume ás persoas.

8. Ribeira do Louro / 4º A
Se o habitual é contar historias dende o punto de vista do consumidor, aquí temos unha dende o punto de vista do camello e da súa responsabilidade nas vidas da xente que consume.

9. Pino Manso / 4º B
Se antes falábamos da rehabilitación, aquí pasamos á destrución… hai veces que a droga pode rematar con absolutamente todo.

10. Ribeira do Louro / 4º B
Para rematar a peza audiovisual máis poética de todas. Dende logo, unha curta para reflexionar.

Concello de Porriño encargou á empresa “Rentokil” a loita biolóxica para contrarrestar a presenza masiva de pombas

O Concello de Porriño, ante a petición xeralizada de taxistas, locais de hostalería e moitas comunidades de veciños de edificios do centro urbán, vén de contratar á empresa “Rentokil” para controlar a poboación de pombas mediante métodos de loita biolóxica. A empresa que ten sede no polígono porriñés da Granxa, está a expensas da autorización da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia para iniciar as labouras de trampeo que deberán alongarse durante un ano, a través de accións mensuais.

Polas estimacións dos técnicos de “Rentokil”, uns 300 exemplares compoñen a poboación de pombas que actualmente hai no centro urbán da cidade, segundo a explicación que representantes da firma deron ós concelleiros do goberno municipal, Lourdes Moure e Orlando Marquez.

A colocación de xaulas para a captura destes animais realizaráse no edificio de “Instalauto”, o carón da Praza da Central; e tamén no edificio do Concello, en praza Arquitecto Antonio Palacios. En ambos os dous comprobouse que as pombas colocan os seus niños e polo tanto se concentran en eles a meirande parte destas aves.