Comezou polo edificio de “Instalauto” a colocación de xaulas para controlar a poboación de pombas na cidade

Persoal especializado da empresa “Rentokil” comezou a colocación de xaulas para controlar a poboación de pombas. Na imaxe adxunta observase a que se situou no edificio abandoado de “Instalauto”, o carón da Praza Central. Precisamente nese punto do casco urbán así como noutros producironse queixas reiteradas de taxistas, locais de hostalería e moitas comunidades de veciños de edificios o que motivou que o Concello de Porriño, ante estas peticións contratase á empresa “Rentokil” para controlar a poboación de pombas mediante métodos de loita biolóxica.

A empresa que ten sede no polígono porriñés da Granxa, obtivo a semana pasada a correspondente autorización da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia para iniciar as labouras de trampeo que se alongarán durante un ano, a través de accións mensuais.

Polas estimacións dos técnicos de “Rentokil”, uns 300 exemplares compoñen a poboación de pombas que actualmente hai no centro urbán da cidade.

A colocación de xaulas para a captura destes animais realizaráse tamén no edificio do Concello, na praza Arquitecto Antonio Palacios. En ambos os dous comprobouse que as pombas colocan os seus niños e polo tanto se concentran en eles a meirande parte destas aves.

O club Porriño Baloncesto Base celebra a XXI edición do seu campus

Cunha participación de máis de 220 inscritos, rapaces de idades comprendidas entre 5 e 17 anos, celebrase dende hoxe e ata o 29 de xuño o campus do “Porriño Baloncesto Base” coa colaboración fundamental do Concello do Porriño.
O club anunciou moitas novidades preparadas con respecto ás edicións anteriores. Unha delas é o relevo na dirección do campus que corre a cargo de Lucas Vaquero que exporá a súa experiencia como xogador e entrenador de Liga EBA en Porriño.
Ademáis de baloncesto, nesta vixésimo primera edición destacan actividades de tempo libre baixo a dirección de May de la Peña que permitirán que os participantes disfruten de actividades como scape room, fornite en vivo, chikung, cabuyería, plogging, slackline, ultimate, power fitness e diversos obradoiros. Se as condicións meteorolóxicas permiten volverán a practicar Kayak no río Miño e volverán ás piscinas de Ourense.

https://photos.app.goo.gl/dyBzu3QqRPrSLiSP8

O edificio do Concello do Porriño alumeado en verde polo Día Mundial da “ELA”

Como amosa a fotografía, esta noite o edificio consistorial do Porriño luce en cor verde, en solidariedade cos enfermos de Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA). Deste xeito o Concello do Porriño sumouse a iniciativa de ámbito estatal e galego “Luz pola ELA”, promovida polas asociacións de enfermos de esta enfermedade dexenerativa do sistema nervioso, que buscan sensibilizar á sociedade.
A operativa técnica do alumeado en verde do consistorio corresponde á empresa “X Quatro Espectáculos”. Empregan proxectores de alta luminosidade Parled, de baixo consumo.

O edificio do Concello será alumeado en verde polo Día Mundial da “ELA”

Esta noite o edificio consistorial de Porriño estará alumeado en verde como sinal de adhesión do Concello co Día Mundial da “ELA” (Esclerose Lateral Amiotrófica). Tratase dunha efeméride impulsada polas asociacións de pacientes para que a sociedade coñeza esta enfermedade dexenerativa do sistema nervioso da que se diagnostican unha media de tres novos casos diarios en España. En Galicia o ano pasado detectaronse 54 novos casos, unha prevalencia maior ca noutras rexións o que está vencellado co envellecemento da poboación.

A iniciativa de ámbito nacional, que na nosa comunidade autónoma canaliza “AGAELA” (Asociación Galega de Afectados pola ELA), noméase “Luz por la ELA” e persegue que nas principais cidades de Galicia os monumentos emblemáticos ou edificios dos concellos sexan alumeados en cor verde.

A empresa “X Quatro Espectáculos” encargase da operativa do alumeado mediante proxectores de alta luminosidade Parled de baixo consumo. O alumeado comezará ó redor das once da noite xa que hoxe o ocaso está previsto a partir das 22,12.

Porriño volverá a disfrutar ciclismo coa celebración da “Challenge Rías Baixas”

Este fin de semana Porriño volverá a respirar e disfrutar ciclismo coa celebración da “Challenge Rías Baixas” que se desenrolará entre o sábado 22 e o domingo 23. A proba, organizada polo club “Master da Louriña” cumprirá a súa terceira edición para categorías xuvenil e “master”, homologada pola Federación Galega de Ciclismo e que patrocina o Concello do Porriño e tamén os concellos de Ponteareas e Mos.

A Challenge consta de tres etapas: a primeira, denominada “Gran Premio Ponteareas” é unha contra reloxo individual de 8 kilómetros que transcurrirá polo parque de Avisoureira, en Guláns. o sábado pola mañá. Pola tarde, a partir das 17 horas, disputaráse a segunda etapa, “Gran Premio de Mos”, en liña, de 81 kilómetros. E o domingo 23 será a etapa final, Gran Premio do Porriño, de 85 kilómetros en liña. A saída neutralizada será a partir das 10,30, dende a Avenida Domingo Bueno. O pelotón partirá en dirección Tui pola estrada N-550. O final de etapa, previsto ó redor das 13 horas será ante o Palco de San Benito, na rúa Manuel Rodríguez.

Tanto a Challenge Rías Baixas así como a recente Xarotos Gran Fondo, a outra proba que organiza Master da Louriña, movilizan en total un milleiro de ciclistas de Galicia, Asturias, Castela e Norte de Portugal que converten Porriño no epicentro destes eventos.

Co gallo da presentación de ambas, celebrada hai días na praza do Concello, o presidente da Federación Galega de Ciclismo manifestaba que “valoramos moitísimo e agradecemos a colaboración dos concellos pola súa sensibilidade para co noso deporte”, sinalou Juan Carlos Múñiz, presidente federativo.
Pola súa banda a alcaldesa Eva García manifestou a súa satisfacción “polo movemento económico, dinamización social e o ambiente que supoñen estes eventos deportivos para a hostelería e comercio de Porriño” que ademáis “volve a reinvidicase como O Concello do Deporte”.

O Festival de Combos trasladase ó Centro Cultural Municipal polo risco de choiva

O departamento de Cultura do Concello do Porriño vén de informar do cambio de ubicación do Festival de Combos que terá lugar o sábado 22 a partir das 19 horas. Pasase ó Centro Cultural Municipal. A decisión está motivada polo risco de choiva que desluciría o espectáculo caso de manterse na praza do Concello. O evento está organizado por Maison Escola de Música e Danza

Festival fin de curso da Escola Municipal de Música do Porriño

A praza Arquitecto Antonio Palacios acollerá o festival fin de curso da Escola Municipal de Música do Porriño. A actuación a cargo das agrupacións da Escola comezará ás 20 horas. Cando remate o festival entregaránse as notas chamando ós alumnos por cursos.

Por outra banda, a dirección da Escola Municipal informa cara ó vindeiro curso que a preinscipción de alumnos xa matriculados comezou o pasado día 14 e seguirá ata o 28 deste mes de xuño (en horario de 16,30 a 20,30 horas) na propia Escola.Para novos alumnos, as preinscripcións abriránse o 1 de xullo ata o 31 de xullo, tramitándose no Centro Cultural Municipal.A matrícula formalizarase por rigurosa orde de entrega de preinscripcións.