Esta noite o edificio consistorial de Porriño estará alumeado en verde como sinal de adhesión do Concello co Día Mundial da “ELA” (Esclerose Lateral Amiotrófica). Tratase dunha efeméride impulsada polas asociacións de pacientes para que a sociedade coñeza esta enfermedade dexenerativa do sistema nervioso da que se diagnostican unha media de tres novos casos diarios en España. En Galicia o ano pasado detectaronse 54 novos casos, unha prevalencia maior ca noutras rexións o que está vencellado co envellecemento da poboación.

A iniciativa de ámbito nacional, que na nosa comunidade autónoma canaliza “AGAELA” (Asociación Galega de Afectados pola ELA), noméase “Luz por la ELA” e persegue que nas principais cidades de Galicia os monumentos emblemáticos ou edificios dos concellos sexan alumeados en cor verde.

A empresa “X Quatro Espectáculos” encargase da operativa do alumeado mediante proxectores de alta luminosidade Parled de baixo consumo. O alumeado comezará ó redor das once da noite xa que hoxe o ocaso está previsto a partir das 22,12.